Equuleus
Equuleus | |
---|---|
Nome latino | Equuleus |
Abreviatura | Equ |
Xenitivo | Equulei |
Simboloxía | O poldro |
Ascensión recta | 21 h |
Declinación | 10° |
Área | 72 graos cadrados
Rango 87º |
Número de estrelas
(magnitude < 3) |
0 |
Estrela máis brillante | α Equ (Kitalpha)
(magnitude ap. 3,92) |
Choiva de meteoros |
Ningunha |
Constelacións
lindeiras |
|
Visible en latitudes entre +90° e −80°
Mellor visibilidade ás 21:00 (9 p.m.) durante o mes de setembro | |
Equuleus ou Poldro[1] é a segunda constelación máis pequena das 88 constelacións, só superada pola Cruz do Sur. A pesar disto e de no ser das máis brillantes (ningunha das súas estrelas supera a magnitude 4), foi unha das 48 constelacións catalogadas por Tolomeo.
Mitoloxía
[editar | editar a fonte]Equuleus é asociado có poldro Celaris, quen foi irmán do cabalo alado Pegaso. Celaris foi regalado a Castor por Mercurio.
Características notables
[editar | editar a fonte]Equleuus non é unha constelación particularmente destacada. A súa estrela máis brillante é α Equulei (Kitalpha), de magnitude 3,92.
Hai poucas estrelas variables en Equuleus. Só cerca de 25 son coñecidas, a meirande parte delas son escuras. γ Equulei é unha variable Alfa2 Canum Venaticorum, cun brillo que varía entre magnitude 4,58 e 4,77 cun período de case 12½ minutos. R Equulei é unha variable Mira cun brillo que oscila entre magnitude 8,0 e 15,7 nun período de preto de 261 días.
Equuleus contén algunhas estrelas dobres de interese. γ Equulei está formada por unha estrela primaria cunha magnitude de preto de 4,7 (lixeiramente variable) e unha estrela secundaria de magnitude 11.6, separadas por 2 segundos de arco. ε Equulei está formada por catro compoñentes. As tres máis brillantes son de magnitudes 6,0, 6,3, e 7,2. δ Equulei é unha estrela binaria cunha órbita periódica de 5,7 anos, este período orbital é o máis curto dos períodos orbitais para unha estrela do tipo binaria visual que se teña datado ata o momento. A separación das dúas compoñentes do sistema nunca supera os 0,35 segundos de arco.
Estrelas
[editar | editar a fonte]- Estrelas con nome propio:
- Estrelas con designación de Bayer:
- Estrelas con designación de Flamsteed:
Táboa de estrelas
[editar | editar a fonte]Nome propio | designación de Bayer | designación de Flamsteed | Outras designacións | Ascensión recta | declinación | Magnitude aparente |
---|---|---|---|---|---|---|
Épsilon Equulei | ε | 1 | ADS 14499, Σ2737 | 20h 59m 04,4s | +04° 17′ 37″ | 5,23 |
3 | 21h 04m 34,7s | +05° 30′ 10″ | 5,61 | |||
4 | 21h 05m 26,7s | +05° 57′ 30″ | 5,94 | |||
Gamma Equulei | γ | 5 | ADS 14702AB | 21h 10m 20,5s | +10° 07′ 54″ | 4,69v |
6 | ADS 14702D | 21h 10m 31,2s | +10° 02′ 56″ | 6,07 | ||
Delta Equulei | δ | 7 | ADS 14773 | 21h 14m 28,9s | +10° 00′ 25″ | 4,49 |
Kitalpha | α | 8 | 21h 15m 49,4s | +05° 14′ 52″ | 3,92 | |
9 | 21h 21m 04,8s | +07° 21′ 16″ | 5,82 | |||
Beta Equulei | β | 10 | ADS 14920 | 21h 22m 53,6s | +06° 48′ 40″ | 5,16 |
Obxectos Notables do espazo profundo
[editar | editar a fonte]Debido a que é de tamaño pequeno e a súa distancia do plano da Vía Láctea, Equuleus non contén obxectos notables de espazo profundo. Son notables as galaxias NGC 7015, NGC 7040, NGC 7045 e NGC 7046.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Cambados Márquez, Xoaquín Evaristo. "Algunhas notas referentes ó nome galego estándar das constelacións" (PDF). Consultado o 12 de outubro de 2016.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Equuleus |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Burnham, Robert (1978). Burnham's Celestial Handbook: An observer's guide to the universe beyond the solar system, volume 2. Dover Publications, Nova York, Nova York.
- The Bright Star Catalogue, 5th revised ed.