Daniel Aranzubia
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 18 de setembro de 1979 (45 anos) Logroño, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 186 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 82 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 2001 - 2014 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Gardameta | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Participou en | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
2004 | Eurocopa de Fútbol Portugal 2004 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
2000 | Xogos Olímpicos de 2000 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Daniel Aranzubia Aguado, nado en Logroño o 18 de setembro de 1979, é un exfutbolista español. Xogaba de porteiro e foi internacional coa selección española.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Formado nas categorías inferiores do Athletic Club, no 2000 incorporouse ao primeiro equipo. Na súa primeira temporada xoga tan só dous partidos de liga. Debuta na Primeira división española o 10 de abril do 2001 nun partido Athletic 1-3 Real Sociedad. Ata a temporada 2006/07 (inclusive) xogou un total de 152 partidos de liga en Primeira división.
Durante o verán do 2007 estivo a piques de ser fichado polo Real Zaragoza, pero finalmente, decidiu quedar no Athletic.[1]
No 2008 decide rematar o seu ciclo co Athletic[2] e comezar un novo no Deportivo, baixo as ordes de Miguel Ángel Lotina. Aquí consegue facerse axiña coa titularidade do equipo encadeando unha serie de boas actuacións que lle fan recuperar o seu mellor nivel logo das últimas temporadas un tanto irregulares no Athletic de Bilbao.
O 20 de febreiro de 2011 anota contra o UD Almería o seu primeiro gol como profesional, ao rematar dentro das mallas un saque de esquina no minuto 94 de partido, significando o 1-1 definitivo, sendo este un gol histórico ao ser a primeira vez que un porteiro marca de cabeza na Primeira División Española.[3]
Selección nacional
[editar | editar a fonte]Asiduo as categorías inferiores da Selección de España, foi campión do mundo Sub-20 de 1999 e medalla de prata nos Xogos Olímpicos de Sidney 2000. Aranzubia foi o porteiro titular en ambas finais.
Coa selección absoluta de España disputou un encontro. Foi un partido amigable contra Andorra xogado o 5 de xuño do 2004, no que Aranzubia xogou a media hora final. Posteriormente, integrou o combinado español que participou na Eurocopa 2004 como porteiro suplente. Aranzubia non volveu ser convocado pola selección española tras a dimisión do seleccionador Iñaki Sáez, que fora o seu técnico nas categorías inferiores e quen lle fixo debutar coa absoluta.
Palmarés
[editar | editar a fonte]- Deportivo
- Atlético de Madrid
- España sub-20
- España sub-23
- Xogos Olímpicos: Medalla de prata 2000
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Datos do xogador en bdfutbol.com (en castelán)
- Datos do xogador en fifa.com Arquivado 20 de agosto de 2009 en Wayback Machine. (en inglés)
- Datos do xogador en futbol.sportec.es (en castelán)
- Nados en 1979
- Nados en Logroño
- Futbolistas da Rioxa
- Gardametas de fútbol
- Xogadores do CD Baskonia
- Xogadores do Bilbao Athletic
- Xogadores do Athletic Club de Bilbao
- Xogadores do Deportivo da Coruña
- Xogadores do Atlético de Madrid
- Xogadores da selección de fútbol de España sub-21
- Xogadores da selección de fútbol de España
- Medallistas olímpicos de prata por España
- Medallistas olímpicos en fútbol
- Medallistas nos Xogos Olímpicos de 2000
- Futbolistas olímpicos de España
- Futbolistas nos Xogos Olímpicos de 2000