Lupita Nyong'o
Aparencia
Lupita Amondi Nyong'o, nada na Cidade de México o 1 de marzo de 1983 é unha actriz kenyana-mexicana.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu na Cidade de México, filla dun político e profesor universitario kenyano. Marchou de volta a Nairobi coa súa familia antes de cumprir un ano.
Creceu rodeada de artistas e fixo o seu debut teatral aos catorce anos. Tras estudar na universidade de Hampshire, nos Estados Unidos traballou no equipo técnico de filmes coma The Constant Gardener, de Fernando Meirelles.
Tras participar como actriz nalgunhas curtametraxes e series de televisión, debutou na longametraxe 12 anos de escravitude, coa que gañou o Oscar á mellor actriz secundaria.
Filmografía
[editar | editar a fonte]Ano | Título | Papel | Notas |
---|---|---|---|
2008 | East River | F | Curtametraxe |
2013 | 12 anos de escravitude | Patsey | |
2014 | Non-Stop | Gwen Lloyd | |
2015 | Star Wars: The Force Awakens | Maz Kanata | |
2016 | The Jungle Book | Raksha (voz) | |
Queen of Katwe | Nakku Harriet | ||
2017 | Star Wars: The Last Jedi | Maz Kanata | Cameo |
2018 | Black Panther | Nakia | |
2019 | Little Monsters | Miss Caroline | |
Us | Adelaide Wilson / Red | ||
Star Wars: The Rise of Skywalker | Maz Kanata |
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Lupita Nyong'o |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Lupita Nyong'o na IMDb (en inglés).