Saltar ao contido

Cottbus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 27 de novembro de 2023 ás 13:14 por Breogan2008 (conversa | contribucións)
(dif) ← Revisión máis antiga | Revisión actual (dif) | Revisión máis nova → (dif)
Modelo:Xeografía políticaCottbus
Cottbus (de)
Chóśebuz (dsb) Editar o valor en Wikidata
Vista aérea
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 51°45′39″N 14°19′55″L / 51.76081, 14.33186
EstadoAlemaña
Estado federadoBrandeburgo Editar o valor en Wikidata
Capital de
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación99.515 (2022) Editar o valor en Wikidata (600,83 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie165,63 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porRío Spree Editar o valor en Wikidata
Altitude76 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Xefe do gobernoFrank Szymanski (pt) Traducir (–2014)
Holger Kelch (pt) Traducir (2014–2022)
Tobias Schick (pt) Traducir (2022–) Editar o valor en Wikidata
Membro de
Identificador descritivo
Código postal03042, 03044, 03046, 03048, 03050, 03051, 03052, 03053, 03054 e 03055 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico0355 Editar o valor en Wikidata
Código NUTSDE402 Editar o valor en Wikidata
Número de municipio alemán12052000 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con
Nuneaton (pt) Traducir
Montreuil (pt) Traducir (1959–)
Grosseto (pt) Traducir (1967–)
Lipetsk (pt) Traducir (1974–)
Targovishte (pt) Traducir (1975–)
Košice (1978–)
Saarbrücken (1987–)
Gelsenkirchen (1987–)
Zielona Góra (pt) Traducir (1992–)
Nuneaton and Bedworth (en) Traducir (1999–) Editar o valor en Wikidata

Páxina webcottbus.de Editar o valor en Wikidata
Facebook: Cottbus.de Twitter: Stadt_Cottbus Instagram: stadt_cottbus Editar o valor en Wikidata

Cottbus en alemán e Chóśebuz en baixo sorabo, oficialmente Cottbus/Chóśebuz[1] é unha cidade no leste de Alemaña. É, despois da capital estatal Potsdam, a segunda cidade maior de Brandeburgo. Xunto á cidade de Brandeburgo, Frankfurt do Oder e Potsdam, é un do catro centros administrativos (Oberzentrum) do Estado federal de Brandeburgo e ten o status de cidade libre (Kreisfreie Stadt).

Idade Media

[editar | editar a fonte]

O asentamento estableceuse no século X, cando os sorbios erixiron un castelo nunha illa areosa no río Spree. A primeIra mención rexistrada do nome foi en 1156. As fontes históricas sinalan que Cottbus puido obter os dereitos de cidade nalgún momento comprendido entre 1216 e 1225.[2] No século XIII os colonos alemáns da Ostsiedlung chegaron á cidade e viviron xunta os sorbios. No século XV Cottbus era coñecido pola lan e os tecidos que se exportaban a todo Brandeburgo, Bohemia e Saxonia.

Idade Moderna

[editar | editar a fonte]

En 1514 Jan Rak fundou a Universitas Serborum na cidade. En 1701 comezou a formar parte do Reino de Prusia. Tamén foi gobernada por Saxonia entre 1807 e 1813 e en 1871 pasou a ser parte do Imperio alemán.

Século XX

[editar | editar a fonte]

Segundo o censo prusiano de 1905, a cidade de Cottbus, daquela de menor extensión, tiña unha poboación de 46.270 habitantes, dos cales o 97% eran alemáns, o 2% sorbios e o 1% polacos.[3]

Na Alemaña de entreguerras, a cidade foi o lugar dun campo de concentración para inmigrantes xudeus non desexados da Europa Oriental.


En Cottbus naceu Paul Winzer, oficial nazi que durante a guerra civil española foi xefe da Gestapo en España e supervisou o campo de concentración de Miranda de Ebro,[4] que fora construído polos sublevados a imaxe dos campos alemáns.[5] Algúns autores sinalan a Winzer como un dos deseñadores da estrutura do campo,[5] mentres que outros o sinalan como o deseñador de todo o sistema de campos de concentración franquistas.[6]


Durante a segunda guerra mundial, o 15 de febreiro de 1945 a cidade foi destruída en boa medida tras o ataque de 459 bombardeos estadounidenses Boeing B-17. Despois o territorio foi ocupado polo exército Vermello e pouco despois pasou a integrar a República Democrática Alemá (RDA) até a reunificación alemá en 1990. Durante a época da RDA foi capital do distrito homónimo.

