Saltar ao contido

Nova Jersey

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 23 de xullo de 2024 ás 11:28 por Estevoaei (conversa | contribucións) (+ referencia)
(dif) ← Revisión máis antiga | Revisión actual (dif) | Revisión máis nova → (dif)
Modelo:Xeografía políticaNova Jersey
State of New Jersey (en) Editar o valor en Wikidata

Himnosen valor Editar o valor en Wikidata

Lema«Liberty and prosperity (mul) Traducir» Editar o valor en Wikidata
Símbolo oficialPintassilgo-americano (pt) Traducir (aves) Editar o valor en Wikidata
AlcumeThe Garden State e Jersey Editar o valor en Wikidata
EpónimoProvíncia da Nova Jérsia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 40°00′N 74°30′O / 40, -74.5
EstadoEstados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
CapitalTrenton Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación9.288.994 (2020) Editar o valor en Wikidata (411,17 hab./km²)
Número de fogares3.272.054 (2020) Editar o valor en Wikidata
Lingua oficiallingua inglesa Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie22.591,4 km² Editar o valor en Wikidata
Auga15,69 % Editar o valor en Wikidata
Bañado porOcéano Atlántico Editar o valor en Wikidata
Altitude75 m Editar o valor en Wikidata
Punto máis altoHigh Point (en) Traducir (550 m) Editar o valor en Wikidata
Punto máis baixoOcéano Atlántico Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creación18 de decembro de 1787 Editar o valor en Wikidata
Organización política
Órgano executivoGovernment of New Jersey (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
• Governor of New Jersey (en) Traducir Editar o valor en WikidataPhil Murphy (pt) Traducir (2018–) Editar o valor en Wikidata
Órgano lexislativoNew Jersey Legislature (en) Traducir , Editar o valor en Wikidata
Máxima autoridade xudicialSupreme Court of New Jersey (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
ISO 3166-2US-NJ Editar o valor en Wikidata
Identificador GNIS1779795 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con

Páxina webnj.gov Editar o valor en Wikidata
Facebook: NJGov Twitter: NJGov Youtube: UCUsNf-kiBIzayz14C59tKUQ BNE: XX458495 Editar o valor en Wikidata

Nova Jersey[1][2] (en inglés: New Jersey) é un dos 50 estados dos Estados Unidos, situado nas rexións Mid-Atlantic e Nordeste do país. Limita ao norte co estado de Nova York, ao leste co océano Atlántico, ao suroeste con Delaware e ao oeste con Pensilvania. Encóntrase principalmente dentro das extensas áreas metropolitanas de Nova York e Filadelfia.

É o cuarto estado menos extenso, superando apenas a Connecticut, Delaware, e Rhode Island. A pesar da súa pequena extensión territorial, ten unha poboación de 8,938,175 habitantes [3], sendo o undécimo estado máis poboado e o de maior densidade nos Estados Unidos.

A economía de Nova Xersei depende principalmente da súa industria manufacturera e da prestación de servizos de transporte. É un dos estados máis industrializados do país. Os produtos fabricados no estado, así como outros produtos producidos nos estados veciños, son exportados a través dos portos ao longo dos ríos Hudson e Delaware. Nova Xersei é tamén un dos líderes nacionais da produción de produtos químicos. Para o ano 2011 foi o terceiro estado máis rico do país en ingresos medios por fogar.[4]

O turismo é tamén unha das principais fontes de ingresos no estado. As principais atraccións turísticas son as súas numerosas praias localizadas en rexións relativamente pouco poboadas. Ademais disto polos seus numerosos xardíns e parques o estado é alcumado The Garden State (O estado xardín).

Máis de cen batallas e enfrontamentos entre milicias estadounidenses e tropas británicas foron realizadas en Nova Xersei. A máis famosa delas ocorreu o 26 de decembro de 1776, cando George Washington realizou a súa famosa travesía do río Delaware durante a batalla de Trenton. Logo da independencia dos Estados Unidos, Nova Xersei foi o terceiro estado en ratificar a Constitución, o 18 de decembro de 1787.

Nova Jersey precolombiano

[editar | editar a fonte]

Nova Jersey foi colonizada orixinalmente por nativos americanos, sendo os lenape a tribo dominante ao momento da chegada dos europeos. Os lenape organizábanse libremente en grupos que practicaban a agricultura a pequena escala (baseadas principalmente no cultivo de millo) a caza e a recolección, asentados principalmente na rexión que rodea o río Delaware, a parte baixa do río Hudson e o oeste de Long Island Sound. A sociedade estaba dividida en clans matrilineaisque se baseaban en devanceiros comúns femininos. Estes clans organizáronse en tres fratrías distintas, identificadas polo seu signo: tartaruga, pavo, e lobo. O seu primeiro contacto cos europeos foi cos holandeses a principios do século XVII, e a súa principal relación foi a través do comercio de peles.

