Saltar ao contido

Paul Frère

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 12 de xullo de 2024 ás 09:33 por Breogan2008 (conversa | contribucións) (da Arxentina (via JWB))
(dif) ← Revisión máis antiga | Revisión actual (dif) | Revisión máis nova → (dif)
Modelo:BiografíaPaul Frère

(2003) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento30 de xaneiro de 1917 Editar o valor en Wikidata
Le Havre, Francia Editar o valor en Wikidata
Morte23 de febreiro de 2008 Editar o valor en Wikidata (91 anos)
Niza, Francia Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpiloto de Fórmula Un, piloto de automobilismo, xornalista, remeiro, escritor Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaBélxica Editar o valor en Wikidata
Deporteremo Editar o valor en Wikidata
Participou en
196024 Horas de Le Mans 1960 (pt) Traducir (1º)
195924 Horas de Le Mans 1959 (pt) Traducir (2º)
195524 Horas de Le Mans 1955 (2º) Editar o valor en Wikidata
Familia
PaiMaurice Frère Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
Porsche 904

Paul Frère (nado o 30 de xaneiro de 1917, finado o 23 de febreiro de 2008) foi un piloto de carreiras e xornalista belga. Participou en once Grandes Premios do Mundial de Fórmula Un, debutou o 22 de xuño de 1952, logrou un podio cun total de once puntos de campionato. Pilotou en varias carreiras de fórmula un fora do campionato.

Tamén gañou as 24 horas de Le Mans de 1960, pilotando para Ferrari con seu compañeiro de equipo, o belga Olivier Gendebien.

Frère naceu en Le Havre en 1917.

Pilotou para o equipo oficial de Ferrari, con Peter Collins.[1]

Logo de retirarse das carreiras activas en 1960, traballou como xornalista de automóbiles con sede en Europa (foi editor europeo da revista Road & Track. Tiña numerosos coñecidos entre os enxeñeiros deseñadores de vehículos, especialmente no Xapón en Honda e Mazda e tamén traballou como consultor para fabricantes de automóbiles. Tamén tivo a oportunidade de probar numerosos coches de estrada e de carreiras como xornalista, un dos máis destacados foi o Audi R8 que probou e mostrou durante unha pausa nos procedementos do día de probas das 24 Horas de Le Mans de 2003. Cando tiña 86 anos, converténdose no piloto de carreiras máis vello en pilotar un automóbil de carreiras entón-actual.[2]

Frère, xunto con Piero Taruffi e Denis Jenkinson, foi un dos primeiros escritores en tratar o automobilismo como unha habilidade que podía ser analizada, explicada e ensinada. O seu libro de 1963, Sports Car and Competition Driving (Coches deportivos e pilotaxe de competición) segue sendo unha referencia estándar na actividade. Influíu no desenvolvemento das escolas de condución de competición, como as fundadas por Jim Russell, Bob Bondurant, e moitos outros.

Frère era un experto nos coches de Porsche, particularmente o Porsche 911, escribindo o libro definitivo da serie, a historia do Porsche 911. Mantivo unha relación próxima con Porsche durante anos. Tamén foi considerado un conselleiro e un experto no 911 por Alois Ruf, un respectado tuneador de Porsche e xefe da fabrica Ruf Automobile, quen consultou a Frère durante o desenvolvemento do modelo RGT8 de Ruf.[3]

En 1967, Frère participou como cameo en Le Départ, unha película belga sobre un mozo obsesionado cos coches tratando de conseguir un Porsche 911 para unha carreira.

Só semanas antes do seu 90 aniversario en xaneiro de 2007, resultou gravemente ferido nun accidente preto de Nürburgring, e foi hospitalizado durante 14 días en coidados intensivos.[4]

Frère morreu o 23 de febreiro de 2008 en Saint-Paul-de-Vence (Francia). A curva 15 do Circuíto de Spa-Francorchamps, antes da primeira parte da curva de Stavelot, renomeouse na súa honra.[5]

Campión de remo

[editar | editar a fonte]

Frère tamén foi un remeiro exitoso gañando tres campionatos belgas. En 1946 e 1947 gañou o título nacional nun catro de coxless. En 1946, tamén o gañou cos catro coxed.

Resultados completos na Fórmula Un

[editar | editar a fonte]

(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 Pos. Puntos
1952 HW Motors Ltd HWM 52 Alta 2.0 L4 SUI 500 BEL
5
FRA GBR ALE
Ret
16º 2
Ecurie Belge Simca-Gordini T15 Gordini 1.5 L4 NED
Ret
ITA
1953 HW Motors Ltd HWM 53 Alta 2.0 L4 ARX 500 NED BEL
10
FRA GBR ALE SUI
Ret
ITA NC 0
1954 Equipe Gordini Gordini T16 Gordini 2.0 L6 ARX 500 BEL
Ret
FRA
Ret
GBR ALE
Ret
SUI ITA ESP NC 0
1955 Scuderia Ferrari Ferrari 555 Ferrari 106 2.5 L4 ARX MON
8
500 BEL
4
NED GBR ITA 15º 3
1956 Scuderia Ferrari Lancia Ferrari D50 Lancia Ferrari DS50 2.5 V8 ARX MON 500 BEL
2
FRA GBR ALE ITA 6
Fonte:[6]
  1. "Paul Frere 1917-2008. An obituary by Mark Walton". Car Magazine. 26 February 2008. Consultado o 10 August 2015. 
  2. "Paul Frère in the Audi R8". motorsport.com. 2003-05-04. Consultado o 2013-11-14. 
  3. Interview with Alois Ruf. 2010-03-06. Consultado o 2010-03-14. 
  4. "Paul Frere dies". forumula1.net. 2008-02-25. Arquivado dende o orixinal o 20 de novembro de 2008. Consultado o 2008-02-25. 
  5. "In memory of Paul Frere". grandprix.com. 2008-09-05. Consultado o 2008-09-05. 
  6. Small, Steve (1994). The Guinness Complete Grand Prix Who's Who. Guinness. p. 145. ISBN 0851127029. 

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]