Abbey Theatre
Abbey Theatre | |
---|---|
Cidade | Dublín |
País | Irlanda |
Inauguración | 27 de decembro de 1904 |
Na rede | |
http://abbeytheatre.ie/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Abbey Theatre ou Amharclann na Mainistreach en irlandés (en galego Teatro da Abadía), tamén coñecido como Teatro Nacional de Irlanda ou Amharclann Náisiúnta na hÉireann, é un teatro da cidade de Dublín, Irlanda. Abriu por primeira vez as súas portas ao público o 27 de decembro de 1904, e a pesar de perder o seu edificio orixinal logo dun incendio en 1951, continuou presentando obras con máis ou menos continuidade ata o presente. O Abbey foi o primeiro teatro subsidiado polo estado no mundo angloparlante; dende o ano 1925 recibiu un subsidio anual do Estado Libre Irlandés.
Nos seus primeiros anos, o teatro estaba fortemente asociado aos escritores do renacemento celta, moitos dos cales se involucraron na súa fundación, e a meirande parte deles presentaron as súas obras alí. O Abbey Theatre foi a escola de moitos dos escritores irlandeses destacados do século XX. Ademais, a través do seu extenso programa de xiras e a súa gran visibilidade no estranxeiro, particularmente de audiencias norteamericanas, converteuse nunha parte importante da industria turística de Irlanda.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Abbey Theatre |