Era colonial

[editar | editar a fonte]
Mapa dos Novos Países Baixos, 1685

Os holandeses foron os primeiros europeos en reclamar as terras de Nova Jersey. A colonia holandesa de Novos Países Baixos consistía en partes dos actuais estados do Medio Atlántico. Aínda que ao principio a propiedade europea da terra non foi recoñecida polos lenape, a Compañía Neerlandesa das Indias Occidentais esixiu aos seus colonos a compra de terras para establecerse. O primeiro en facelo foi Michiel Pauw que estableceu un padroado nomeado Pavonia ao longo do río do norte que co tempo converteuse en Bergen. Peter Minuit compra as terras ao longo do río Delaware e establece a colonia de Nova Suecia. Toda a rexión converteuse nun territorio de Inglaterra en 1664, cando unha frota inglesa ao mando do coronel Richard Nicolls navegou ao que hoxe é o porto de Nova York e tomou o control de Fort Amsterdam, anexando toda a provincia.

Durante a Guerra Civil Inglesa a illa de Jersey mantívose leal á Coroa e deu asilo ao rei. Foi desde a praza real de Saint Helier que Carlos II foi proclamado rei por primeira vez en 1649, logo da execución do seu pai, Carlos I. As terras de América do Norte foron divididas por Carlos II, que deu ao seu irmán, o duque de York (máis tarde o rei Xacobe II), a rexión entre Nova Inglaterra e Maryland. Xacobe entón concedeu a terra entre o río Hudson e o río de Delaware a dous amigos que permaneceran fieis durante a Guerra Civil: George Carteret e John Berkeley.[5] A área foi nomeada provincia de Nova Jersey.

Desde a creación do estado, Nova Xersei caracterizouse pola diversidade étnica e relixiosa. Os congregacionalistas de Nova Inglaterra vivían ao costado dos presbiterianos escoceses e emigrantes reformados neerlandeses. Mentres que a maioría dos residentes viven en cidades con parcelas individuais de 100 acres (40 ha), uns poucos ricos posuían vastas propiedades. A diferenza de Plymouth, Jamestown e outras colonias, Nova Xersei estaba poboada por unha segunda onda de inmigrantes que viñeron doutras colonias en lugar daqueles que migraron directamente desde Europa. Nova Xersei mantívose agraria e rural en todo o período colonial, e a agricultura comercial só se desenvolve en forma esporádica. Algúns municipios, como a Burlington no río Delaware e Perth Amboy, xurdiron como importantes portos para os envíos a Nova York e Filadelfia. As fértiles terras da colonia e a política relixiosa tolerante atraeron a máis colonos, e a poboación aumentou a 120.000 habitantes en 1775.

George Washington arengando as súas tropas na Batalla de Princeton (3 de xaneiro de 1777)

A diferenza doutras colonias que foron establecidas por inmigrantes de Europa, Nova Jersey foi poboada por unha onda secundaria de asentamentos de comunidades xa establecidas en América do Norte. O 18 de marzo de 1673, Berkeley vendeu a súa metade da colonia a cuáqueros en Inglaterra, que se asentaron como unha colonia cuáquera na rexión do val do Delaware. Nova Jersey foi gobernada moi brevemente como dúas provincias distintas, East e West Jersey entre 1674 e 1702, en ocasións como parte da provincia de Nova York ou do dominio de Nova Inglaterra.

En 1702, as dúas provincias foron reunidas baixo unha colonia real. Edward Hyde, Lord de Cornbury, converteuse no primeiro gobernador da colonia. O señor de Cornbury foi un gobernante ineficaz e corrupto, aceptando subornos e especulando coa terra, polo que en 1708 foi chamado de novo a Inglaterra. Nova Jersey foi gobernada entón polos gobernadores de Nova York, pero isto enfureceu aos colonos de Nova Jersey, que acusaron aos gobernadores de favoritismo a Nova York. O xuíz Lewis Morris conduciu o caso para un gobernador independente, e foi nomeado gobernador polo rei Xurxo II en 1738.[6]

  1. Anaír Rodríguez Rodríguez, Montserrat Davila Ventura. Lingua galega: dúbidas lingüísticas (PDF). Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo. p. 105. ISBN 84-8158-266-2. 
  2. "Nova Jersey". Diciopedia do século 21 2. Edicións do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. p. 1479. 
  3. Oficina do Censo dos Estados Unidos (2010). "2014 Census Interactive Population Search / NJ - New Jersey" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 03 de febreiro de 2012. Consultado o 5 de xuño de 2013. 
  4. "Median Household Income and Gini Index in the Past 12 Months by State and Puerto Rico: 2010 and 2011 - Page 5" (PDF). U.S. Census Bureau. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 21 de setembro de 2012. Consultado o 20 de setembro de 2012. 
  5. "New Jersey Colony Reading Comprehension". MrNussbaum.com. Arquivado dende o orixinal o 24 de outubro de 2012. Consultado o 10 de setembro de 2012. 
  6. Streissguth pg 30–36

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.