Saltar ao contido

A Irmandade do Anel

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Irmandade do Anel
Título orixinalThe Fellowship of the Ring
Autor/aJ. R. R. Tolkien
Ilustrador/aAntonio Doñate Mañeru (gl)
OrixeReino Unido
LinguaInglés
ColecciónFóra de Xogo (nº 56)
Tema(s)O legendarium de Tolkien
Xénero(s)Novela
Editorial Allen & Unwin[1]
Galicia Edicións Xerais
Data de pub. 29 de xullo de 1954
Galicia 2001
FormatoRústico cosido a fío.
Páxinas423 (primeira edición)
520 (gl)
ISBNISBN 84-8302-683-X
Precedido porO Hobbit
Seguido porAs Dúas Torres
TraduciónMoisés Barcia Rodríguez
editar datos en Wikidata ]

A Irmandade do Anel[2] (en inglés: The Fellowship of the Ring) é o primeiro de tres volumes da novela épica O Señor dos Aneis,[3] escrita polo autor inglés J. R. R. Tolkien. A súa continuación foron as novelas As Dúas Torres e O Regreso do Rei. A acción desenvólvese no universo ficticio da Terra Media. Foi orixinalmente publicada o 29 de xullo de 1954 no Reino Unido.

O volume consta dun prólogo, no que o autor analiza a súa escrita de O Señor dos Aneis , un prólogo titulado "Sobre os hobbits, e outros asuntos", e a narración principal no Libro I e Libro II.

Foi traducida ó galego por Moisés Barcia Rodríguez como parte da triloxía e publicada pola editorial Edicións Xerais no ano 2001.[2]

  1. "The Fellowship of the Ring". Between the Covers. Consultado o 2 de decembro de 2010. 
  2. 2,0 2,1 O señor dos aneis I. A irmandade do anel. Traducido por Moisés Barcia Rodríguez (1ª ed.). Vigo: Edicións Xerais. 2001. ISBN 84-8302-683-X – vía Biblioteca da Tradución Galega. 
  3. Jane Chance. Tolkien' Art: A Mythology for England.