Saltar ao contido

Hiroshige

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 29 de maio de 2024 ás 19:01 por Breobot (conversa | contribucións) (Reemplazos con Replacer: «Quioto»)
(dif) ← Revisión máis antiga | Revisión actual (dif) | Revisión máis nova → (dif)
Modelo:BiografíaHiroshige

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(ja) 歌川広重 Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(ja-hrkt) 安藤 徳太郎 Editar o valor en Wikidata
1797 Editar o valor en Wikidata
Edo, Xapón Editar o valor en Wikidata
Morte12 de outubro de 1858 Editar o valor en Wikidata (60/61 anos)
Edo, Xapón Editar o valor en Wikidata
Causa da mortecólera Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaTōgaku-ji (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Dōshin (en) Traducir hikeshi (en) Traducir
1809 – 1832 Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
Outros nomes安藤 重右衛門
安藤 徳兵衛
安藤 鉄蔵
歌川 広重 Editar o valor en Wikidata
Grupo étnicoPobo xaponés Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoUkiyo-e Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Edo
Kyoto Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpintor, artista de ukiyo-e, xilógrafo Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1818 Editar o valor en Wikidata -
Xénero artísticoArte de paisaxes e ukiyo-e Editar o valor en Wikidata
MovementoUtagawa school (en) Traducir e Kasei culture (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
ProfesoresIchiriusai Toyohiro e Ōoka Unpō (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
AlumnosHirokage (pt) Traducir, Utagawa Shigekiyo (en) Traducir, Q11545221 Traducir, Q35999857 Traducir, Q11545222 Traducir, Q11605744 Traducir e Yoshinobu Utagawa (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Influencias
Obra
Obras destacables

Descrito pola fonteObálky knih,
Japanese Woodblock Prints: Artists, Publishers and Masterworks 1680-1900 (en) Traducir
Encyclopædia Britannica Editar o valor en Wikidata
BNE: XX996656 Musicbrainz: ec48797a-12eb-4c77-9504-026d6a997114 WikiTree: 安藤-4 Find a Grave: 13092403 Editar o valor en Wikidata

Hiroshige, nado en Toquio en 1797 e finado na mesma cidade o 12 de outubro de 1858, tamén coñecido Andō Hiroshige (grafía xaponesa 安藤広重), Utagawa Hiroshige (歌川広重) e aínda Ichiyusai Hiroshige, foi un dos máis grandes paisaxistas xaponeses, elevando este tema a un nivel artístico de estilo inigualado. Distinguíuse polas series de estampas do monte Fuji e de Edo (o actual Toquio), debuxando xenialmente as escenas e a atmosfera da cidade, tomando os instantes da vida cotiá da urbe antes da súa transformación na era Meiji (1868-1912).

As súas obras -gravuras con técnica xilográfica- caracterízanse polo seu formato vertical, pola mestría sutil de cores libre -con dominio do verde e do azul- e polo sentido do primeiro plano, que sería máis tarde retomado pola fotografía e o cine. Xunto con Katsushika Hokusai (1760-1849) alcanzaría a cima da arte paisaxística xaponesa do século XIX.

A súa obra máis coñecida foron as xilografías coreadas 53 Estacións de Tōkaidō.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Era fillo dun samurai de baixo rango, que servía na fortaleza do Shōgun en Edo, nome antigo de Toquio, como tirador de armas de fogo, que o enviaría, con 13 anos, como aprendiz do mestre xilografista Utagawa Toyohiro. Alí aprendería a desenvolver os motivos tradicionais do Ukiyo-e como as vistas das vellas rúas.

As 53 estacións de Tōkaidō

[editar | editar a fonte]

Tōkaidō era naquela época unha importante estrada principal que unía Kyoto e Edo. En 1832 Hiroshige acompañou un ministro plenipotenciario do Shogun desde Edo ata o Pazo imperial de Kyoto, tomando apuntamentos de cada unha das 53 estacións ao longo da estrada. Con eses apuntamentos realizou desde 1833 ata1834 as 55 follas das 53 Estacións de Tōkaidō (東海道五十三次 tōkaidō gojusan tsugi).

A obra pertence ao estilo tradicional de xilografías Ukiyo-e „O mudo fugaz e pasaxeiro“, pero con novas e desacostumadas maneiras: nenguén antes no Xapón executara escenas de estradas con xentes do pobo común, que se movían mentres realizaban as súas tarefas e traballos.

Outras obras e influencia

[editar | editar a fonte]

Outras realizacións importantes de Hiroshige son as Vistas de Kisokaidō, con escenas doutra arredada estrada do vello Xapón, e 100 vistas de Edo (1856-1858).

As xilografías coreadas de Hiroshige influíron nos impresionistas franceses.