Saltar ao contido

Francois Pienaar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 6 de xuño de 2019 ás 07:37 por InternetArchiveBot (conversa | contribucións) (Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta15))
(dif) ← Revisión máis antiga | Revisión actual (dif) | Revisión máis nova → (dif)
Modelo:BiografíaFrancois Pienaar

(2017) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(af) Jacobus François Pienaar Editar o valor en Wikidata
2 de xaneiro de 1967 Editar o valor en Wikidata (57 anos)
Vereeniging, Suráfrica (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónRand Afrikaans University (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altura191 cm Editar o valor en Wikidata
Peso108 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónxogador de rugby Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1989 Editar o valor en Wikidata - 2000 Editar o valor en Wikidata
Deporterugby a 15 Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoTerceira liña Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
Barbarian FC
1989–1996   Golden Lions
1993–1996 Selección de rugby de Suráfrica (15)
1996–2000 Saracens F.C.
Premios

Francois Pienaar, nado o 2 de xaneiro de 1967 en Vereeniging (Suráfrica), é un xogador de rugby retirado, que xogaba na posición de 3ª liña. En 1995 acadou a vitoria na Copa do Mundo de Rugby como capitán da Selección de rugby de Suráfrica. En 2005 foi incluído no International Rugby Hall of Fame.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Entre 1989 e 1996 defendeu as cores de Transvaal na Currie Cup, acadando os campionatos de 1993 e 1994. En 1996 deixou Suráfrica e marchou a xogar á Premiership inglesa no equipo dos Saracens, conxunto co cal xogou ata o ano 2000, acadando un título na Tetley's Bitter Cup en 1998, ano no que tamén foi subcampión da Premiership.

Como xogador internacional, debutou en 1993 cos Springboks, e xogou o seu último encontro en 1996. Disputou 29 encontros coa súa selección, todos eles como capitán, sendo memorable a súa participación no Mundial de 1995. Na final recibiu o trofeo Webb Ellis de mans de Nelson Mandela, nun simbólico acto que representaba a unidade nacional entre brancos e negros na Suráfrica post Apartheid.

Actualmente adícase a comentar encontros de rugby nas retransmisións da canle deportiva inglesa ITV Sport.

Equipos Tempadas Títulos
Transvaal 1989 - 1995 2 Currie Cup (1993, 1994)
Saracens 1996 - 2000 1 Tetley's Bitter Cup (1998)
Springboks 1993 - 1996 1 Mundial (1995)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]