Saltar ao contido

Panxón, Nigrán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 22 de febreiro de 2013 ás 15:47 por Prevert (conversa | contribucións) (poboación 2011; fonte: IGE; -cat. ocultas)


Panxón
San Xoán de Panxón, Templo Votivo do Mar.
ConcelloNigrán
Coordenadas42°08′32″N 8°49′29″O / 42.14224564, -8.82483364{{#coordinates:}}: Non pode haber máis dunha etiqueta primaria por páxina
Área- km²
Poboación3.901 hab. (2011)
DensidadeErro de expresión: Operador "round" inesperado. hab./km²
Entidades de poboación29
editar datos en Wikidata ]

San Xoán de Panxón é unha parroquia do concello de Nigrán, pertencente á comarca do Val Miñor. Panxón é unha parroquia de tradición mariñeira, cun porto propio dependente da Xunta de Galicia. Segundo o IGE en 2011 tiña 3.901 habitantes (1.946 homes e 1.955 mulleres).

Turismo

Monumento á mariña universal.

Entre o seu patrimonio arquitectónico destaca o Templo Votivo do Mar, igrexa deseñada polo arquitecto galego Antonio Palacios.

Na noite de San Xoán organízanse fogueiras na praia América, que reúnen moita xente ao redor do lume. Panxón conta con fermosas praias como as de Panxón, Madorra e Patos. Así como recónditos pequenos areais nos acantilados de Monteferro.[1]

A praia de Panxón abrangue todo o antigo paseo marítimo dirección Monte Lourido en Praia América. Na zona comprendida entre o final do paseo marítimo e a desembocadura do río Muiños está a praia de Canido, nas desaparecidas Dunas de Gaifar. O seguinte tramo de praia dende o río ate Monte Lourido sería Praia América. É un areal de cerca de 2,5 km de area fina, bordeado por tramos de paseo de madeira de formigón, que vai enlazar co paseo marítimo de Ramallosa, bordeando a costa por Monte Lourido. Outro dos areais que ten Panxón é o da Madorra, que se atopa en dirección a Praia de Patos, xusto no istmo da península de Monteferro. Por último, está a praia de Patos. Esta praia está moi frecuentada por afeccionados e seguidores do mundo do surf, grazas ás súas ondas provocadas pola súa orientación cara mar aberto.

A Panxón pertencen os lugares de Patos, O Quinteiro, A Porqueira, Monteferro, O Caranquexo, A Madorra, Sancho.

Economía

Actualmente a súa vida está fortemente marcada pola actividade hostaleira ó redor do turismo. A pesca de baixura, restaurantes e inmobiliarias son os principais negocios que nel se asentan.

Patrimonio

En canto ao patrimonio destacan os restos da igrexa visigótica e o camposanto visigótico. Xusto ao lado érguese o Templo Votivo do Mar ambos situados moi preto do núcleo de poboación. Este último é ademais a igrexa da parroquia de San Xoán e foi proxectado polo arquitecto Antonio Palacios.

No Monteferro érguese un monumento á mariña universal, inaugurado en 1924 por José Antonio Primo de Rivera, ten unha gran figura da Virxe do Carme e o neno Xesús sobre a inscrición "SALVE REGINA MARIUM" e tres grandes placas de mármore.

"SE ELEVÓ ESTE MONUMENTO A LA MARINA UNIVERSAL
PARA QUE LOS NAVEGANTES, AL DIVISARLA SIENTAN
LA EMOCIÓN DE VERSE SALUDADOS POR ESPAÑA.
QUE DESDE ESTE GRANITO EMANEN PERPETUAMENTE
EFLUVIOS DE AMOR QUE CONFORTEN A LOS SOLITARIOS
VIAJEROS DE LA ESPLENDIDA LLANURA DEL ATLANTICO"

Nunha glorieta no centro de Panxón está situada a áncora do petroleiro noruegués Polycomander, que afundiu fronte ás Illas Cíes o 5 de maio de 1970. O barco, que tiña só cinco anos de servizo, estaba baixo o mando do capitán Alf. Strom-Olsen.

Eran las 04,20 horas de la madrugada del 5 de mayo de 1970 cuando sucedió el percance, entrara el barco de arribada al puerto de Vigo, para desembarcar a una camarera enferma, cuando encalló e inmediatamente comenzó a perder crudo por una enorme abertura en su costado... La llamarada en tromba, la humareda del carburante, el crudo derramado sobre el mar constituyeron el dramático espectáculo que podía ser observado desde cualquier punto de la ría de Vigo...

Natureza e deporte

En Panxón están as praias de praia de Panxón, da Madorra, de Patos e das Canas (ou do Caranquexo). Ademais hai pequenas calas con area, especialmente entre as rochas de Monteferro, onde hai unha zona forestal en mancomún, que ten o interese de se atopar á beira do mar; e en fronte atópanse as illas Estelas, dúas pequenas illas moi preto da costa.

Praia de Panxón.

A actividade deportiva en Panxón está moi ligada ao mar, no club náutico é posíbel aprender windsurf, vela e outras modalidades de deportes mariños. O submarinismo patícase ao longo da súa costa, principalmente en Monteferro, pero tamén entre as rochas diante da praia de Patos. Nesta mesma praia pódese ver ao longo de todo o ano, pero especialmente no inverno, incluso o día de aninovo, a moita xente nova practicando o surf enriba das fortes ondas que a mollan. Ademais en Panxón está o pavillón polideportivo de Nigrán, onde se pode practicar fútbol sala, baloncesto, voleibol, etc.

Galería de imaxes

Lugares e parroquias

Lugares de Panxón

Lugares da parroquia de Panxón no concello de Nigrán (Pontevedra)

A Area Alta | A Barcalleira | A Bouza Vella | A Calzada | A Carballesa | O Carballo da Palma | O Carregal | As Dunas | O Formigón | Gaifar | A Madorra | O Mallón | Monteferro | Paraviñaval | Patos | A Porqueira | Portocelo | A Praia | O Quinteiro | A Rabadeira | O Rial | O Río do Forno | San Xoán | Sancho | O Seixo | A Touza | O Tripeiro | A Veiga da Arca | Xermaña

Parroquias de Nigrán

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Nigrán

Camos (Santa Baia) | Chandebrito (San Xosé) | Nigrán (San Fiz) | Panxón (San Xoán) | Parada (Santiago) | Priegue (San Mamede) | A Ramallosa (San Pedro)

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas