Dahshur
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | Exipto | |||
Gobernación | Governación de Guiza | |||
Markas of Egypt (en) | Markaz al Badrashayn (en) | |||
Xeografía | ||||
Parte de | ||||
Creación | 2589 a. C. | |||
Identificador descritivo | ||||
Fuso horario | ||||
Candidato a Patrimonio da Humanidade | ||||
Data | 1 de novembro de 1994 | |||
Identificador | 191 | |||
Dahshur (árabe: دهشور) é unha poboación exipcia situada a uns 40 quilómetros ao sur de O Cairo, coñecida por ter unha gran necrópole real, situada nunha zona desértica na marxe oeste do río Nilo e varias pirámides, dúas das máis antigas, máis grandes e mellor conservadas en Exipto.
Restos arqueolóxicos
A Pirámide acodada e a Pirámide Vermella construíronse durante o reinado do faraón do Reino Antigo Snefru, o pai de Khufu. A forma orixinal da Pirámide acodada é extraordinaria e representa unha forma piramidal de transición, mentres que a Pirámide Vermella é a primeira pirámide clásica ou de caras triangulares do mundo.
Dahshur foi a necrópole real de Exipto durante o reinado de Amenemhat II, faraón da XII dinastía. A pirámide de Amenemhat II deteriorouse un pouco, pero nas súas proximidades atopáronse varias tumbas non saqueadas de damas reais, que aínda contiñan moitas xoias.
O pirámide de Sesostris III formaba parte dun enorme complexo con varios prámides menores para damas reais e un templo, ao sur da pirámide. Nunha tumba, á beira da rúa da pirámide, atopáronse os tesouros das "fillas do faraón".
A Pirámide negra data do reinado do faraón posterior Amenemhat III, aínda que nun estado moi deteriorado aínda é o monumento máis impoñente na área tras as dúas pirámides de Seneferu. O brillante pramidón feito de granito que coroaba a Pirámide negra exponse no salón principal do Museo do Cairo.
Xunto da pirámide se atopou a tumba, en parte expoliada, do faraón Hor da XIII dinastía e adxacente a da súa posible filla Nubhetepti-Jered. Hai outras pirámides da décimo terceira dinastía en Dahshur, pero só excavouse a de Ameny Qemau.
No arredores das pirámides de Dahshur atopáronse extensos cemiterios de funcionarios do Imperio Antigo e Imperio Medio.
Patrimonio da Humanidade
En 1979, o conxunto de Menfis a súa necrópole e os campos de pirámides de Gizeh, Abusir, Saqqara e Dahshur) declarouse Patrimonio da Humanidade da UNESCO co nome Memphis e a súa necrópole - Zonas das pirámides de Giza a Dahshur. Está clasificado como cultural (criterios I, III, VI) co número de identificación 86 [1].
Galería
-
Pirámide Acodada de Seneferu.
-
Pirámide Acodada de Seneferu.
-
Pirámide Vermella de Seneferu.
-
Pirámide Vermella de Seneferu.
-
Pirámide de Amenemhat II.
-
Pirámide de Sesostris III.
-
Pirámide Negra de Amenemhat III.
-
Pirámide Negra de Amenemhat III.
Véxase tamén
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Dahshur |