Saltar ao contido

Policleto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 2 de decembro de 2018 ás 01:34 por MAGHOI (conversa | contribucións) (arranxiños)
(dif) ← Revisión máis antiga | Revisión actual (dif) | Revisión máis nova → (dif)
Modelo:BiografíaPolicleto
Nome orixinal(grc) Πολύκλειτος Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacementoc. 490 a. C. Editar o valor en Wikidata
Argos, Grecia Editar o valor en Wikidata
Mortec. 420 a. C. Editar o valor en Wikidata (69/70 anos)
Actividade
Ocupaciónescultor Editar o valor en Wikidata
Período de tempoAntigüidade clásica Editar o valor en Wikidata
AlumnosAristides (pt) Traducir e Athenodorus of Kleitor (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables

Descrito pola fonteEnciclopedia de Otto
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata

Policleto de Argos, (en grego antigo Πολύκλειτος / Polýkleitos), tamén chamado Policleto, o vello para diferencialo de Policleto, o novo, nado no século V a.C. en Argos ou Sición, foi un dos máximos escultores gregos do período clásico, contemporáneo de Fidias e Mirón, moi recoñecido polos seus traballos en bronce.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Foi autor dun tratado, coñecido como Canon, no cal teorizou sobre as proporcións e as relacións numéricas ideais do corpo humano. O tratado perdeuse así como as súas obras esculpidas, mais a súa teoría e as realizacións artísticas sonnos coñecidas a través das copias romanas das súas estatuas, que testemuñan aínda a fama e a fortuna que tiveran entre os antigos.

Entre as estatuas de bronce executadas por Policleto as máis famosas son o Diadumeno (circa 430 a.C.), a Amazona ferida (circa 435 a.C.), a estatua crisoelefantina de Hera (circa 420 a.C.), e sobre todo o Doríforo (circa 450 a.C.). Nesta obra e claramente apreciábel o canon que inventou, en canto a altura da cabeza do suxeito é 1/7 da altura total do corpo.

O seu discípulo máis famoso foi Lisipo.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]