Saltar ao contido

Lóxica combinatoria

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 30 de novembro de 2023 ás 13:34 por Breobot (conversa | contribucións) (Reemplazos con Replacer: «basease»)
(dif) ← Revisión máis antiga | Revisión actual (dif) | Revisión máis nova → (dif)

A lóxica combinatoria é unha notación introducida por Moses Schönfinkel e Haskell Curry para eliminar a necesidade de variables na lóxica matemática. Máis recentemente usouse na ciencia informática como un modelo teórico de computación e tamén como a base para o deseño de linguaxes de programación funcionais. Baséase en combinadores, funcións de orde superior que utilizan unicamente a aplicación de funcións e eventualmente doutros combinadores para definir un resultado a partir dos seus argumentos.

A lóxica combinatoria pode ser vista como unha variedade do cálculo lambda nas que as expresións lambda son substituídas por un limitado número de combinadores. O exemplo máis simple de combinador é I

(I x) = x