Cordilleira Prelitoral
Tipo | cordilleira | |||
---|---|---|---|---|
Parte de | Cordilleiras Costeiras Catalás | |||
Localización | ||||
División administrativa | España | |||
| ||||
Características | ||||
Altitude | 1.712 m | |||
Pireneo Prepireneo Depresión Central Pequenas estribacións na Depresión Central | Cordilleira Transversal Cordilleira Prelitoral Cordilleira Litoral Depresións litoral e prelitoral e outras chairas costeiras |
A Cordilleira Prelitoral (en catalán: Serralada Prelitoral) é unha cordilleira localizada en Cataluña (España), que forma parte das Cordilleiras Costeiras Catalás.
Sitúase paralelo á costa, pero a unha distancia desta de entre 30 e 60 km, entre o límite coas Comunidades Autónomas valenciana e aragonesa e a Cordilleira Transversal (Serralada Transversal). De norte a sur, comprende as serras das Guilleries (que comparte coa citada Cordilleira Transversal), o Montseny, Sant Llorenç de Munt, Montserrat, Queralt, a de Prades, o Montsant e Ports, que forman tamén parte do Sistema Ibérico.
Entre os seus espazos naturais protexidos, merecen destacarse, o Parque Natural do Montseny, o Parque Natural de Sant Llorenç de Munt i l'Obac, o Parque Natural de Montserrat e o Parque Natural Els Ports.