1975
Aparencia
1975 | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Calendario gregoriano | 1975 MCMLXXV | ||||||||||||||||||
Ab urbe condita | 2728 | ||||||||||||||||||
Calendario armenio | 1424 | ||||||||||||||||||
Calendario chinés | 4671 – 4672 | ||||||||||||||||||
Calendario hebreo | 5735 – 5736 | ||||||||||||||||||
Calendario hindú | |||||||||||||||||||
· Vikram Samvat | 2030 – 2031 | ||||||||||||||||||
· Shaka Samvat | 1897 – 1898 | ||||||||||||||||||
· Kali Yuga | 5076 – 5077 | ||||||||||||||||||
Calendario persa | 1353 – 1354 | ||||||||||||||||||
Calendario musulmán | 1395 – 1396 | ||||||||||||||||||
Calendario rúnico | 2225 | ||||||||||||||||||
|
1975 (MCMLXXV) foi un ano común comezado en mércores segundo o calendario gregoriano.
Acontecementos
[editar | editar a fonte]- É declarado Ano Internacional da Muller, auspiciado pola Asemblea Xeral da ONU.
- 15 de marzo: no Brasil ocorre a fusión do antigo estado de Guanabara co estado do Río de Xaneiro. A cidade do Río de Xaneiro convértese na capital do estado fusionado.
- 30 de abril: caída de Saigón en mans das forzas comunistas, pondo fin á Guerra do Vietnam.
- 15 de maio: tras un referendo, o Sikkim incorpórase á India, tornándose un estado desta.
- 25 de xuño: Mozambique tórnase independente de Portugal.
- 5 de xullo: Cabo Verde tórnase independente de Portugal.
- 6 de xullo: as illas Comores tórnanse independentes de Francia.
- 12 de xullo: San Tomé e Príncipe tórnase independente de Portugal.
- 12 de agosto: accidente ferroviario entre Bamio e a estación de Vilagarcía de Arousa. Descarrilou un ferrobús que realizaba o percorrido entre Santiago de Compostela e Vigo. Morreron seis persoas e máis de corenta resultaron feridas[1].
- 16 de setembro: Papúa Nova Guinea tórnase independente de Australia.
- 27 de setembro: execución de tres militantes da FRAP (entre eles o galego Xosé Humberto Baena Alonso) e dous militantes de ETA. Son os últimos fusilamentos da ditadura franquista.
- 8 de novembro: accidente ferroviario entre a estación de Laza e a estación de Vilar de Barrio. O expreso Rías Baixas da liña Madrid-Pontevedra descarrilou no interior dun túnel. Morreron cinco persoas e 9 resultaron feridas[2].
- 14 de novembro: España abandona o Sáhara Occidental.
- 20 de novembro: Morre o ditador de España Francisco Franco Bahamonde.
- 25 de novembro: Suriname tórnase independente dos Países Baixos.
- 28 de novembro: Timor Leste tórnase independente de Portugal.
- 7 de decembro: Indonesia invade Timor Leste e mantén a ocupación ata 1999.
- Arte e cultura
- Demolición, tras sonoras protestas, do Edificio Castromil de Santiago de Compostela, obra emblemática do Modernismo galego, da autoría de Rafael González Villar.
Nacementos
[editar | editar a fonte]- 3 de xaneiro - Danica McKellar, actriz estadounidense.
- 29 de xaneiro - Olga Novo, poeta e ensaísta galega.
- 4 de febreiro - Natalie Imbruglia, actriz e cantante australiana.
- 22 de febreiro - Drew Barrymore, actriz estadounidense.
- 15 de marzo - Eva Longoria, actriz estadounidense.
- 7 de abril - Victoria Beckham, cantante inglesa (Spice Girls) e esposa de David Beckham.
- 29 de abril - Fábio Luciano, futbolista brasileiro.
- 2 de maio - David Beckham, futbolista británico.
- 8 de maio - Eva Mejuto, escritora galega.
- 8 de maio - Enrique Iglesias, cantante español.
- 10 de maio - Hélio Castroneves, piloto de automóbiles brasileiro.
- 18 de maio - Jack Johnson, músico estadounidense.
- 4 de xuño - Angelina Jolie, actriz estadounidense.
- 17 de xuño - Ana Paula Arósio actriz e modelo brasileira.
- 30 de xuño - Ralf Schumacher, piloto de Fórmula 1 alemán.
- 26 de xullo - Ramón Neto, poeta galego.
- 28 de xullo - Leonor Watling, actriz e cantante española.
