Luís Alonso Girgado
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 7 de agosto de 1946 (78 anos) Ferrol, España |
Cargos Secretario do CIRP | |
Datos persoais | |
Formación profesional | Licenciado en Filoloxía Románica |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | Catedrático de ensino medio |
Familia | |
Cónxuxe | María Paz Padín Castro |
Fillos | Laura, Luis e Lucía |
Luís María Alonso Girgado, nado o 7 de agosto de 1946 en Ferrol,[1] é un editor, escritor, investigador e tradutor galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciado en Filoloxía Románica pola Universidade de Santiago de Compostela, é catedrático de ensino medio de Lingua e Literatura Españolas.
Secretario e asesor literario do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades,[2] coordinou as edicións facsímiles das revistas literarias Aturuxo, Alba, Posío, Gelmírez, Posío. Arte y Letras, La Noche. Suplemento del sábado, Resol, Cristal, Galiza, La Tierra Gallega, La Alborada e Cultura Gallega. Colaborou en El Correo Gallego, La Voz de Galicia, Grial, Encrucillada, A Nosa Terra, Diario de Ferrol e Diario de Córdoba.
É mentor de críticos, profesores e investigadores coma Armando Requeixo, Xoán Carlos Domínguez Alberte, Baldo Ramos ou María Cuquejo Enríquez.
En maio de 2019 pronunciou unha conferencia en Barcelona sobre Antón Fraguas, conmemorando a súa homenaxe no canto do Día das Letras Galegas.[3]
É pai da soprano Laura Alonso Padín.
Obra en galego
[editar | editar a fonte]Ensaio
[editar | editar a fonte]- Rosalía de Castro, na súa vida, nos seus versos, 1986, Padroado Rosalía de Castro.
Edicións
[editar | editar a fonte]- Antoloxía do conto galego do século XX, 1989, Galaxia[4]
- Antre dous séculos, de Xerardo Álvarez Limeses, 1990, Xunta de Galicia.
- O relato breve: escolma dunha década (1980-1990), Galaxia.
- As Cantigas galego-portuguesas, 1991, Xuntanza.
- Fábulas galegas e outros poemas, de Amador Montenegro, 1991, Xunta de Galicia.
- Cantigas medievais galegoportuguesas, 1992, Biblioteca 114, Editorial Compostela.
- Algas (versos galegos), de Gumersindo Placer, 1994, Xunta de Galicia.
- D'o mar e d'a terra, de Francisco María de la Iglesia, 1994, Xunta de Galicia.
- Poesía galega completa, de Luís Amado Carballo, 1994, Sotelo Blanco.
- Obra poética galega, de Luís Amado Carballo, 2001, Xerais.
- Prólogos, epílogos y otros escritos dispersos, de Álvaro Cunqueiro, 2011, Follas Novas.
Obras colectivas
[editar | editar a fonte]- Aturuxo. Revista de poesía e crítica. Ferrol 1952-1960, 1994, Centro Ramón Piñeiro. Coordinador.
- Alba: hojas de poesía = follas de poesía (A Coruña, 1948 - Vigo, 1956), 1995, Centro Ramón Piñeiro. Coeditor.
- Gelmírez. Hojas de otoño a primavera. Santiago de Compostela, 1945-1946, 1995, Centro Ramón Piñeiro. Coordinador.
- La Noche. Suplemento del sábado. Santiago de Compostela, 1949-1950, 1996, Centro Ramón Piñeiro. Coordinador.
- Plumas e letras en La Noche (1946-1949), 1996, Centro Ramón Piñeiro. Coordinador.
- Posío. Arte y letras. Ourense, 1951-1954, 1996, Centro Ramón Piñeiro. Coordinador.
- Ánxel Fole e Á lus do candil, con Armando Requeixo, 1997, Nigra.
- Ánxel Fole (1903-1986). Unha fotobiografía, 1997, Xerais.
- Resol, hojilla volandera del pueblo = folla voandeira do pobo: Galicia (1932-1936), Bos Aires (1937-1938), Galicia (1990), 1997, Centro Ramón Piñeiro. Coordinador.
- Cristal. Revista literaria. Pontevedra (1932-1933), 1998, Centro Ramón Piñeiro. Coordinador.
- Salayos e outros poemas, de Manuel Núñez González, 1998, Centro Ramón Piñeiro. Coeditor.
- Homenaxe ó profesor Manuel Quintáns, 1999, Follas Novas. Coordinador.
- Roberto Blanco Torres. Cronobiografía, Escolma de textos, Obra hemerográfica, 1999, Xunta de Galicia. Coeditor.
- Cronobiografía. Escolma de textos na prensa galega de Cuba. Referencias hemerográficas, de Manuel Murguía, 2000, Centro Ramón Piñeiro. Coeditor.
- A Saudade nos poetas gallegos, de Ramón Cabanillas, 2000, Centro Ramón Piñeiro. Coeditor.
