Loviisa: Diferenzas entre revisións
Recuperando 1 fontes e etiquetando 3 como mortas. #IABot (v2.0beta8) |
|||
Liña 23: | Liña 23: | ||
|altitude = 0-40 |
|altitude = 0-40 |
||
|superficie = 845,59 |
|superficie = 845,59 |
||
|poboación = 15.491 ([[2013]])<ref> |
|poboación = 15.491 ([[2013]])<ref>{{Cita web |url=http://vrk.fi/default.aspx?docid=7675&site=3&id=0 |título=Suomen asukasluvut kuukausittain – Kunnittain aakkosjärjestyksessä |data-acceso=21 de decembro de 2013 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20130928214308/http://vrk.fi/default.aspx?docid=7675&site=3&id=0 |dataarquivo=28 de setembro de 2013 |urlmorta=si }}</ref> |
||
|densidade = 18,90 hab/km² |
|densidade = 18,90 hab/km² |
||
|xentilicio = |
|xentilicio = |
||
Liña 40: | Liña 40: | ||
== Poboación == |
== Poboación == |
||
Dende os anos '90 o concello está a perder poboación, que actualmente está nos 15.491 habitantes segundo o censo de [[2013]]. Dende [[1980]] a evolución da poboación de Loviisa foi do seguinte xeito:<ref>{{Cita web | url =http://pxweb2.stat.fi/Dialog/varval.asp?ma=060_vaerak_tau_107&ti=V%E4est%F6+kielen+mukaan+sek%E4+ulkomaan+kansalaisten+m%E4%E4r%E4+ja+maa%2Dpinta%2Dala+alueittain+1980+%2D+2012&path=../Database/StatFin/vrm/vaerak/&lang=3&multilang=fi | título =Väestö kielen mukaan sekä ulkomaan kansalaisten määrä ja maa-pinta-ala alueittain 1980 - 2012 | data =22-3-2013 | editor =Tilastokeskus | dataacceso =21-12-2013 }}</ref> |
Dende os anos '90 o concello está a perder poboación, que actualmente está nos 15.491 habitantes segundo o censo de [[2013]]. Dende [[1980]] a evolución da poboación de Loviisa foi do seguinte xeito:<ref>{{Cita web | url =http://pxweb2.stat.fi/Dialog/varval.asp?ma=060_vaerak_tau_107&ti=V%E4est%F6+kielen+mukaan+sek%E4+ulkomaan+kansalaisten+m%E4%E4r%E4+ja+maa%2Dpinta%2Dala+alueittain+1980+%2D+2012&path=../Database/StatFin/vrm/vaerak/&lang=3&multilang=fi | título =Väestö kielen mukaan sekä ulkomaan kansalaisten määrä ja maa-pinta-ala alueittain 1980 - 2012 | data =22-3-2013 | editor =Tilastokeskus | dataacceso =21-12-2013 }}{{Ligazón morta|data=agosto de 2018 }}</ref> |
||
<center> |
<center> |
||
Liña 109: | Liña 109: | ||
A cidade foi reconstruída en madeira, con algúns edificios de pedra neoclásicos (Hotel da cidade de [[1856]], igrexa de [[1865]]...), sendo esta a cara que presenta na actualidade, xa que a cidade experimentou un longo período de letargo e non viviu a [[revolución industrial]]. |
A cidade foi reconstruída en madeira, con algúns edificios de pedra neoclásicos (Hotel da cidade de [[1856]], igrexa de [[1865]]...), sendo esta a cara que presenta na actualidade, xa que a cidade experimentou un longo período de letargo e non viviu a [[revolución industrial]]. |
||
O [[1 de xaneiro]] de [[2010]], os concellos veciños de [[Liljendal]], [[Pernaja]] e [[Ruotsinpyhtää]] uníronse ao concello de Loviisa.<ref>[http://www.kymensanomat.fi/Vaalit-2008---uusimmat/2008/06/12/Loviisan+liitos+onnistui+kolmannella+kerralla/200835400125/250 www.kymensanomat.fi - Loviisan liitos onnistui kolmannella kerralla]</ref> |
O [[1 de xaneiro]] de [[2010]], os concellos veciños de [[Liljendal]], [[Pernaja]] e [[Ruotsinpyhtää]] uníronse ao concello de Loviisa.<ref>[http://www.kymensanomat.fi/Vaalit-2008---uusimmat/2008/06/12/Loviisan+liitos+onnistui+kolmannella+kerralla/200835400125/250 www.kymensanomat.fi - Loviisan liitos onnistui kolmannella kerralla]{{Ligazón morta|data=agosto de 2018 }}</ref> |
