Caronte (lúa)
Caronte | |
---|---|
Caronte en cores aproximadamente reais, tomada pola sonda News Horizons o 13 de xullo de 2015. | |
Descubrimento | |
Descuberto por | James W. Christy |
Data do descubrimento | 22-06-1978 |
Designacións | |
Designación alternativa | (134 340) Pluto I[1] |
Características orbitais [2] | |
E=2.452.600,5) | |
Eixo Semi-maior | 17.536 ±4 km respecto do baricentro do sistema, 19.571 ±4 respecto do centro de Plutón. |
Excentricidade | 0,00[3] |
Velocidade orbital media | 0.21 km/s[4] |
Período orbital | 6,3872304 ± 0,0000011 d (6 d, 9 h, 17 m, 36,7 ± 0,1 s) |
Inclinación | 0.001° (respecto do ecuador de Plutón)
119,591° ± 0,014° (respecto da órbita de Plutón) 112,783° ± 0,014° (respecto da eclíptica) |
Lonxitude do nodo ascendente | 223,046° ± 0,014° (referente ó equinoccio de primavera |
Satélite de | Plutón |
Características físicas | |
Radio medio | 606 ± 3 km[5] (0,095 Terras, 0,51 Plutóns) |
Achatamento | <1% [6][7] |
Área superficial | 4 x 10 6 km2 (0,0090 Terras) |
Volume | 9,32 ± 0,14 x 10 8 km3 (0,00086 Terras) |
Masa | 1,586 ± 0,015 x 1021 kg[5] (2,66 x 10 −4 Terras) (12,2% de Plutón) |
Densidade media | 1,707 ± 0,013 g/cm3[8] |
Gravidade superficial | 0,288 m/s2 |
Velocidade de escape | 0,59 km/s |
Período de rotación | síncrona |
Albedo | 0,2 a 0,5 nun ángulo de fase solar de 15° |
Temperatura | -220 °C (53 K) |
Magnitude aparente | 16,8[9] |
Magnitude absoluta | 1[10] |
Tamaño angular | 55 mili-arcsegundos[11] |
Caronte é un satélite de Plutón, que forma realmente un sistema de astros duplos, é dicir, debido a que teñen masas semellantes e o diámetro de Caronte e aproximadamente a metade que o de Plutón, o centro de rotación de Caronte atópase fóra da superficie de Plutón, é como se os dous fosen satélites dun "baleiro intermedio", caso único no sistema solar. Foi descuberto en 1978 por James Walter Christy. A súa composición e dimensións son aínda moi incertas, debido á distancia á que se atopa o par Plutón-Caronte da Terra. As medicións feitas mostran que Caronte posúe un diámetro de aproximadamente 1.207 km. A nave espacial New Horizons é a única sonda que visitou o sistema de Plutón. En 2015 achegouse a Caronte, lanzada o 19 de xaneiro do 2006 pola NASA, para novas investigacións.
Descuberta de Caronte
Caronte foi descuberto o 22 de xuño de 1978 polo astrónomo do Observatorio Naval dos Estados Unidos James W. Christy, que notou algo moi peculiar nas imaxes de Plutón obtidas co telescopio do observatorio de Flagstaff. As imaxes obtidas presentaban a Plutón cunha forma lixeiramente alargada, mentres que as estrelas que aparecían na mesma fotografía non presentaban esa distorsión.
Unha comprobación no arquivo do observatorio revelou que algunhas das outras imaxes tomadas baixo excelentes condicións de visibilidade tamén mostraban este alargamento, aínda que a maioría non. Este efecto podía explicarse se existía outro obxecto orbitando periodicamente arredor de Plutón que non fora moi grande como para ser resolto polo telescopio.
Christy seguiu a súa investigación e descubriu que todas as observacións podían ser explicadas se o obxecto en cuestión tiña un período orbital de 6,387 días e unha separación máxima do planeta dun arcosegundo. O período de rotación de Plutón é xustamente de 6,387 días e como era case seguro que o satélite tiña o mesmo período de rotación, deduciu que este era o único sistema planeta-satélite coñecido no que ambos se mostraban a mesma cara continuamente.