- Día das letras galegas (1963-2001). Escolma, 2001, Xunta de Galicia. Coeditor.
- Eladio Rodríguez González. Escolma, 2001, Centro Ramón Piñeiro. Coeditor.
- Escolma de aniversario (Librería Follas Novas, 1971-2001), 2001, Follas Novas. Coeditor.
- Nós, páxinas gallegas do diario da Cruña "El Noroeste" (1918-1919), 2001, Follas Novas. Coeditor.
- Actas do Comité Pro-Centenario do Nacemento de Curros Enríquez (A Habana, 1951), 2002, Follas Novas. Coeditor.
- Cantigas, fábulas e outros poemas. Escolma poética, de José Rubinos, 2002, Follas Novas. Coeditor.
- De Rosalía a Sarmiento. Escolma do Día das Letras Galegas (1963-2002), 2002, Xunta de Galicia. Coeditor.
- O libro dos abanos (palabras no aire), 2002, Follas Novas. Coeditor.
- La Tierra Gallega. A Habana (1894-1896), 2002, Xunta de Galicia. Coeditor.
- Animaliños, de Roberto Vidal Bolaño, 2003, Follas Novas. Coeditor.
- Bibliografía e hemerografía de Ramón Piñeiro: unha contribución, 2003, Centro Ramón Piñeiro. Coautor.
- Ramón Piñeiro: cronobiografía e cartas, 2003, Centro Ramón Piñeiro. Coautor.
- O vento segrel, de Augusto María Casas, 2003, Centro Ramón Piñeiro. Coeditor.
- Aires da miña terra (Bos Aires, 1908-1909), 2004, Centro Ramón Piñeiro. Coordinador.
- Centro Gallego (Montevideo, anos 1917-1918. Números, 1-13), 2004, Centro Ramón Piñeiro. Coeditor.
- Cartas de Ramón Piñeiro a Ricardo Carballo Calero, 2004, Centro Ramón Piñeiro. Coordinador.
- Eco de Galicia, A Habana 1917-1936 (Anos 1917-1918), 2004, Centro Ramón Piñeiro. Coordinador.
- Sulco e vento, de Álvaro de las Casas, 2004, Centro Ramón Piñeiro. Coordinador.
- Eufonía Arquivado 09 de abril de 2019 en Wayback Machine. (Rimas y glosas de la poesía gallega). Buenos Aires, 1958-1959, 2005, Centro Ramón Piñeiro. Coeditor Manuel Quintáns Suárez. Coeditor. María Cuquejo Enríquez. Coeditora.
- Universitarios. Revista de la F. U. E. (Santiago de Compostela 1932-1933), 2005, Centro Ramón Piñeiro. Coeditor. María Cuquejo Enríquez. Coeditora..
- Alma Gallega [Publicación periódica] (Órgano Oficial de la sociedad Casa de Galicia, Montevideo, 1919-1967), 2006, Centro Ramón Piñeiro. Coeditor.
- Arazúa. Boletín de la Asociación Protectora de la Cultura Gallega, Montevideo (1929-1930). Raza Celta. Órgano del Comité Autonomista Gallego de Montevideo (1934-1935), 2006, Centro Ramón Piñeiro. Coeditor.
- Yunque (periódico de vanguardia política). Lugo, 1931-1932, 2006, Centro Ramón Piñeiro. Coeditor.
- Mundo gallego. Revista de Galicia en América (Bos Aires, 1951-1952), 2007, Centro Ramón Piñeiro. Coeditor.
- Suevia (Bos Aires, 1913, Revista Gallega Regionalista), (Bos Aires, 1916, Revista Gallega), 2007, Centro Ramón Piñeiro. Coeditor.
- Lérez. Revista do Centro Pontevedrés de Bos Aires (1962), 2008, Centro Ramón Piñeiro. Coeditor.
- Saudade. Verba galega nas Américas (México, D. F., 1942-1953), 2008, Centro Ramón Piñeiro. Coeditor.
- Cartas a José Luis Pensado, de Ramón Piñeiro, 2009, Centro Ramón Piñeiro. Coeditor.
- Cartas a Xosé Filgueira Valverde, Agustín Sixto Seco, Gabriel Celaya, Miguel C. Vidal, Juan San Martín, Francisco X. Carro Rosende e Xosé M. Rodríguez Pampín, de Ramón Piñeiro, 2009, Centro Ramón Piñeiro. Coeditor.
- Céltiga (1924-1932). Revista gallega de arte, crítica, literatura y actualidades, 2009, Centro Ramón Piñeiro. Coeditor.
- Ronsel. Revista de arte (Lugo, 1924), 2009, Concellaría de Cultura de Lugo. Coeditor.
- Vamos. Órgano del Colegio Minerva, años 1948-1958 (Números 1-40), 2009, Colexio Peleteiro. Coeditor.
- Cartas de poeta. De Uxío Novoneyra a Ramón Piñeiro (1953-1972), 2010, Consello da Cultura Galega. Coeditor.
