Saltar ao contido

Clarice E. Phelps

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaClarice E. Phelps

(2017) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1981 Editar o valor en Wikidata (42/43 anos)
EducaciónUniversidade de Texas en Austin (2016–2019)
Universidade do Tennessee (pt) Traducir (2012–2014)
Tennessee State University (pt) Traducir - química (1999–2003) Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónquímica, enxeñeira Editar o valor en Wikidata
EmpregadorLaboratório Nacional de Oak Ridge (pt) Traducir, directora de programa (2013–)
Armada dos Estados Unidos de América (2004–2008) Editar o valor en Wikidata
Membro de
Obra
Obras destacables

Twitter: claricephelps39 LinkedIn: clarice-phelps-379a8b13 Editar o valor en Wikidata

Clarice E. Phelps, de solteira Salone, é unha química nuclear afroamericana do Laboratorio Nacional de Oak Ridge (ORNL), que estivo implicada no programa nuclear da Mariña dos Estados Unidos. Forma parte do equipo que descubriu o elemento 117, o Ténnesso,[1] sendo a primeira muller afroamericana que contribuíu ao descubrimento dun elemento da Taboa Periódica.[2] Traballa como xefa de proxectos para o uso industrial de isótopos e como investigadora no campo dos elementos radioactivos transuránicos como o plutonio 238 e o californio 252 .

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Clarice E. Phelps obtivo unha licenciatura en Química pola Universidade Estatal de Tennessee.[3] Tamén participa no Tennessee Aquatic Project and Development Group, unha organización non gobernamental para o desenvolvemento da mocidade.[4][5]

Mariña dos Estados Unidos

[editar | editar a fonte]

Clarice Phelps traballa no Programa Nuclear da Mariña dos Estados Unidos, que xestiona e mantén reactores nucleares para buques e portaavións. Pasou catro anos e medio no portaavións USS Ronald Reagan . Durante o seu servizo, estudou enerxía nuclear, teoría dos reactores e termodinámica.[6]

Laboratorio Nacional de Oak Ridge

[editar | editar a fonte]

En 2009, Phelps uniuse ao Laboratorio Nacional de Oak Ridge, onde foi xefa de proxecto na rama de ciencia e enxeñería nuclear para o programa de isótopos industriais de níquel-63 e selenio-75. Ademais da súa función como directora de proxectos, é membro do equipo de investigación e desenvolvemento do grupo de procesamento de materiais nucleares de Oak Ridge, onde traballa cos isótopos transuránicos "superpesados" que se producen pola transmutación nuclear. Tamén é membro do grupo " investigación e industria médica”, onde realiza investigacións sobre elementos como actinio, lantano, europio e samario.[6][7]

Premios e recoñecementos

[editar | editar a fonte]

En 2019, a Unión Internacional de Química Pura e Aplicada ( IUPAC) incluíu a Phelps na Táboa Periódica de Químicos Novos en recoñecemento a "o seu destacado compromiso coa investigación e o compromiso público, así como por ser unha importante defensora da diversidade".[8] Foi unha das dúas investigadoras do Laboratorio Nacional de Oak Ridge así galardoadas. Phelps está asociada nesta táboa periódica honorífica co elemento einsteinio (nótese que ela, xunto con outros, entre eles Julie Ezold, investigou a purificación do einsteinio-254) e o seu compañeiro premiado, o investigador posdoctoral Nathan Brewer, da División de Física do laboratorio Oak Ridge, está asociado co elemento tennesso.[9] A súa inclusión prodúcese tras un concurso da IUPAC e a Rede Internacional de Químicos Novos ( IYCN). No TEDxNashvilleWomen do 6 de decembro de 2019,[10] Phelps presentou a charla " How I Claimed a Seat at the Periodic Table" (Como reclamei un asento na Táboa Periódica), na que, segundo TED Talks, "desmontou o mito do xenio solitario e desafiou o elitismo institucional compartindo historias de mulleres de cor que se abren camiño na ciencia".[11]

Artigo de Wikipedia

[editar | editar a fonte]

En setembro de 2018, a física británica Jessica Wade creou un artigo na Wikipedia en inglés sobre Phelps,[12] pero este foi eliminado o 11 de febreiro de 2019.[13] O 12 de abril, The Washington Post publicou un artigo de opinión sobre, en parte, a falta de cobertura da Wikipedia en inglés dada á contribución de Phelps ao descubrimento do elemento 117. A columna, coescrita por Wade, denunciaba as discusións entre os editores voluntarios do sitio que deron lugar á eliminación do artigo sobre Phelps, segundo un artigo publicado en xullo de 2019 en Chemistry World,[14] No caso de Phelps, o seu nome non apareceu nos artigos que anunciaban o descubrimento da tennessina. Non foi perfilada polos principais medios de comunicación. A maioría das mencións do seu traballo atópanse no sitio web do seu empregador, unha fonte que non está clasificada como independente segundo os estándares de Wikipedia e, por tanto, non é admisible á hora de establecer a notabilidade. O consenso da comunidade [de Wikipedia] foi que a súa biografía tiña que desaparecer. A eliminación foi impugnada en múltiples ocasións. En xaneiro de 2020, houbo un consenso para restaurala, xa que para entón había novas fontes dispoñibles.[15]

  1. "Podcast: Scientists share what it takes to make a superheavy element". 
  2. "In Her Element: Women Behind the Discoveries of the Periodic Table". Energy.gov (en inglés). Consultado o 2021-12-18. 
  3. "Clarice Phelps: Dedicated service to science and community". 
  4. "The Tennessee Aquatic Project and Development Group" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 01 de febreiro de 2015. Consultado o 18 de decembro de 2021. 
  5. "Opinion: What a Deleted Profile Tells Us About Wikipedia’s Diversity Problem". 
  6. 6,0 6,1 "Clarice Phelps: Dedicated service to science and community". 
  7. "Clarice E Phelps". 
  8. "PT of Younger Chemists". IUPAC 100 (en inglés). Consultado o 2021-12-18. 
  9. "Two ORNL researchers featured on ‘Periodic Table of Younger Chemists’ | ORNL". www.ornl.gov. Consultado o 2021-12-18. 
  10. "TEDxNashvilleWomen | TED". www.ted.com. Consultado o 2021-12-18. 
  11. "TED: Ideas Worth Spreading". www.ted.com. Consultado o 2021-12-18. 
  12. Jarvis, Claire (2019-04-25). "A deleted Wikipedia page speaks volumes about its biggest problem". Fast Company (en inglés). Consultado o 2021-12-18. 
  13. "What a Deleted Profile Tells Us About Wikipedia's Diversity Problem". Undark Magazine (en inglés). 2019-04-25. Consultado o 2021-12-18. 
  14. Krämer2019-07-03T09:33:00+01:00, Katrina. "Female scientists’ pages keep disappearing from Wikipedia – what’s going on?". Chemistry World (en inglés). Consultado o 2021-12-18. 
  15. "Wikipedia:Deletion review/Log/2020 January 31" (en inglés). 2021-08-19.