Saltar ao contido

Laysan

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 4 de outubro de 2024 ás 13:54 por Breogan2008 (conversa | contribucións)
(dif) ← Revisión máis antiga | Revisión actual (dif) | Revisión máis nova → (dif)
Modelo:Xeografía físicaLaysan
Imaxe
Tipoilla Editar o valor en Wikidata
Parte deIllas de Sotavento, Hawai Editar o valor en Wikidata
Situado na entidade xeográficaHawai Editar o valor en Wikidata
Localizado na área protexidaRefuxio Nacional de Vida Silvestre das Illas Hawaianas Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativacondado de Honolulu, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Mapa
 25°46′12″N 171°44′15″O / 25.77, -171.7375
Bañado porOcéano Pacífico Editar o valor en Wikidata
Características
Altitude12 m Editar o valor en Wikidata
Dimensións2 (ancho) × 3 (lonxitude) km
Superficie4,114 km² Editar o valor en Wikidata

Laysan (en hawaiano Kauō, historicamente Moller) é unha das illas de Sotavento de Hawai. Está situada a 1.500 km ao noroeste de Honolulú.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

Laysan é unha illa baixa de area cun lago interior que está a 2,4 metros sobre o nivel do mar. A superficie total é de 4,11 km². O lago ten un grao de salinidade de entre 12 e 14%, o triplo que a auga do mar.

Laysan ten dúas especies endémicas en perigo de extinción: o pato anas laysanesis e o pardal telespyza cantans.

Laysan foi descuberta o 12 de marzo de 1828 polo capitán Stanikowitch do barco ruso Moller. En 1857 foi anexionada ao Reino de Hawai e en 1890 foi cedida a unha compañía norteamericana para a explotación do guano. En doce anos de actividade mineira destruíuse o ecosistema da illa. A importante colonia de aves mariñas, especialmente de albatros, estivo en perigo de extinción. Por outra banda os traballadores do guano introduciron coellos que se reproduciron rapidamente ata devorar practicamente toda a vexetación. Ademais, os comerciantes xaponeses viñan a recoller plumas de aves. En 1909 o presidente Theodore Roosevelt declarou a maioría de illas de sotavento como reserva natural para a protección das aves. En 1923 extermináronse aos coellos e fíxose un esforzo para recuperar a vexetación nativa.

Mapa