Saltar ao contido

Herbert Spencer

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 21 de decembro de 2022 ás 09:43 por Breogan2008 (conversa | contribucións)
Modelo:BiografíaHerbert Spencer

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento27 de abril de 1820 Editar o valor en Wikidata
Derby, Reino Unido (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte8 de decembro de 1903 Editar o valor en Wikidata (83 anos)
Brighton, Reino Unido Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturacemiterio de Highgate Editar o valor en Wikidata
RelixiónAgnosticismo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoBotánica Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónfilósofo, sociólogo, escritor, botánico, xornalista, antropólogo, psicólogo, economista, biólogo Editar o valor en Wikidata
EmpregadorThe Economist Editar o valor en Wikidata
Membro de
MovementoPensamento libre, positivismo e Utilitarismo Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Abreviación dun autor en botánicaSpencer Editar o valor en Wikidata
Familia
Cónxuxesen valor Editar o valor en Wikidata
PaiWilliam George Spencer Editar o valor en Wikidata
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteGrande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Спенсер Герберт)
Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1721516 WikiTree: Spencer-15990 Find a Grave: 2609 Editar o valor en Wikidata
Herbert Spencer.

Herbert Spencer, nado en Derby o 27 de abril de 1820 e finado en Brighton o 8 de decembro de 1903, foi un filósofo, psicólogo e sociólogo inglés. Fundador da filosofía evolucionista en Gran Bretaña e un dos máis ilustres positivistas do seu país.

Traxectoria

Enxeñeiro civil e de formación autodidacta, interesouse tanto pola ciencia como polas letras. En 1848 asumiu a dirección da revista The Economist, órgano do liberalismo radical da época.

Desde o punto de vista sociolóxico pode considerarse o primeiro autor en utilizar de forma sistemática os conceptos de estrutura e función. Por outra parte, concibiu a socioloxía como un instrumento dinámico ó servizo da reforma social. Adicou a súa vida a elaborar o seu sistema de filosofía evolucionista, na que considera a evolución natural como clave de toda a realidade, co que partindo da lei mecánico-materialista cabe explicar calquera nivel progresivo: a materia, o biolóxico, o psíquico, o social etc.

Nas súas lecturas coñeceu a teoría da evolución exposta a finais do século XVIII polo naturalista francés Lamarck. A súa teoría, hoxe desacreditada, sostiña que os trazos adquiridos dun organismo eran hereditarios. As teorías de Lamarck sobre a evolución influíron profundamente na obra de Spencer.

Aplicou a teoría da evolución ás manifestacións do espírito e ós problemas sociais, entre eles o da educación, coa súa obra Education : intellectual, moral, and physical (Educación: intelectual, moral, física). A súa doutrina quedou principalmente exposta no seu A system of synthetic philosophy (Sistema de filosofía sintética en 11 volumes). Da súa extensa bibliografía cabe mencionar: Social statics (1850), The principles of psychology (Principios de psicoloxía, 1855), First principles (Primeiros principios, 1862), The principles of biology (Principios de bioloxía, 1864), The classification of the sciences (A clasificación das ciencias, 1864), Descriptive sociology (A socioloxía descritiva, 1873), Principles of sociology (Principios de socioloxía, 1877-1896) e The man versus the state (O individuo contra o Estado, 1884).

O, en ocasións, extremado realismo de Spencer posuíu (polas súas semellanzas co mecanicismo) varios críticos, entre os que destacou o filósofo e psicólogo escocés Alexander Bain.

Malia que Spencer non logrou crear escola, o seu ambicioso intento de sistematizar todo o coñecemento dentro do marco da ciencia moderna e especialmente en termos da evolución, fíxoo merecedor de figurar entre os principais pensadores de finais do século XIX.

Véxase tamén

Ligazóns externas


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.