Saltar ao contido

Vuvuzela

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 3 de agosto de 2022 ás 00:32 por InternetArchiveBot (conversa | contribucións) (Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0.8.9)
(dif) ← Revisión máis antiga | Revisión actual (dif) | Revisión máis nova → (dif)
Un seareiro surafricano sopra unha vuvuzela de plástico.

A vuvuzela ou vuvucela, tamén chamada lepetata en lingua tsuana, é unha corneta de aproximadamente un metro de lonxitude, moi empregada no recintos deportivos de Suráfrica[1].

Orixinalmente estaban feitas de estaño[2] e popularizáronse en Suráfrica durante os anos 90, ata que en 2001 unha empresa comezou a comercializalas en material plástico.

A orixe do termo vuvuzela é discutido, existindo a teoría de que o termo provén do zulú "facer ruído", mentres que outra teoría sostén que deriva dun termo coloquial surafricano que significa "baño", xa que as vuvuzelas producen un "baño de son"[2].

Mundial de Fútbol Suráfrica 2010

[editar | editar a fonte]

As vuvuzelas adquiriron popularidade en todo o mundo despois da Copa das Confederacións 2009 e sobre todo no Mundial de Fútbol Suráfrica 2010, onde causaron polémica polo seu monótono zunido constante en tódolos partidos[3][4]. Numerosos comentaristas deportivos, así como adestradores e xogadores pediron a súa prohibición[5], ó que se negaron os organizadores da Copa do Mundo[6]. A propia FIFA pensara, despois da Copa das Confederacións de 2009, prohibilas[7].

Un estudo determinou que pode ocasionar serios danos ó aparato auditivo das persoas debido ó elevado nivel da intensidade do son que emite. A modo de comparación, o motor dun avión en marcha xera 120 decibelios (dB), e no momento de engalar 130 dB. Unha vuvuzela alcanza 127 dB.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]