Aeroporto de Alta
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xaneiro de 2018.) |
Aeroporto de Alta Alta lufthavn
| |||
---|---|---|---|
Sumario | |||
Tipo | público | ||
Operador | Avinor | ||
Cidade/Illa | Alta, Noruega | ||
Localización | Elvebakken | ||
Elevación (msnm) | 3 metros / 10 pés | ||
Coordenadas | |||
Web | |||
Pista(s) | |||
Dirección | Longo | Superficie | |
metros | pés | ||
11/29 | 2 253 | 7 392 | asfalto |
Estatísticas (2016) | |||
Pasaxeiros | 367 134 |
O aeroporto de Alta (IATA: ALF, OACI: ENAT) é un aeroporto internacional que serve a Alta, unha cidade e municipio no condado de Finnmark, en Noruega. Está situado en Elvebakken, a 4 quilómetros ao nordes de Alta. Ten unha única pista de aterraxe, con 2 253 metros de lonxitude e numerada 11/29, It has a single, 2,253-meter (7,392 ft) runway numbered 11/29, que se atopa na ribeira sur do Altafjord. O aeroporto de Alta é propiedade e está operado pola empresa estatal Avinor e durante o ano 2016 foi usado por 367 134 pasaxeiros,[1] converténdoo no máis concorrido de Finnmark.
O aeroporto é servido por Norwegian Air Shuttle e Scandinavian Airlines (SAS) con avións Boeing 737 voando a Tromsø e Oslo. Widerøe opera servizos a varios aeroportos rexionais en Finnmark, alimentando as rutas das aeroliñas máis grandes. Ten tamén un pequeno número de voos chárter internacionais. O primeiro aeroporto da zona foi un aeródromo militar construído pola Luftwaffe en 1943 que foi gravemente danado durante a segunda guerra mundial. O aeroporto civil inaugurouse o 4 de maio de 1963. Nun principio os servizos foron proporcionados por SAS cara aos principais aeroportos do norte e cara a Oslo, pero nos anos 70 abríronse varios aeroportos rexionais en Finnmark, e Widerøe comezou a operar para conectalos. A importancia rexional de Alta aumentou en 1990, cando se converteu no centro de conexións da nova SAS Commuter. Norwegian comezou a voar ao aeroporto en 2003 e no ano 2009 inaugurouse unha nova terminal.
Aeroliñas e destinos
[editar | editar a fonte]Aeroliñas | Destinos
|
---|---|
Aegean Airlines | Chárter: Chania |
BH Air | Chárter: Burgas |
Corendon Airlines | Chárter: Bodø, Milas-Bodrum |
FlyViking | Tromsø |
Norwegian Air Shuttle | Oslo-Gardermoen Estacional: Tromsø |
Scandinavian Airlines | Oslo-Gardermoen, Tromsø |
Widerøe | Hammerfest, Kirkenes, Lakselv, Mehamn, Tromsø, Vadsø |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Avinor (ed.). "Statistics". Consultado o 7 de xaneiro de 2018.