Saltar ao contido

Manuel Martínez Randulfe

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 30 de xuño de 2022 ás 17:37 por Zaosbot (conversa | contribucións) (cabeceiras wiki con espazos/etc. sen coma (via JWB))
(dif) ← Revisión máis antiga | Revisión actual (dif) | Revisión máis nova → (dif)
Modelo:BiografíaManuel Martínez Randulfe
Biografía
Nacemento13 de xuño de 1936 Editar o valor en Wikidata (88 anos)
Ourense, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata
Familia
PaiÁngel Martínez Doval Editar o valor en Wikidata
IrmánsFernando Martínez Randulfe
Teresa Martínez Randulfe Editar o valor en Wikidata

Manuel Martínez Randulfe, nado en Ourense o 13 de xuño de 1936, é un avogado, empresario e político galego do PPdeG.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Comezou traballando como profesor no colexio Concepción Arenal de Ourense, propiedade do seu pai, Ángel Martínez Doval, antes de dedicarse á avogacía. Militante do PPdeG, figurou na candidatura dese partido ao Senado nas Xerais de 1986 pola provincia de Ourense e resultou elixido. Catro anos despois, nas Xerais de 2000 volveu a resultar escollido para a Cámara Alta.

Profesionalmente, ademais de ter un bufete de avogados na cidade de Ourense, é propietario de negocios agropecuarios, dun colexio, foi vicepresidente de Caixa Ourense e asesor da Cámara de Comercio da mesma cidade. Ademais, foi profesor de ensino medio e directivo de diversas empresas, como Castrosúa, de automoción, da que é membro do seu consello de administración.

Tamén é cónsul honorario de Bolivia en Galicia.

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Está casado e ten seis fillos. É o maior de sete irmáns, entre os que se atopan quen fora parlamentario autonómico de Esquerda Galega Fernando Martínez Randulfe e da embaixadora Teresa Martínez Randulfe.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]