Ángel Verdes Saavedra
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1886 Castromaior, España |
Morte | valor descoñecido valor descoñecido |
Alcalde de Abadín | |
1936 – 1936 (destitución) | |
Actividade | |
Ocupación | labrego, político |
Ángel Verdes Saavedra, nado en Castromaior (Abadín) cara a 1886, foi un labrego e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Labrego de Castromaior (Abadín). Vicepresidente da Sociedad Alianza de Agricultores. Na ditadura de Primo de Rivera foi nomeado concelleiro en febreiro de 1924 e elixido primeiro tenente alcalde na corporación presidida por José María Rivas Losada.[1] Nas eleccións municipais de abril de 1931 foi elixido concelleiro pola Derecha Liberal Republicana e membro da Comisión Xestora presidida por Rosendo Alonso.[2] Tomou posesión como membro da nova Comisión Xestora o 28 de maio.[3] Despois foi militante de Izquierda Republicana e logo do triunfo da Fronte Popular nas eleccións de febreiro de 1936 foi reposto no cargo de concelleiro e elixido alcalde en abril nun acto presidido polo delegado gobernativo Leopoldo Rojo Iglesias.[4] Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi expendientado e sancionado por responsabilidades políticas.[5]
Predecesor: ? |
Alcalde de Abadín 1936 |
Sucesor: Aniceto Seijo Portela |