Cladorhynchus leucocephalus
Cladorhynchus leucocephalus | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Dous espécimes na illa Rottnest | |||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||
Cladorhynchus leucocephalus (Vieillot, 1816) | |||||||||||||||||
Área de distribución de C. leucocephalus
| |||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||
|
Cladorhynchus leucocephalus é unha especie de ave da orde das caradriformes, familia dos recurvirróstridos o único representante do xénero Cladorhynchus,[2][3]
É un endemismo de Australia.[1]
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Descrición
[editar | editar a fonte]A especie foi descrita en 1816 polo ornitólogo francés Louis Jean Pierre Vieillot,[3][4] clasificándoa no xénero Recurvirostra e dándolle o nome Recurvirostra leucocephala.[5] Vieillot só incicou que a especie se atopaba en terras austrais, cuxo significado non está claro. O ornitólogo afeccionado Gregory Mathews interpretou isto como Victoria, mentres que Erwin Stresemann concluíu que se trataba da illa Rottnest en Australia Occidental.[6]
Etimoloxías
[editar | editar a fonte]O nome do xénero, Cladorhynchus, está formado pola un ión das palabras do grego antigo κλάδος kládos, "rama de árbore" e ῥύγχος rhýnchos, "pico de ave".[7]
O epíteto específico, leucocephalus, deriva das palabras do grego antigo λευκός leukós "branco" e κεφαή kephalē "cabeza".[8]
Sinónimos
[editar | editar a fonte]Xénero
[editar | editar a fonte]O xénero coñeceuse tamén polo sinónimos:[2]
- Timeta Gistel, 1848
- Xiphidiorhynchus Reichenbach, 1845
- Leptorhynchus Du Bus, 1835
- Recurvirostra Boie, 1822
Especie
[editar | editar a fonte]En canto á especie, coñeceuse tamén polos sinónimos:[4]
- Recurvirostra leucocephala Vieillot, 1816 (protónimo)
- Recurvirostra orientalis Cuvier, 1816
- Himantopus palmatus Gould, 1837
- Leptorhynchus pectoralis Du Bus, 1835
- Cladorhynchus leucocephalus rottnesti Mathews, 1912
- Cladorhynchus australis Lawson, 1905 (nomen nudum)[9]
Características
[editar | editar a fonte]Cladorhynchus leucocephalus é unha ave que mide de 45 a 53 cm de longo, e ten unha masa corporal de 220 a 260 g. A súa envergadura alar vai dos 55 aos 68 cm. Os adultos en plumaxe nupcial son predominantemente brancos con ás negras, e cunha ancha banda parda en forma de "U" ben delimitada no peito,[8] (de aí vén seu nome inglés, Banded stilt = pernalonga bandeada). O peteiro, delgado, é negro,[10] relativamente recto, e dúas veces máis longo que a cabeza. Os iris son de cor parda escura, e as patas son dunha cor vermella arrosada escura. As ás son longas e delgadas. A plumaxe fóra da época da reprodución é similar, pero a banda do peito é menos aparente e, moitas veces, dilúese nun marrón cincento ou está moteado de branco, e as patas son dun rosa máis pálido ou alaranxado. Non hai diferenza na plumaxe entre os sexos, nin se rexistrou ningunha variación xeográfica.[8]
Os xuvenís parécense aos adultos, pero teñen a fronte agrisada, as ás dun negro máis apagado, as patas son grises e, o máis distitivo, carecen da característica banda pectoral. A plumaxe deadulto alcánzase no segundo ano de vida.[8]
Distribución e hábitat
[editar | editar a fonte]Cladorhynchus leucocephalus atópase xeralmente no sur de Australia. En Australia Occidental, encótrase predominantemente na esquina suroeste, aínda que pode estar bastane máis ao norte. Rexistrouse tamén no sueste de Australia Meridional, en Victoria, e en Nova Gales do Sur. Menos frecuente, tamén se atopa no sur de Queensland e no Territorio do Norte. En 1981 rexistrouse como vagamundo en Tasmania.[8]
Bioloxía
[editar | editar a fonte]Comportamento
[editar | editar a fonte]Cladorhynchus leucocephalus é unha especie gregaria. As aves encóntranse case sempre en grupos, desde poucos individuos até enormes bandadas de decenas de miles.[8]
Alimentación
[editar | editar a fonte]Os espécimes de Cladorhynchus leucocephalus aliméntans camiñando ou nadando en augas pouco profundas, picoteando, sondeando e buscando na auga ou na lama.[8] A maior parte da súa dieta está formada por pequenos crustáceos, incluíndo branquiópodos, ostrácodos, notostráceos como Artemia salina e especies do xénero Parartemia, e isópodos. Tamén comen moluscos, incluíndo tanto gasterópodos como o caracol terrestre Salinator fragilis e especies do xénero Coxiella, asó como bivalvos do xénero Sphaericum, insectos, moscas e formigas voadoras, que recollen da superficie da auga, e plantas como Ruppia sp. Tamén se informou de que comen peixes pequenos como Craterocephalus sp.).[8]
Reprodución