As poucas dúbidas que ficaron da súa existencia disipáronse cando o sistema entrou nun período de cinco anos de eclipses entre 1985 e 1990. Este fenómeno ocorre cando o plano orbital de Plutón e Caronte se pon de canto respecto á vista dende a Terra. Isto sucede só dúas veces durante os 248 anos que dura o período orbital de Plutón.
As primeiras imaxes de Plutón e Caronte resoltos como discos separados foron tomadas polo Telescopio Espacial Hubble na década de 1990. Máis tarde, o desenvolvemento de ópticas adaptativas fixo posible resolver tamén discos separados utilizando telescopios terrestres.
Cabe destacar que co descubrimento de Caronte quedou descartada a teoría de que Plutón viña sendo un satélite escapado de Neptuno.
Formación
Crese que Plutón e Caronte puideron ser dous corpos que chocaron antes de entrar en órbita mutua.
Nun traballo de simulación publicado en 2005, Robin Canup suxire que Caronte puido formarse por un impacto xigantesco hai arredor de 4500 millóns de anos, de maneira similar que a Terra e a Lúa. Neste modelo un obxecto grande do cinto de Kuiper golpea Plutón a gran velocidade, destruíndose a si mesmo e esparexendo gran parte do manto exterior do planeta. Logo Caronte fórmase pola fusión dos restos. Mais dicir que, un impacto destas características, resultaría nun Plutón máis rochoso e nun Caronte con máis xeo do que os científicos encontraron.
Características físicas
O diámetro de Caronte é duns 1207 km, pouco máis que a metade do de Plutón, cunha superficie de 4 580 000 km². A diferenza de Plutón, que está cuberto con xeo de nitróxeno e metano, a superficie de Caronte parece estar dominada polo xeo de auga. Parece non ter atmosfera. No 2007, as observacións levadas a cabo polo Observatorio Gemini de hidratos de amoníaco e cristais de auga na superficie de Caronte suxeriron a presenza de "cryo-geysers" activos.[12]
As eclipses mutuas de Plutón e Caronte na década de 1980 permitíronlle aos astrónomos analizar as liñas espectrais de Plutón e a de ambos os astros combinados. Subtraendo o espectro de Plutón do total, puideron determinar a composición da superficie de Caronte.
O volume e a masa de Caronte permítennos calcular a súa densidade; sabendo isto, podemos dicir que é un corpo xeado e contén menos rochas en proporción que as que contén Plutón, apoiando a idea de que Caronte foi creado por un impacto xigantesco no manto xeado de Plutón. Existen dúas teorías en conflito sobre a estrutura interna de Caronte: algúns científicos cren que se trata dun corpo diferenciado como Plutón, cun núcleo de rocha e un manto de xeo, mentres outros cren que Caronte ten unha composición uniforme. Encontráronse probas que sustentan a primeira hipótese. O feito de que o xeo estivera aínda en forma cristalina suxire que foi depositado recentemente, xa que a radiación solar tería degradado o xeo antigo até levalo a un estado amorfo logo de 30 000 anos aproximadamente.[12]
Caronte dista unha media de 19 570 km de Plutón, polo que está 20 veces máis cerca do que a Lúa da Terra. Os dous obxectos están trabados gravitacionalmente, e polo tanto móstranse sempre a mesma cara mutuamente. O descubrimento de Caronte permitiulles aos astrónomos calcular con precisión a masa do sistema plutoniano, e as ocultacións mutuas revelaron os seus tamaños. Mais non deron establecido as súas masas individuais até a descuberta doutras lúas de Plutón, ben entrado o ano 2005. Os detalles revelados grazas ás lúas exteriores mostran que Caronte ten aproximadamente o 11,65% da masa de Plutón.[13]
Satélite ou planeta anano?
O feito de que Caronte realmente non xire darredor de Plutón como un satélite, senón que tanto Plutón como Caronte o fan darredor do centro de masas do sistema, fai que moitos non consideren a Plutón e Caronte como planeta e satélite respectivamente, senón máis ben como un planeta anano dobre.
