Saltar ao contido

Culto ós devanceiros

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 9 de marzo de 2018 ás 18:13 por Alfonso Márquez (conversa | contribucións) (Arranxiño)
(dif) ← Revisión máis antiga | Revisión actual (dif) | Revisión máis nova → (dif)
Cemiterio de Goiriz, Vilalba.

O culto ós devanceiros é unha práctica de respecto e veneración ós antepasados mortos. Nalgunhas culturas, está relacionado coa crenza de que os mortos teñen unha existencia continua, e algúns posúen a habilidade de influír no porvir dos vivos. Algunhas sociedades veneran ós seus antepasados familiares directos, e algunhas comunidades relixiosas, en particular a Igrexa católica, veneran ós santos como intercesores de Deus e ás almas que parten ó purgatorio.

En moitas culturas de Europa, Asia, Oceanía e África, o obxectivo da veneración é asegurar a existencia dos devanceiros e a súa boa disposición cara ós vivos, e ás veces, pedir polo seu favor ou axuda. A función social e non relixiosa do culto ós devanceiros é cultivar os valores de parentesco, como a piedade filial, a lealdade familiar e a continuación da liñaxe familiar. O culto ós devanceiros é corrente en toda clase de sociedades, con diferentes graos de complexidade política, social e tecnolóxica, e é un destacado compoñente de moitas prácticas relixiosas.