Adobe Photoshop
Adobe Photoshop | |
---|---|
Desenvolvedor(es) | Adobe |
Última versión | 2022 (23.4.1) (16 de xuño de 2022) |
Sistema operativo | Windows, Mac |
Tipo | Editor gráfico |
Licenza | Privativo |
Sitio web | http://www.adobe.com/photoshop |
Adobe Photoshop é un Programa informático editor de imaxes bidimensionais do tipo bitmap (posuíndo aínda algunhas capacidades de edición típicas dos editores vectoriais) desenvolvido pola empresa Adobe. É considerado o líder no mercado dos editores de imaxe profesionais, así como o programa de facto para edición profesional de imaxes dixitais e traballos de preimpresión.
A súa máis recente versión é identifidada como Adobe Photoshop CS6 (sigla cuxo significado é Creative Suite 6, correspondente á décimo terceira edición desde o seu lanzamento), dispoñible para os sistemas operativos Microsoft Windows e Mac OS X. As versións anteriores ata a 7.0 poden ser usadas noutros sistemas operativos, como o Linux, por medio de programas como o Crossover Office. Algunhas versións anteriores foran lanzadas tamén para IRIX, mais o servizo a esta versión foi suspendido despois da versión 3.0.
Desenvolvemento
[editar | editar a fonte]Os irmáns Thomas Knoll e John Knoll iniciaran o desenvolvemento do Photoshop en 1987 e a versión 1.0 foi lanzada por Adobe en 1990. O programa estaba destinado desde o inicio como ferramenta de manipulación de imaxes provenientes de dixitalizadores ou escáneres, que eran raros e moi custosos naquela época.
Características
[editar | editar a fonte]A pesar de ser concibido para edición de imaxes para impresión en papel, o Photoshop está a ser cada vez máis usado para producir imaxes destinadas á World Wide Web. As versións posteriores inclúen un segundo programa, o Adobe ImageReady, moi semellante ao Photoshop, que é utilizado en conxunto para a edición e creación de imaxes e animacións para a rede, desaparecendo na última versión, a CS3.
O Photoshop tamén admite a edición con outros tipos de programas de Adobe, especializados en determinadas áreas: o xa referido Adobe ImageReady (edición de imaxes para a web), Adobe InDesign (edición de texto), Adobe Illustrator (edición de gráficos vectoriais), Adobe Premiere (edición de vídeo non-lineal), Adobe After Effects (edición de efectos especiais en vídeo) e o Adobe Encore DVD (edición destinada a DVDs). O formato de arquivos nativos do Photoshop (PSD ou PDD) poden ser usados entre estes programas.
A título de exemplo, o Photoshop CS permite facer elementos da interface gráfica de DVDs (menús e botóns), desde que dispostos separadamente no ficheiro orixinal (PSD ou PDD) por camadas (layers) agrupadas por orde específica, de forma que, ao ser importado polo Adobe Encore DVD, este consiga crear a edición para DVD con eses elementos.
O uso das capas non é un recurso novo inventado polos desenvolvedores do Photoshop; foi desenvolvido hai moito tempo polos ilustradores. Segundo Richard Valliere no seu libro, Manipulator of Movement: “[...]en decembro de 1914 foi patentada aquela que efectivamente foi a maior contribución técnica para a animación tradicional ata a chegada da computación gráfica: o deseño sobre follas de celuloide transparente ou acetato”. Esa innovación coubo ao animador norteamericano Earl Hurd."[1]
Por tanto, é máis un recurso existente no mundo real que foi aproveitado pola ferramenta Photoshop para facilitar o traballo dos seus usuarios, así como certos efectos que reproducen técnicas de pintura, máscaras, unha técnica moi utilizada en artes gráficas e impresión offset.
Os formatos de ficheiros nativos poden ser importados de programas da competencia, como o Corel Photo-Paint, Pixel32, WinImages, GIMP, Corel Paint Shop Pro etc.).
O Photoshop admite varios espazos de cor (color spaces):
- sRGB (punto branco=D65) - RGB no Photoshop
- Lab (punto branco=D50)
- CMYK
- Escala de grises (Grayscale)
A versión máis recente, de 2007, é a versión 9.0.2. Tamén chamada de "Photoshop CS3", unha vez que "CS" indica a súa integración no paquete de programas Adobe Creative Suite; en canto ao número "3" é por ser a terceira versión, desde que a Adobe reformulou a imaxe de marca dos seus programas, sobre a "marca-nai" (no inglés umbrella brand) "Creative Suite". Nunha tentativa de se separar da imaxe de marca anterior do Photoshop, entre as versións 3 e 7, en que presentaba o ollo humano (nun concepto de visión e imaxe), nas dúas primeiras versións do "Creative Suite" utiliza imaxes de plumas estilizadas (como referencia á escrita e pintura con plumas de aves), mais recentemente, xa na terceira edición do "CS", a imaxe foi cambiada por un cadrado coas letras "PS" no centro.