O 16 de agosto do 2006, ante a Unión Astronómica Internacional (IAU), presentouse un proxecto de resolución que, de ter sido aprobado, establecería a definición de planeta como "un corpo que é suficientemente masivo para ser esférico, que non é unha estrela, pero que orbita arredor dunha". Baixo esta definición, agregaríanse á lista de planetas corpos como Ceres (antes un asteroide do Cinto de asteroides), Caronte, Eris (extraoficialmente chamado Xena) e varios obxectos do Cinto de Kuiper que probablemente satisfacían a definición. Finalmente, o 24 de agosto non se aprobou dita resolución e tampouco se creou unha definición de planeta dobre.
Na definición final de planeta, Plutón foi reclasificado como planeta anano, pero a definición formal de satélite planetario non foi determinada, deixando a Caronte nun estado incerto (Caronte non figura na lista de planetas ananos recoñecidos pola IAU).
As lúas Nix, Cérbero (lúa) e Hydra tamén orbitan o mesmo baricentro, pero non son o suficientemente grandes para ser esféricas, e polo tanto son consideradas satélites de Plutón (ou, dende outro punto de vista, do sistema Plutón-Caronte).[14]
Notas
- ↑ Jennifer Blue (09-11-2009). IAU Working Group for Planetary System Nomenclature (WGPSN), ed. "Gazetteer of Planetary Nomenclature". Consultado o 24-02-2010.
- ↑ Buie, M. W.; Grundy, W. M.; Young, E. F.; Young, L. A.; e Stern, S. A. (2006). "Orbits and Photometry of Pluto's satellites: Charon, S/2005 P1, and S/2005 P2 [sic]". Astronomical Journal 132: 290. doi:10.1086/504422.(Versión final antes da impresión) a, i, e per JPL (website actualizado no 25 de agosto do 2008)
- ↑ M. Buie, D. Tholen, W. Grundy (2012). "The Orbit of Charon is Circular". The Astronomical Journal 144: 15. Bibcode:2012AJ....144...15B. doi:10.1088/0004-6256/144/1/15.
- ↑ Calculado a partir doutros parámetros.
- ↑ 5,0 5,1 The Pluto system: Initial results from its exploration by New Horizons Stern et. al. October 16, 2015 Table 1
- ↑ A xeoloxía de Caronte e as imaxes tomadas da mesma, derívanos a un radio duns 606 ± 3 km, radio moi semellante ó obtido a través de medicións feitas dende a Terra. Determinouse tamén que non é factible obte-lo achatamento de Caronte,xa que coma máximo podería acadar o 1% nos polos.
- ↑ http://www.sciencemag.org/content/350/6258/aad1815.full
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 23 de xuño de 2018. Consultado o 31 de marzo de 2017.
- ↑ Observatorio ARVAL (ed.). "Classic Satellites of the Solar System". Arquivado dende o orixinal o 25-08-2011. Consultado o 19-10-2007.
- ↑ David Jewitt (xuño do 2008). Institute for Astronomy (UH), ed. "The 1000 km Scale KBOs". Consultado o 13-06-2008.
- ↑ ESO 02/06 – Science Release, ed. (04-01-2006). "Stellar occultation allows VLT to determine Charon's size and to put upper limit on its atmosphere". Arquivado dende o orixinal o 18-01-2006. Consultado o 19-10-2007.
- ↑ 12,0 12,1 "Charon: An ice machine in the ultimate deep freeze" (en inglés). Observatorio Gemini. 2007. Arquivado dende o orixinal o 07 de xuño de 2011. Consultado o 18 de setembro de 2009.
- ↑ Marc W. Buie; William M. Grundy, Eliot F. Young, Leslie A. Young, S. Alan Stern (2006). "Orbits and photometry of Pluto's satellites: Charon, S/2005 P1, and S/2005 P2" (en inglés). Astronomical Journal. Consultado o 18 de setembro de 2009.
- ↑ Stern Alan (15 de maio de 2005). "Background Information Regarding Our Two Newly Discovered Satellites of Pluto" (en inglés). Planetary Science Directorate (Boulder Office). Consultado o 19 de setembro de 2009.