Saltar ao contido

Kristianstad

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 11 de marzo de 2024 ás 21:21 por Breobot (conversa | contribucións) (Reemplazos con Replacer: «artillería»)
(dif) ← Revisión máis antiga | Revisión actual (dif) | Revisión máis nova → (dif)
Modelo:Xeografía políticaKristianstad
Imaxe

Localización
Mapa
 56°01′14″N 14°07′32″L / 56.020638, 14.125652
EstadoSuecia
Condadocondado de Escania
Municipiosconcello de Kristianstad Editar o valor en Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación41.299 (2020) Editar o valor en Wikidata (1.916,43 hab./km²)
Xeografía
Superficie2.155 ha Editar o valor en Wikidata
Punto máis baixoQ35246173 Traducir (−2,41 m) Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
Prefixo telefónico044 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con
Køge (pt) Traducir
Šiauliai (pt) Traducir
Espoo Editar o valor en Wikidata

Sitio webkristianstad.se Editar o valor en Wikidata

Kristianstad é unha cidade sueca no condado de Skåne e é a capital do municipio de Kristianstad. No ano 2017 tiña unha poboación de 40 653 habitantes. Durante os últimos 15 anos pasou de ser unha cidade gornición a unha desenvolvida cidade comercial.

A cidade foi fundada despois da guerra de Kalmar en 1614 polo rei Cristián IV de Dinamarca (o seu nome significa literalmente "Cidade de Cristián") como unha localidade planeada tras o incendio da próxima cidade de [1] e pasando os dereitos das veciñas Sölvesborg e Åhus ao novo asentamento. O propósito de Kristianstad era salvagardar a metade oriental da provincia dinamarquesa de Scania contra futuras incursións de Suecia dende o norte, pero tamén como símbolo do poder do propio Cristián. Unha desas incursións saqueara a cidade de Vä en 1612. Vä perdeu entón a súa carta e a xente trasladouse á nova e mellor fortificada cidade. O rei tamén fundou a cidade de Christianopel no leste de Blekinge cun propósito semellante.

A cidade foi construída dende o principio como unha fortaleza, con murallas, fosos e bastións. O obxectivo era protexela dos suecos, que devastaran a área. A cidade só foi de propiedade danesa durante uns 40 anos, ao pasar a mans suecas en 1658 tras a paz de Roskilde. Porén, os daneses regresaron durante a guerra de Skåne en 1675-1679 durante dous anos e tamén en 1710, pero só durante un mes.

A construción das cidades foi un proxecto moi prestixioso para o rei, e a igrexa de Kristianstad (danés: Trefoldighedskirken; sueco: Heliga Trefaldighetskyrkan) está considerada por moitos un dos edificios máis fermosos construídos por Cristián IV, ou incluso a igrexa renacentista máis fermosa do norte de Europa. O rei tamén quería un castelo ou fortaleza dentro da cidade, pero a escaseza de fondos fixo a súa construción imposible. Só se chegou a construír un arsenal que no presente serve como principal edificio do museo local. A planificación urbana do Renacemento puido establecerse por primeira vez na fundación da cidade. Isto fai que o centro de Kristianstad no presente estea tan ben conservado e sexa moi doado de percorrer.

O escudo de armas da cidade representa dous leóns agarrando a insignia coroada do rei Cristián IV, o monograma C4. O escudo de armas só foi lixeiramente modificado despois de que Suecia se fixese co control da cidade tras o Tratado de Roskilde de 1658 segundo o cal o terzo leste de Dinamarca era cedido a Suecia. O escudo de armas é moi semellante ao da antiga cidade de Christianopel, no leste de Blekinge, fundada tamén polo rei Cristián IV. Dende 1971, o escudo de armas é usado polo municipio de Kristianstad. Trátase dun dos poucos no mundo en representar o escudo de armas dun rei ou raíña estranxeiro. Unha razón pola que os suecos segue usando o vello escudo é polas súas cores, azul e amarelo.

Pylyp Orlyk foi elixido despois de 1709 Hetman no exilio polos cosacos e o rei sueco Carlos XII. Mentres se atopaba en Bender, Orlyk escribiu unha das primeiras constitucións estatais de Europa. Esta Constitución de Pylyp Orlyk foi confirmada por Carlos XII e tamén o nomea como "protector de Ucraína". Despois de 1714 Orlyk, desta vez xunto con varios cosacos, seguiron ao rei Carlos XII a Suecia. Orlyk, a súa familia e ao redor de 40 cosacos máis chegaron a Ystad a finais de novembro de 1715. Tras varios meses en Ystad viviron en Kristianstad durante varios anos.[2] Orlyk escribiu numerosas proclamas e ensaios sobre Ucraína, incluída a Constitución de Pylyp Orlyk.[3]

Kristianstad serviu como capital do condado de Kristianstad entre 1719 e 1997. No presente alberga a administración e o parlamento rexional do Consello Rexional de Skåne. Durante moito tempo Kristianstad tamén foi unha cidade gornición moi importante, o Rexemento de Artillaría A 3 Wendes e o Rexemento de Infantaría P 6 Norra skånska regementet foron as unidades militares máis famosas da cidade. Kristianstad tamén foi fogar durante moitos anos da chamada o the town housed for many years the so-called Brigada de Fortificación de Escania. O Rexemento de Artillaría Wendes serviu con distinción nas guerras napoleónicas. Unha das maiores cortes de apelación de Suecia estaba situada en Kristianstad antes de ser trasladada a Malmö en 1917.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

O punto máis baixo de Suecia, a 2,41 metros por debaixo do nivel do mar, está situado en Kristianstad. Debido a isto, partes da cidade teñen que ser protexidas de inundacións por un sistema de diques e bombas de auga. Para ampliar a cidade, grandes áreas de zonas húmidas baixas tiveron que ser amuralladas, especialmente no leste. Para evitar futuras inundacións do centro da cidade, estanse a reforzar os diques e construíndose uns novos tanto contra o río Helge å como contra o lago Hammarsjön. Tamén se está construíndo un amplo sistema de estanques e encoros. A ameaza de inundacións fíxose substancial durante finais do inverno de 2002, cando a meirande parte do parque público Tivoliparken quedou asolagado.[4] Porén, as zonas húmidas ao redor da cidade están comezando a ser consideradas un activo máis grazas á creación da reserva da biosfera de Kristianstads Vattenrike.[5]

  1. "Staden Kristianstads historia". Kristianstads kommun. 2012-11-02. Archived from the original on 02 de novembro de 2012. Consultado o 2019-02-08. 
  2. Alfred Jensen: Mazepa, p.174-194. Lund 1909
  3. "300th anniversary of first Ukrainian constitution written by Pylyp Orlyk being celebrated - Apr. 05, 2010". KyivPost. 2010-04-05. Consultado o 2019-02-01. 
  4. "Skydd mot översvämningar". www.kristianstad.se (en sueco). Consultado o 2019-02-08. 
  5. "Engagera – Biosfärområde Kristianstads Vattenrike" (en sueco). Consultado o 2019-02-08. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]