Saltar ao contido

Tipo lítico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 17 de novembro de 2023 ás 18:13 por O Breixo (conversa | contribucións) (engado a Categoría:Industria lítica mediante HotCat)
(dif) ← Revisión máis antiga | Revisión actual (dif) | Revisión máis nova → (dif)

Un tipo lítico é unha peza labrada en pedra que axunta un conxunto de trazos característicos que definen un modelo ou patrón de artefacto de pedra e que se repite dentro da industria lítica prehistórica. A definición dos trazos pode facerse seguindo criterios morfolóxicos, tecnolóxicos ou funcionais. Un tipo pode ser o exemplar ideal de artefacto, o que reúna todos os caracteres esenciais dos demais individuos de igual natureza, pero tamén pode ser un patrón característico, non perfecto pero si un exemplar medio.

A clasificación dos diferentes tipos líticos faise mediante a disciplina coñecida como tipoloxía lítica.