Heinz Chez, nado en Cottbus, foi o último executado con garrote vil en España, xunto a Salvador Puig Antich, en 1974.

Desde 1976, Cottbus ten a categoría de Cidade Grande ao alcanzar máis de 100000 habitantes, perfilándose como centro administrativo, científico e de servizos.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

A cidade atópase nunha zona tépeda, a 75 m sobre o nivel do mar. As súas coordenadas xeográficas son 51°46'N e 14°20'E.

A temperatura media anual rolda os 8,9 graos Celsius. O mes máis caloroso é xullo con 18'4 °C. O mes máis frío é xaneiro, con -0,8 °C de temperatura media. A diferenza entre as temperaturas máxima e mínima, coñecida como amplitude, oscila pois uns 19,2 °C.

A precipitación media anual é de 565 milímetros. A maior parte das choivas prodúcense en agosto con 69 milímetros de media; febreiro é o mes coa menor cantidade de choiva cunha media de 30 milímetros. Prodúcense precipitacións durante todo o ano, pero son máis intensas no verán. Por iso o clima é húmido durante todo o ano, polo que pode afirmarse que en Cottbus non hai tempada seca nin tempada de choivas.

Economía

[editar | editar a fonte]

Cottbus do mesmo xeito que a maior parte das cidades da ex RDA viviu unha difícil progresión económica desde a reunificación; aínda que a situación mellorou globalmente, algúns indicadores relativos eran máis favorábeis antes da década de 1990.[7] A rexión ostenta historicamente, desde hai séculos até a actualidade, un dos niveis de riqueza máis baixos de Alemaña, a pesar das subvencións do goberno federal e da Unión Europea (UE).

Cultura e educación

[editar | editar a fonte]
Gymnasium baixo sorabo de Cottbus
Biblioteca da Universidade Tecnolóxica de Brandenburgo

Cultura soraba

[editar | editar a fonte]

Cottbus é o centro cultural da minoría baixo-soraba. Moitos letreiros da cidade son bilingües, e hai un Gymnasium (escola) e un barrio sorabo, pero a lingua soraba raramente se fala nas rúas.

Edificios relevantes

[editar | editar a fonte]

En Cottbus está o famoso Parque Branitz, creado polo príncipe Hermann von Pückler-Muskau en 1845. O Schloss Branitz (castelo de Branitz) foi reconstruído por Gottfried Semper nun estilo barroco tardío entre 1846 e 1852, en cuxos xardíns puxeron dúas pirámides; unha delas, a Seepyramide, está no medio dun lago artificial e serve de mausoleo.[8]

Cottbus tamén alberga a Universidade Tecnolóxica de Brandenburgo (BTU) e o Max-Steenbeck-Gymnasium orientado ás matemáticas e á ciencia, que recibe o nome do físico Max Steenbeck.

Anualmente Cottbus acolle o Festival Internacional de Cine de Europa Oriental.

Cottbus ten un equipo de fútbol, o Energie Cottbus, que xoga na Regionalliga Nordost na tempada 2021–2022. Os seus partidos na casa xóganse no Stadion der Freundschaft.

Cidades irmandadas

[editar | editar a fonte]
  1. "Hauptsatzung der kreisfreien Stadt Cottbus/Chóśebuz". cottbus.de. 
  2. Heinrich Gottfried Gengler (1863). Regesten und Urkunden zur Verfassungs-und Rechtsgeschichte der deutschen Städte im Mittelalter. Erlangen, pp. 658–661
  3. "Sprachliche Minderheiten im preussischen Staat 1815-1914 : die preussische Sprachenstatistik in Bearbeitung und Kommentar / Leszek Belzyt. - Collections Search - United States Holocaust Memorial Museum". collections.ushmm.org. Consultado o 2022-04-04. 
  4. Gómez 2008, p. 61.
  5. 5,0 5,1 Egido 2005, p. 131.
  6. Rodrigo 2008, p. 228n.
  7. octubre, Bitacora de (2017-11-18). "Las dos Alemanias en cifras" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 25 de agosto de 2021. Consultado o 2022-04-04. 
  8. Udo Lauer, Fürst Pücklers Traumpark, Ullstein Verlag, 1996, Berlín

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
  • Energie Cottbus, equipo de fútbol da cidade.