A Pobra de Trives
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Galicia | ||||
Provincia | provincia de Ourense | ||||
Capital de | |||||
Capital | A Pobra de Trives | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 1.977 (2023) (23,48 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 84,2 km² | ||||
Altitude | 746 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Alcaldesa da Pobra | Patricia Domínguez Barja | ||||
Eleccións municipais na Pobra de Trives | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 32780 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 32063 | ||||
A Pobra de Trives é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca da Terra de Trives. Segundo o padrón municipal en 2019 tiña 2.067 habitantes (2 721 en 2004). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «pobrense» ou «trivés».
Demografía
[editar | editar a fonte]Censo total | 2.067 (2019) |
---|---|
Menores de 15 anos | 153 (7.40 %) |
Entre 15 e 64 anos | 1.147 (55.49 %) |
Maiores de 65 anos | 767 (37.11 %) |
Evolución da poboación da Pobra de Trives Fontes: INE e IGE. | ||||||||||||||||||
1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 | 2019 | 2020 | 2021 | 2022 | 2023 |
5 541 | 5 446 | 5 713 | 5 305 | 2 721 | 2 664 | 2456 | 2388 | 2319 | 2280 | 2245 | 2191 | 2150 | 2118 | |||||
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
Xeografía
[editar | editar a fonte]A Pobra de Trives sitúase nos contrafortes occidentais da Serra de Queixa, que superan os 1 500 m (Cabeza dos Bois, 1 707 m e As Chairas de Maceda, 1 685 m), no que se coñece como A Cabeza Pequena de Manzaneda. O terreo baixa cara ao oeste e ás ribeiras do río Bibei, formando vales estreitos e encaixados con grandes desniveis.
O Bibei é o afluente máis importante do río Sil. Nace na Serra da Segundeira, a 1 840 m. de altitude e constitúe case todo o límite norte do concello. Desde a súa marxe esquerda desembocan nel o río Navea e os San Lázaro, Cabalar e Fiscaíño, que rematan en cascadas.
Nas partes altas predomina un clima de montaña e nos vales é case mediterráneo. Os invernos son duros e longos (9 °C) e os veráns mornos (15 °C en xullo). As precipitacións aumentan coa altura e van dos 874 mm do fondo do val aos case 2 000 mm das montañas.
Historia
[editar | editar a fonte]Hai restos de castros, a maioría romanizados, como A Cividá, O Castro, O Castelo ou As Cigadoñas. Os poboadores eran os tiburos, cuxa capital se chamaba Nemetóbriga e que pode corresponder a Trives Vello, Ponte Navea ou Mendoia.
A Vía XVIII do Itinerario de Antonino, coñecida como Vía Nova, entraba por Ponte Navea, atravesaba Trives Vello, Ponte Cabalar, Mendoia, e saía pola ponte do Bibei.
A comezos da Idade Media, a maioría das terras pertencían ao conde de Lemos. Nesa altura, construíronse varios eremitorios e cenobios, como o de Cirragosa, en Cova.
Economía
[editar | editar a fonte]O concello dedícase ao comercio e ao turismo. Neste ámbito é de salientar o complexo hoteleiro de Cabeza Grande de Manzaneda e a súa estación invernal. Abundan os hoteis e hai un cámping. Entre os cultivos destaca o castiñeiro.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Galería de imaxes da Pobra de Trives.
-
Pazo do Marqués na Pobra de Trives.
-
Igrexa do Santo Cristo na Pobra de Trives.
-
Vista da parroquia da Encomenda desde o cumio da Escrita.
-
Vista panorámica da parroquia de Sobrado de Trives.
-
Igrexa e torre de campás da parroquia de Sobrado de Trives.
-
Sequeiros na Pena Folenche.
Parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares da Pobra de Trives
[editar | editar a fonte]Para unha lista completa de todos os lugares do concello da Pobra de Trives vexa: Lugares da Pobra de Trives.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: A Pobra de Trives |