[editar | editar a fonte]Os hábitos de reprodución desta especie foron descoñecidos até 1930, cando se descubriu unha colonia preto de Lake Grace.[11] Aínda así seguiron sendo pouco coñecidos até 2012, cando a investigadora Reece Pedler e os seus colegas conectaron dispositivos de seguimento a 21 aves para coñecer os movementos da especie. Descubriron que as aves percorren grandes distancias cara ao interior e reúnense nas masas de auga que se encheron recentemente.[12]
A maioría dos eventos de reprodución observados ocorreron en lagos salgados interiores de Australia Meridional e Australia Occidental, inmediatamente despois da entrada de auga doce. Estes eventos inícianse co recheo de lagos interiores pouco profundos despois das chuvias e a resultante explosión dun número de animais dos que se alimentan, como os camaróns do xénero Parartemia. Isto pode ocorrer en calquera época do ano.[34] Os lugares de cría atópanse xeralmente en illas baixas, de 1 a 1,5 m de altitude, ou xunto a grandes lagos,[24] sobre arxila ou grava e xeralmente con vexetación escasa ou nula.[25] Os propios niños son escavacóns no chan, de até 15 cm de ancho e 3 cm de profundidade, con ou sen algunha vexetación morta como revestimento. As aves dos chans pedregosos xeralmente recollen vexetación en lugar de escavar.[25]
As postas de ovos son de tres a catro (raramente cinco); os ovos son ovais, de cor que varía de leonada a branca marcado con manchas marróns ou negras. Poden ter 49–58 mm de longo e 35–48 mm de ancho.[25] A incubación leva de 19 a 21 días,[20] con ambos sexos compartindo tarefas. Os paxaros nais incuban durante un a seis días antes de intercambiar co outro proxenitor. Os pais case sempre cambian de incubación pola noite, xeralmente a dúas horas despois do anoitecer, presumibelmente para evitar os depredadores.[34] Nos días de calor con temperaturas superiores a 40 °C, as aves en incubación poden saír brevemente para mollar as súas postas ou ás crías para, presumiblemente, arrefriar os ovos ou as crías.[35]
As crías nacen cubertas de penuxe branco —a diferenza de calquera outra limícola— e abandonan o niño pouco despois da eclosión (nidífugos).[20] Os adultos levan aos paxaros novos á auga cando teñen dous días de idade. Unha vez na auga, comezan a alimentarse de pequenos crustáceos
Estado de conservación
[editar | editar a fonte]A Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais, tendo en conta que esta especie ten unha área de distribución moi grande e que, polo tanto, no se acerca ao limiar de vulnerábel segundo o criterio do tamaño da área de distribución, que a tendencia da poboación parece ser flutuante e, polo tanto, non se aproxima ao limiar de vulnerábel baixo o criterio de tendencia de poboación, e que o tamaño da poboación é moi grande e, polo tanto, non se aproxima ao limiar de vulnerábel segundo o criterio de tamaño da poboación, o status da especie é avaliado como LC (pouco preocupante).[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 BirdLife International (2016): Cladorhynchus leucocephalus na Lista vermella da UICN. Consultada o 25 de febreiro de 2022.
- ↑ 2,0 2,1 Cladorhynchus Gray, 1840 no BioLib.
- ↑ 3,0 3,1 Cladorhynchus G.R.Gray, 1840 no GBIF.
- ↑ 4,0 4,1 Cladorhynchus leucocephalus (Vieillot, 1816) no BioLib.
- ↑ Vieillot, Louis Jean Pierre (1816): Nouveau Dictionnaire d'Histoire Naturelle, appliquée aux arts, à l'Agriculture, à l'Écomomie rurale et domestique, à la Médecine etc. Par une société de naturalistes et d'agriculteurs. Vol. 3. Paris: Chez Deterville, p. 103.
- ↑ Marchant & Higgins 1993, p. 780.
- ↑ Ian Fraser & Jeannie Gray (2019): Australian Bird Names: Origins and Meanings. Clayton Bay, South Australia: CSIRO Publishing. ISBN 978-1-4863-1164-4.
- ↑ 8,0 8,1 8,2 8,3 8,4 8,5 8,6 8,7 Marchant & Higgins 1993.
- ↑ En latín "nome espido", pretendido nome para un taxon que non cumpre os criterios formais para o seu emprego como nome científico.
- ↑ Campbell, Woods & Leseberg 2015.
- ↑ Brewin, Rebecca (23 de outubro de 2014): [https://www.abc.net.au/local/photos/2014/10/23/4113261.htm "Unlocking the mysterious movements of the banded stilt". ABC Goldfields. Australian Broadcasting Corporation. Consultado o 2 de marzo de 2022.
- ↑ Pedler, Reece D.; Ribot, R. F. H. & Bennett, A. T. D. (2014): "Extreme nomadism in desert waterbirds: flights of the banded stilt". Biology Letters 10 (10): 20140547.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Cladorhynchus leucocephalus |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Cladorhynchus leucocephalus |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Campbell, Iain; Woods, Sam & Leseberg, Nick (2015): Birds of Australia: A Photographic Guide. Princeton, Nova Jersey: Princeton University Press. ISBN 978-0-6911-5727-6.
- Marchant, Stephen & Higgins, Peter Jeffrey, eds. (1993): Handbook of Australian, New Zealand and Antarctic Birds. Vol. 2: Raptors to Lapwings. Melbourne, Victoria: Oxford University Press. ISBN 978-0-19-553069-8.