Igrexa Memorial Kaiser Wilhelm
Igrexa Memorial Kaiser Wilhelm | |
---|---|
País | Alemaña |
Localización | Charlottenburg-Wilmersdorf |
Coordenadas | 52°30′17″N 13°20′07″L / 52.504722222222, 13.335277777778 |
Diocese | Evangelical Church in Berlin, Brandenburg and Silesian Upper Lusatia |
Estilo | Neorrománico e Estilo Internacional |
Páxina web | http://www.gedaechtniskirche-berlin.de/ |
[ editar datos en Wikidata ] |
A igrexa evanxélica luterana Kaiser-Wilhelm-Gedächtniskirche (igrexa en lembranza do emperador Guillerme), coloquialmente coñecida como Gedächtniskirche (igrexa da lembranza), atópase na praza Breitscheidplatz, xunto á avenida de Kurfürstendamm en Charlottenburgo-Berlín (preto do lado suroccidental do Tiergarten).
Despois de ser esnaquizada durante a segunda guerra mundial, conservouse en estado de ruína como memorial.[1] Os restos da igrexa están clasificados como monumento protexido.
Historia
[editar | editar a fonte]O emperador Guillerme II doou a construción do monumento relixioso para honrar ao seu avó Guillerme I.
Durante a segunda guerra mundial foi bombardeada polos Aliados na Batalla de Berlín.
Arquitectura
[editar | editar a fonte]A igrexa construíuse entre 1891 e 1895 de acordo aos planos de Franz Schwechten, cun estilo arquitectónico neorrománico segundo o modelo de diversas igrexas románicas de Renania, en especial á catedral de Bonn, de estilo románico tardío, e situada en Bonn. O edificio orixinal causaba grande impresión polas súas cinco torres. A torre principal acadaba os 133 metros, sendo a máis alta da cidade. No seu interior, mosaicos de gran valor lembraban a vida e fazañas do emperador Guillerme I.
Monumento
[editar | editar a fonte]Pensouse construír dentro das ruínas da igrexa demolida polos bombardeos unha igrexa de cristal. Pero tras un concurso, elixiuse a idea do arquitecto Egon Eiermann, quen propuxo un compendio entre a ruína e unha construción moderna. Mantívose así a ruína da torre, dunha altura de 68 metros, asegurada arquitectonicamente, como monumento conmemorativo contra a guerra, rodeada por un conxunto de catro partes que se construíron entre 1951 e 1961.
As paredes das novas salas da igrexa caracterízanse por ter máis de 20.000 cristais coloreados que mergullan o interior nunha luz azulada. Á parte diso, a construción de dobre parede illa o interior do ruído do tráfico das proximidades.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "James Bond en 'Deutschland'". Deutsche Welle 23.11.2002 (en castelán). 2002. Consultado o 23/12/2007.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Igrexa Memorial Kaiser Wilhelm |