- 4 de agosto - Harkaitz Cano, escritor vasco.
- 28 de agosto - Ana Drago, socióloga e política portuguesa.
- 18 de setembro - Guillermo Vargas, pintor de Costa Rica.
- 28 de setembro - Nino Khurtsidze, xogadora de xadrez xeorxiana.
- 5 de outubro - Kate Winslet, actriz británica.
- 14 de outubro - Alberto Lema, escritor galego.
- 19 de novembro - Ezequiel Mosquera, ciclista galego.
- 18 de decembro - Mara Carfagna, política italiana.
- 26 de decembro - Marcelo Ríos, tenista chileno.
- 30 de decembro - Tiger Woods, xogador de golf estadounidense.
Mortes
[editar | editar a fonte]- 8 de febreiro - Robert Robinson, químico británico, Premio Nobel (n. 1886).
- 19 de febreiro - Luigi Dallapiccola, compositor italiano (n. 1904).
- 7 de marzo - Mikhail Bakhtin, crítico literario e lingüista soviético.
- 13 de marzo - Ivo Andrić, escritor iugoslavo, Premio Nobel de Literatura (n. 1892).
- 5 de abril - Chiang Kai-shek, militar e estadista chinés.
- 12 de abril - Josephine Baker, actriz e cantante estadounidense (n. 1906).
- 13 de abril - N'Garta Tombalbaye, presidente do Chad (n.1918).
- 19 de abril - Salvatore Satta, xurista e escritor italiano.
- 21 de abril - Ranieri Mazzilli, presidente brasileiro (n. 1910).
- 23 de abril - Xesús Ferro Couselo historiador e investigador galego.
- 5 de maio - Moe Howard, actor estadounidense (n. 1897).
- 28 de maio - Lung Chien, director e actor chinés (n. 1916).
- 3 de xuño - Eisaku Sato, primeiro ministro do Xapón, Premio Nobel da Paz (n. 1901).
- 20 de xuño - Marisa Villardefrancos, escritora galega (n. 1915).
- 26 de xuño - Xosemaría Escrivá de Balaguer, fundador da Opus Dei (n. 1902).
- 9 de agosto - Dmitrii Shostakovich, compositor soviético.
- 12 de agosto - Moncho Reboiras, militante galeguista asasinado pola policía franquista.
- 12 de agosto - Federico Zamora Mosquera, político e escritor galego (n. 1892).
- 15 de agosto - Mujibur Rahman, presidente de Bangladesh (n. 1920).
- 27 de agosto - Haile Selassie, emperador de Etiopía (n. 1892).
- 29 de agosto - Éamon de Valera, político irlandés (n. 1892).
- 10 de setembro - George Paget Thomson, físico británico, Premio Nobel (n. 1892).
- 20 de setembro - Saint-John Perse, escritor francés, Premio Nobel (n. 1887).
- 28 de setembro - Nieves Fariza, mestra e sindicalista galega (n. 1911).
- 27 de outubro - Ángela Ruiz Robles, mestra e inventora (n. 1895).
- 30 de outubro - Gustav Ludwig Hertz, físico alemán, Premio Nobel de Física (n. 1887).
- 30 de outubro - Roberto Ouro Vázquez, avogado e político galego (n. 1900).
- 2 de novembro - Pier Paolo Pasolini, escritor e director de cine italiano (n. 1922).
- 20 de novembro - Francisco Franco, ditador español dende o 1 de abril de 1939, morreu no Palacio do Pardo.
- 28 de novembro - Érico Veríssimo, escritor brasileiro (n. 1905).
- 4 de decembro - Hannah Arendt, filósofa e socióloga alemá (n. 1906).
- Premio Nobel de Física: Aage Niels Bohr, Ben Roy Mottelson e James Rainwater
- Premio Nobel de Química: John Cornforth e Vladimir Prelog
- Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina: David Baltimore, Renato Dulbecco e Howard M. Temin
- Premio Nobel de Literatura: Eugenio Montale
- Premio Nobel da Paz: Andrei Sakharov
- Premio Nobel de Economía: Leonid Vitaliyevich Kantorovich e Tjalling C. Koopmans
Día das Letras Galegas dedicado a
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Villagarcía de Arosa: cinco muertos al descarrilar un ferrobús", artigo en La Vanguardia, 13 de agosto de 1975, p. 12.
- ↑ "Cinco muertos al descarrilar el tren “Rias Bajas” de Madrid a Vigo", artigo en ABC, 9 de novembro de 1975, p. 43.
Outros
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: 1975 |