||
== Política == |
== Política == |
||
Liña 130: | Liña 130: | ||
== Lingua == |
== Lingua == |
||
A cidade de Loviisa é bilingüe en [[lingua finlandesa|finlandés]] e [[lingua sueca|sueco]], contando cunha gran porcentaxe de falantes suecos con arredor dun 43 %.<ref>{{Cita web | título = Loviisa 2010 tietopankki | url = http://www.loviisa2010.fi/index.php?option=com_content&view=article&id=11&Itemid=9&lang=fi }}</ref> Por linguas a distribución da poboación en [[2012]] era a que segue:<ref>[http://pxweb2.stat.fi/Dialog/Varvalagg.asp?ma=055%5Fvaerak%5Ftau%5F124&ti=V%E4est%F6+i%E4n+%281%2Dv%2E%29%2C+sukupuolen%2C+siviilis%E4%E4dyn+ja+kielen+mukaan+alueittain+1990+%2D+2012%2C+laaja+alueluokitusryhmittely&path=../Database/StatFin/vrm/vaerak/&lang=3&xu=&yp=&nr=3&aggfile%283%29=Ik%E4kausi+%2D14%2C+15%2D64%2C+65%2D&prevagg=NNNNNN&mapname=&multilang=fi&aggdir3= Väestö iän (1-v.), sukupuolen ja kielen mukaan alueittain 1990–2012, laaja alueluokitusryhmittely]</ref> |
A cidade de Loviisa é bilingüe en [[lingua finlandesa|finlandés]] e [[lingua sueca|sueco]], contando cunha gran porcentaxe de falantes suecos con arredor dun 43 %.<ref>{{Cita web | título = Loviisa 2010 tietopankki | url = http://www.loviisa2010.fi/index.php?option=com_content&view=article&id=11&Itemid=9&lang=fi }}</ref> Por linguas a distribución da poboación en [[2012]] era a que segue:<ref>[http://pxweb2.stat.fi/Dialog/Varvalagg.asp?ma=055%5Fvaerak%5Ftau%5F124&ti=V%E4est%F6+i%E4n+%281%2Dv%2E%29%2C+sukupuolen%2C+siviilis%E4%E4dyn+ja+kielen+mukaan+alueittain+1990+%2D+2012%2C+laaja+alueluokitusryhmittely&path=../Database/StatFin/vrm/vaerak/&lang=3&xu=&yp=&nr=3&aggfile%283%29=Ik%E4kausi+%2D14%2C+15%2D64%2C+65%2D&prevagg=NNNNNN&mapname=&multilang=fi&aggdir3= Väestö iän (1-v.), sukupuolen ja kielen mukaan alueittain 1990–2012, laaja alueluokitusryhmittely]{{Ligazón morta|data=agosto de 2018 }}</ref> |
||
* [[Lingua finlandesa]]: 54,7 % |
* [[Lingua finlandesa]]: 54,7 % |
Revisión como estaba o 26 de agosto de 2018 ás 05:14
Modelo:Cidade Loviisa (en finlandés) ou Lovisa (en sueco) é unha cidade de Finlandia. Está situada ao sur do país, na rexión de Uusimaa.
Xeografía
Loviisa está situada na costa sur de Finlandia, bañada polas augas do golfo de Finlandia, cubrindo unha superficie total de 1.751,49 km², dos cales 931,92 km² son de auga. A altitude do territorio apenas presenta variacións dende a altitude mínima na costa (ao nivel do mar), e a máxima altitude (40 metros sobre o nivel do mar).
A cidade encóntrase a 87 km da capital finlandesa, Helsinqui, estando unida á mesma pola valtatie 7 (nacional 7), que continúa ata a fronteira con Rusia.
Limita cos concellos de Lapinjärvi e Myrskylä ao norte, co de Porvoo ao oeste, con Kouvola e Pyhtää ao leste (estes dous últimos na rexión de Kymenlaakso.
Poboación
Dende os anos '90 o concello está a perder poboación, que actualmente está nos 15.491 habitantes segundo o censo de 2013. Dende 1980 a evolución da poboación de Loviisa foi do seguinte xeito:[1]
O 15,3 % da poboación de Loviisa está comprendida entre os 0 e os 14 anos, o 61,2 % entre os 15 e os 64 anos, mentres que os maiores de 65 anos constitúen o 23,5 % da poboación da cidade.
Historia
A cidade ten as súas orixes nas sucesivas derrotas de Suecia nas guerras contra Rusia durante o século XIX.
