Saltar ao contido

Labrego, labrega

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 27 de abril de 2021 ás 08:49 por Lles (conversa | contribucións) (Lles moveu a páxina "Labrego" a "Labrego, labrega": https://gl.wikipedia.org/wiki/Wikipedia:A_Taberna_(pol%C3%ADticas)#Como_facer?)
(dif) ← Revisión máis antiga | Revisión actual (dif) | Revisión máis nova → (dif)
Des glaneuses (Jean-François Millet, 1857)

Un labrego ou unha labrega,[1] ou campesiño ou campesiña, é unha persoa que ten como oficio traballar as terras. O labrego tradicionalmente é definido en socioloxía como o membro dunha comunidade nunha sociedade agraria ou rural. Cando o labrego se atopa illado en grandes propiedades do seu dominio, ou manexa a súa produción cunha considerable orientación comercial, transfórmase nun granxeiro.

Os labregos teñen os coñecementos que lles deu a xestión do medio de produción, a terra, e a experiencia acumulada, con éxitos e fracasos, ó longo de xeracións.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para labrego.