Saltar ao contido

República

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 28 de xullo de 2012 ás 20:39 por JAnDbot (conversa | contribucións) (r2.7.2) (Bot: Modifico: ja:共和国)

A República é unha forma de goberno na cal o Xefe de Estado, normalmente chamado presidente, é escollido polo pobo mediante elección, para exercer a xefatura por un período determinado. A orixe da palabra é latina, Res publica (= cousa pública).

Dúas son as diferenzas da República e a Monarquía:

  1. mudanza periódica da xefatura do estado, a través da escolla popular na República, que se contrapón á Monarquía porque o exercicio da xefatura é por tempo indeterminado (ata o falecemento do xefe de estado ou ata que renuncie)
  2. escolla directa do Xefe de Estado, xa que na Monarquía o rei herda a xefatura por liña sucesoria ou por elección pontificia (no caso do Vaticano)

O sistema de goberno nunha república pode ser:

  • Parlamentarismo - cando a xefatura do goberno é exercida por un primeiro ministro. Así, o xefe de estado ten, moitas das veces, só unha función cerimonial, a de disolver o Parlamento e convocar novas eleccións lexislativas cando hai crises.
  • Presidencialismo - cando o presidente da república acumula tamén as funcións de xefe de goberno, é dicir, sanciona leis e nomea os demais ministros.

A orixe da República está na Roma clásica, cando xurdiron institucións como o Senado. Pasou a ser máis difundida a partir do século XVIII, despois da independencia dos Estados Unidos, que adoptaron a forma republicana de goberno, modelo seguido despois polas novas nacións xurdidas, no século XIX, da independencia da América española (México, Arxentina, Perú, etc). Na Europa a difusión do modelo republicano iniciouse coa Revolución Francesa en 1789, en oposición ao absolutismo monárquico da maioría dos países da época. Como exemplo de países europeos que substituíran a monarquía pola república, temos Francia, Portugal, Italia, Austria, Polonia... No século XX, a maioría das antigas colonias europeas que se tornaron países independentes en Asia, África e América adoptaron a república, converténdoa a forma de goberno mais adoptada actualmente.

España tamén tentou adoptar a república, a primeira foi en 1873, a segunda e última, na década de 1930. Pero os moitos conflitos ideolóxicos entre os propios partidarios da mesma, tamén cos anarquistas, e entre republicanos, anarquistas e monarquistas, deron como resultado a Guerra Civil Española. (ver texto específico). O saldo do conflito foi a manutención da monarquía como forma de goberno en España.

Véxase tamén

Outros artigos