Primeiro coa Gran Guerra do Norte e o seu tratado de Nystad de 1721 humillando aos suecos, que perderon a maior parte de Carelia e o seu gran centro comercial do leste, Viipuri. Lappeenranta e especialmente Hamina convertéronse nas dúas cidades fronteirizas, sendo esta última creada para defender a fronteira.
Finalmente, a raíz da Guerra ruso-sueca de 1741-1743 e o Tratado de Åbo (nome sueco de Turku), Hamina e Lappeenranta pasan a formar parte de Rusia, e a nova fronteira desprázase varios quilómetros ao oeste do río Kymijoki. O mesmo problema que tiveran 22 anos atrás repítese novamente: os suecos non teñen ningunha cidade ou fortaleza digna deste nome que defenda a fronteira.
Foi neste contexto cando se creou Loviisa. A nova cidade fundouse en 1745 nunha zona maioritariamente de pescadores de fala sueca, a pouca distancia de Porvoo e a tan só 14 km da nova fronteira. A cidade recibiu o seu nome da princesa Lovisa Ulrika (Louise Ulrique), dona do rei se Suecia Adolphe Frédéric de Suède.
A nova cidade, situada ao fondo dunha baía, foi fortemente fortificada. Ademais disto, os suecos construíron sobre unha pequena illa do golfo de Finlandia a pouca distancia de Loviisa unha segunda fortaleza, a fortaleza marítima de Svartholm, só superada en tamaño por Suomenlinna.
O sistema de fortificación foi abandonado, deixando uns centos de homes ao principio da Guerra de Finlandia, retirándose a maior parte das tropas suecas a Ostrobotnia. Os ocupantes non teñen tempo para enfrontarse á ofensiva rusa e réndense mesmo antes da primavera de 1808, algunhas semanas despois do inicio da guerra.
A principios do período do Gran Ducado de Finlandia, os rusos empregaron as fortificacións de Loviisa, e a cidade conserva unha certa importancia estratéxica de defensa da costa sur. Isto fixo que fora bombardeada polas tropas franco-inglesas e queimada case na súa totalidade durante a Guerra de Crimea.
A cidade foi reconstruída en madeira, con algúns edificios de pedra neoclásicos (Hotel da cidade de 1856, igrexa de 1865...), sendo esta a cara que presenta na actualidade, xa que a cidade experimentou un longo período de letargo e non viviu a revolución industrial.
O 1 de xaneiro de 2010, os concellos veciños de Liljendal, Pernaja e Ruotsinpyhtää uníronse ao concello de Loviisa.[2]
Política
Os últimos resultados electorais deixaron a composición da cámara municipal do seguinte xeito:[3]
- Suomen ruotsalainen kansanpuolue: 25
- Suomen Sosialidemokraattinen Puolue: 14
- Kansallinen Kokoomus: 8
- Perussuomalaiset: 3
- Vihreä liitto: 3
- Suomen Keskusta: 3
- Vasemmistoliitto: 1
- Outros: 1
- Suomen Kristillisdemokraatit: 1
Economía
Industria nuclear
En 1977 tivo lugar a inauguración do primeiro reactor da central nuclear de Loviisa, primeira central nuclear finlandesa (grupo Fortum): o segundo foi finalizado en 1981. A illa de Hastholmen converteuse no centro nacional de almacenamento dos residuos nucleares de baixa e media actividade en 1993.
Lingua
A cidade de Loviisa é bilingüe en finlandés e sueco, contando cunha gran porcentaxe de falantes suecos con arredor dun 43 %.[4] Por linguas a distribución da poboación en 2012 era a que segue:[5]
- Lingua finlandesa: 54,7 %
- Lingua sueca: 42,2 %
- Outras: 3,1 %
Galería de imaxes
-
Igrexa de Loviisa.
-
Fortaleza de Loviisa.
-
Edificio principal de Strömfors Ironworks en Ruotsinpyhtää.
-
Casa do concello de Loviisa.
Notas
- ↑ Tilastokeskus, ed. (22-3-2013). "Väestö kielen mukaan sekä ulkomaan kansalaisten määrä ja maa-pinta-ala alueittain 1980 - 2012". Consultado o 21-12-2013.[Ligazón morta]
- ↑ www.kymensanomat.fi - Loviisan liitos onnistui kolmannella kerralla[Ligazón morta]
- ↑ Tulos puolueittain - Loviisa
- ↑ "Loviisa 2010 tietopankki".
- ↑ Väestö iän (1-v.), sukupuolen ja kielen mukaan alueittain 1990–2012, laaja alueluokitusryhmittely[Ligazón morta]
Véxase tamén
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Loviisa |
Outros artigos
Ligazóns externas
- Sitio web oficial (en finés)