Ángel Segundo Médici
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 20 de decembro de 1897 Buenos Aires, Arxentina | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Morte | 9 de agosto de 1971 (73 anos) Buenos Aires, Arxentina | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Lugar de sepultura | Cemiterio de La Chacarita | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista, adestrador de fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Arxentina | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Defensa | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Participou en | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
1928 | Xogos Olímpicos de 1928 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ángel Segundo Médici, nado o 20 de decembro de 1897 en Buenos Aires e finado o 9 de agosto de 1971 foi un futbolista arxentino que xogaba na demarcación de defensa.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Comezou a xogar no Club Atlético San Telmo en 1915, de onde partiu en 1918 para fichar polo Club Atlético Atlanta. Recalou definitivamente en Boca Juniors no ano 1922, nesta época tamén comezou a súa participación coa Selección de fútbol da Arxentina.
En Boca xogou 8 tempadas, disputando 185 encontros e gañando nove títulos, entre eles catro campionatos nacionais (1923, 1924, 1926 e 1930) sendo os tres primeiros da Argentine Football Association, unha das dúas asociacións de fútbol existentes, e o último da Liga unificada.
En 1925 participou na xira que o club xeneize realizou por Europa, na que marcou dous goles, e pola que o equipo recibiu o título de Campión de Honra do Campionato Arxentino.
Foi internacional coa Selección de fútbol da Arxentina entre os anos 1922 e 1930, disputando 33 encontros e integrando o equipo que gañou unha medalla de prata nos Xogos Olímpicos de 1928 e o que se proclamou subcampión do Mundial de Fútbol Uruguai 1930.
Retirouse en 1931, ano no que chega o profesionalismo ao fútbol arxentino.
Unha vez fora dos campos de xogo foi director técnico do Club Atlético Barracas Central.
Palmarés
[editar | editar a fonte]Campionatos nacionais
[editar | editar a fonte]Participación coa Selección Arxentina
[editar | editar a fonte]Campionatos suramericanos
[editar | editar a fonte]Ano | Sede | Resultado |
---|---|---|
1923 | Uruguai | Subcampión |
1924 | Uruguai | Subcampión |
1925 | Arxentina | Campión |
1926 | Chile | Subcampión |
1927 | Perú | Campión |
Xogos Olímpicos
[editar | editar a fonte]Ano | Sede | Resultado |
---|---|---|
1928 | Ámsterdan | Subcampión |
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Estadísticas do xogador Arquivado 24 de setembro de 2019 en Wayback Machine.
- Traxectoria en Boca
- Segundo Médici[Ligazón morta]
- Nados en Buenos Aires
- Nados en 1897
- Finados en 1971
- Futbolistas da Arxentina
- Defensas de fútbol
- Xogadores do CA San Telmo
- Xogadores do CA Atlanta
- Xogadores do CA Boca Juniors
- Xogadores da selección de fútbol da Arxentina
- Medallistas olímpicos en fútbol
- Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1928
- Medallistas olímpicos de prata pola Arxentina
- Futbolistas nos Xogos Olímpicos de 1928
- Adestradores de fútbol da Arxentina
- Futbolistas gañadores da Copa América