Saltar ao contido

Requena

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 12 de decembro de 2023 ás 09:30 por Estevoaei (conversa | contribucións) ({{Xeografía política}})
Modelo:Xeografía políticaRequena
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 39°29′19″N 1°06′08″O / 39.4885, -1.1023
EstadoEspaña
Comunidade autónomaComunidade Valenciana
Provinciaprovincia de Valencia
Comarca da Comunidade ValencianaPlana d'Utiel Editar o valor en Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación20.387 (2023) Editar o valor en Wikidata (25,04 hab./km²)
Lingua oficiallingua castelá (lingua predominante) Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Superficie814,2 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude692 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Santo padrónNicolao de Mira Editar o valor en Wikidata
Organización política
• Alcaldesa Editar o valor en WikidataRocío Cortés (2023–) Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal46340 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Código INE46213 Editar o valor en Wikidata
Código ARGOS de concellos46213 Editar o valor en Wikidata

Páxina webrequena.es Editar o valor en Wikidata

Requena é un concello da Comunidade Valenciana, situado no interior da provincia de Valencia, na comarca de Requena-Utiel. En 2010 tiña unha poboación de 21.448 habitantes.

Xeografía

Está situada entre a meseta castelán-manchega e o Mediterráneo do que tan só a separan 67 km. É un territorio formado por unha meseta de invernos fríos e veráns calorosos, de bos recursos hidráulicos e de grandes belezas e contrastes. Atópase situada na zona máis occidental da provincia de Valencia, onde o río Cabriel limítaa polo oeste e sur con profundas gargantas; polo leste e norte, a Serra de Juan Navarro e o Pico do Tezo (1.250 m.) sepárana das serranías do Turia.

Historia

Os primeiros restos arqueolóxicos que indican os primeiros indicios de poboación e orixe da cidade datan do século VII aC. Tamén existen restos da época romana.

A cidade entrou a formar parte dos reinos musulmáns sendo coñecida como Rakka'na, cuxo significado é "A forte". Do ano 1021 en diante convértese na cidade fortificada que marca a divisoria entre os reinos de Valencia e de Toledo. Fernando III o Santo reconquista Requena moi posiblemente no ano 1238.

En 1707 Filipe V concédelle o título de Vila e en 1836 recibe o título de Cidade de mans de Isabel II.

Demografía

O concello de Requena ten 21.448 habitantes (INE 2010).

Evolución demográfica de Requena
1857 1887 1900 1910 1920 1930 1940 1950 1960 1970 1981 1991 2000 2005 2006 2007 2008 2009
12.029 14.457 16.236 17.658 18.818 17.650 19.422 20.253 18.933 17.840 18.152 17.014 19.092 20.046 20.216 20.440 20.807 21.278
Evolución temporal da poboación de Requena (anos 1699 a 2009).

Economía

Durante o século XX creceron os cultivos de vide na cidade, sendo esta a súa maior actividade económica. Actualmente, cunhas 18.000 hectáreas de cultivos é un dos concellos de España con maior produción vinícola. Forma parte da Denominación de Orixe Utiel-Requena, que abarca outros concellos da zona, como Utiel.

Cidades irmandadas

Galería de imaxes

Véxase tamén

Ligazóns externas