- Celebración de Uxío Novoneyra (1930-1999), 2010, Centro Ramón Piñeiro. Coeditor.
- Homenaxe a Fernando Pérez-Barreiro Nolla, 2011, Centro Ramón Piñeiro. Coeditor.
- Remuíño de prosas, de Álvaro Cunqueiro, 2011, Centro Ramón Piñeiro. Coeditor.
- Arredor das Irmandades da Fala, 2016, Xerais.
Traducións do castelán ao galego
[editar | editar a fonte]- Don Fachendas, de Roger Hargreaves, 1989, Alhambra.
- Don Medricas, de Roger Hargreaves, 1989, Alhambra.
- Don Pupas, de Roger Hargreaves, 1989, Alhambra.
- Dona Fachendas, de Roger Hargreaves, 1989, Alhambra.
- Dona Sorrisos, de Roger Hargreaves, 1989, Alhambra.
- Dona Tardona, de Roger Hargreaves, 1989, Alhambra.
- Dona Tímida, de Roger Hargreaves, 1989, Alhambra.
- Os círculos do inferno, de Justo Jorge Padrón (xunto con Xurxo Sierra Veloso), 1996, Xunta de Galicia.
Obra en castelán
[editar | editar a fonte]Ensaio
[editar | editar a fonte]- "Crónica de una muerte anunciada": guía de lectura, 1993, Tambre.
- "El Aleph" de Jorge Luis Borges. Guía de lectura, 2009, Follas Novas.
Poesía
[editar | editar a fonte]- Soliloquio para un retorno, 2003, Follas Novas.
Traducións do galego ao castelán
[editar | editar a fonte]- Rosa de sombra, de Rosalía de Castro, 1994, Torremozas, Madrid.
- Saxo tenor, de Roberto Vidal Bolaño.
Edicións
[editar | editar a fonte]- De San Pascual a San Gil, de Domingo Miras, 1988, Alhambra.
- Antología de la poesía hispanoamericana del siglo XX, 1990, Alhambra.
- Cuentos populares, 1993, Tambre.
Obras colectivas
[editar | editar a fonte]- Antología poética, de Aurora Vidal, Tonia Vázquez e Clementina Vidal (Grupo Tambó), 2000, Follas Novas. Coeditor.
- Antología de aniversario (Librería Follas Novas, 1971-2001), 2001, Follas Novas. Coeditor.
- "La voz a ti debida" de Pedro Salinas. Guía de lectura, 2009, Follas Novas. Coeditor.
- Poemas de las horas marchitas, de Aurora Vidal, 2010, Follas Novas. Coeditor.
- Nivaria (escrito en Canarias), de Aurora Vidal, 2011, Follas Novas. Coeditor.
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]Recibiu o Premio Manuel Lorenzo Barja no 2009.[5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Loureiro, Ramón (15-9-2019). "Luis Alonso Girgado: «Vivimos un tempo que deixou de amar os libros e que aplaude a vulgaridade»". La Voz de Galicia. Consultado o 28-11-2019.
- ↑ "El crítico literario e investigador Luis Alonso Girgado participa en una tertulia en el Colegio Mayor". Colegio Mayor Club Universitario La Estila (en castelán). 15-4-2013. Consultado o 28-11-2019.
- ↑ "La Fegalcat organiza en Barcelona un acto por el Día das Letras Galegas". Galicia Exterior (en castelán). 24-5-2019. Consultado o 28-11-2019.
- ↑ Esta antoloxía inclúe os contos O lobo da xente de Vicente Risco, O inglés de Alfonso R. Castelao, A serea de Ramón Otero Pedrayo, A arrasadeira de Eduardo Blanco Amor, Sobre da morte de Bieito de Rafael Dieste, A caixa de morto de Ánxel Fole, O galo de Portugal de Álvaro Cunqueiro, Vilamor de Eduardo Moreiras, A pedra de Xosé M.ª Álvarez Blázquez, Hundezelle de Manuel Lueiro Rey, O viño dos sábados de Marcial Suárez, O muiñeiro de Xosé Neira Vilas, A volta de Camilo Gonsar, Tres homes de Gonzalo R. Mourullo, Grieih de Xosé Luís Méndez Ferrín, O xudeu Xacobe de Carlos Casares, A chegada da primeira bicicleta de Xavier Carro, O Famento de Alfredo Conde e Evaristo o do cine de Xavier Alcalá.
- ↑ "Luís Alonso Girgado recibe o galardón de "Toxos e Flores"". Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2015. Consultado o 24 de xullo de 2012.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Barrera, F., ed. (2002). Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI. El Correo Gallego. p. 22. ISBN 84-8064-113-4.
- Dicionario biográfico de Galicia, Ir Indo Edicións, 2010-2011, Vigo.
- Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada, artigo ALONSO GIRGADO, Luís.
- "Luis Alonso Girgado". Fundación Dialnet (en castelán).