Recentemente, Adobe incluíu o Adobe Camera RAW, un plugin desenvolvido por Thomas Knoll que permite ler varios formatos de ficheiros RAW, provenientes principalmente de máquinas fotográficas profesionais. Unha versión preliminar deste plugin estivo opcionalmente dispoñible para o Photoshop 7.0.1 .
En canto o Photoshop é practicamente utilizado por profesionais, monopolizando mesmo este mercado, o seu prezo elevado deixa marxe para que outros programas concorrentes gañen mercado noutras faixas, como por exemplo, o GIMP, un programa gratuíto. Para competir neste mercado, e tamén para combater a piratería de que o Photoshop é obxectivo, Adobe lanzou un programa semellante para o uso doméstico, o Adobe Photoshop Elements, mais con moitas funcións profesionais desactivadas do Photoshop orixinal. Mentres o Adobe Photoshop CS3 é vendido por uns 800 euros (versión inglesa), o Adobe Photoshop Elements 4.0 custa apenas 130 euros, permitíndolle gañar terreo no mercado doméstico, e sendo mesmo, ás veces, incluído en dixitalizadores de diversas marcas. Como é obvio, esta versión limitada non se adecúa ao mercado de preimpresión profesional, dado que unha das principais características eliminadas deste software sexa o modo de cores CMYK.
O Photoshop non admite nativamente moitos dos algoritmos de imaxe (Image Arithmetics) que o Corel Paint Shop Pro e outros editores de bitmaps utilizan. No entanto, ese problema pode ser resolto a través do Filter Factory, un plugin gratuíto dispoñible nos discos de instalación do Photoshop, a partir da versión 3.0.
Formato PSD
[editar | editar a fonte]Formato patrón da Adobe para documentos do Photoshop pero admitido por moi poucos programas fóra do Adobe Photoshop. Posúe moitos recursos extras como image layering. A gran vantaxe dese formato é que mantén todas as capas de seu proxecto no photoshop, sendo posible poder reeditalos máis tarde.
Historia dos lanzamentos
[editar | editar a fonte]Versión | Plataforma | Nome de código | Data de lanzamento | Alteracións significativas |
---|---|---|---|---|
0.63 | Mac OS | Outubro de 1988 | ||
1.0 | Mac OS | Febreiro de 1990 | ||
2.0 | Mac OS | Fast Eddy | Xuño de 1991 |
|
2.0.1 | Mac OS | Xaneiro de 1992 | ||
2.5 | Mac OS | Merlin | Novembro de 1992 | |
Windows | Brimstone | |||
2.5.1 | Mac OS | 1993 | ||
3.0 | Mac OS | Tiger Mountain | Setembro de 1994 |
|
Windows, IRIX | Novembro de 1994 | |||
4.0 | Mac OS, Windows | Big Electric Cat | Novembro de 1996 |
|
4.0.1 | Mac OS, Windows | Agosto de 1997 | ||
5.0 | Mac OS, Windows | Strange Cargo | Maio de 1998 |
|
5.0.1 | Mac OS, Windows | 1999 | ||
5.5 | Mac OS, Windows | Febreiro 1999 |
| |
6.0 | Mac OS, Windows | Venus in Furs | Setembro de 2000 |
|
6.1 | Mac OS, Windows | Marzo de 2001 | ||
7.0 | Mac OS, Windows | Liquid Sky | Marzo de 2001 |
|
7.0.1 | Mac OS, Windows | Agosto de 2002 |
| |
CS (8.0) | Mac OS, Windows | Dark Matter | Outubro de 2003 |
|
CS2 (9.0) | Mac OS, Windows | Space Monkey | Abril de 2005 |
|
CS3 (10.0) | Mac OS, Windows | Red Pill | 16 de abril de 2007 |
|
CS4 (11.0) | Mac OS, Windows | Stonehenge | 30 de outubro de 2008 |
|
CS5 (12.0) | Mac OS, Windows | White Rabbit | 12 de abril de 2010 |
|
CS6 (13.0) | Mac OS, Windows | Superstition | 11 de maio de 2012 |
|
Alternativas
[editar | editar a fonte]Existen moitos outros editores de imaxes bitmap dispoñibles, mais ningún deles conseguiu a popularidade do Adobe Photoshop entre os profesionais. Os concorrentes máis utilizados noutras bandas de mercado son o GIMP open-source, xa con moitos usuarios; e os paquetes de programas comerciais Macromedia Fireworks, Corel Photo-Paint, e Paint Shop Pro. Entre outras alternativas menos coñecidas, pódese destacar o GIMPshop (unha versión do GIMP cunha interface gráfica semellante ao Photoshop), o Paint.NET open-source, o Pixel32 dispoñible en máis plataformas do que os outros programas comerciais, o PhotoFiltre, excelente alternativa gratuíta para uso non-comercial, e o PhotoScape que está logrando unha ampla difusión pola súa facilidade de uso.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ LUCENA, Alberto; História da Animación; Ed. Senac; 2002
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Adobe Photoshop |