Iria Misa: Diferenzas entre revisións
Aparencia
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición Etiquetas: Revertida Edición visual |
m Desfíxose a edición de 83.37.147.9 (conversa); cambiado á última versión feita por Estevoaei Etiquetas: Reversión SWViewer [1.6] |
||
Liña 1: | Liña 1: | ||
{{Biografía|imaxe=Iria misa 2023.jpg|nome=Iria Misa}} |
{{Biografía|imaxe=Iria misa 2023.jpg|nome=Iria Misa}} |
||
'''Iria Misa Peralba''', nada en [[Gondomar]] o [[23 de febreiro]] de [[1983]], é unha escritora e profesora de ensino secundario galega<ref>{{Cita web|url=https://www.xerais.gal/autores.php?tipo=autores&id=100077191|páxina-web=xerais.gal|título=Ficha da autora en Xerais|data-acceso=18/12/2018}}</ref>. Vive en [[Baiona]]. |
|||
== Traxectoria== |
== Traxectoria== |
Revisión como estaba o 6 de maio de 2024 ás 12:23
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Iria Misa Peralba 23 de febreiro de 1983 (41 anos) Gondomar, España |
Educación | Universidade de Vigo |
Actividade | |
Ocupación | escritora, profesora de ensino secundario |
Premios | |
Iria Misa Peralba, nada en Gondomar o 23 de febreiro de 1983, é unha escritora e profesora de ensino secundario galega[1]. Vive en Baiona.
Traxectoria
É licenciada en Filoloxía Inglesa pola Universidade de Vigo, onde tamén realizou estudos de posgrao.[2] En 2016, a súa obra Xa non estou aquí foi galardoada co Premio Jules Verne de literatura xuvenil, que concede Edicións Xerais.
En 2020 gañou o Premio Agustín Fernández Paz con A cidade do Átomo.[3] A cidade do átomo foi XIX Premio Frei Martín Sarmiento no 2023 na 4° categoría (1° e 2° ESO)
Publicacións
- The transnational story hub: between self and other (2016, Centre d'Estudis Australians, Universitat de Barcelona, libro electrónico)[4]
- Xa non estou aquí (2016), Edicións Xerais, 216 páx. ISBN 978-84-9121-103-7.[5]
- Segredos no Solpor (2018), Edicións Xerais, 200 páx. ISBN 978-84-9121-327-7.[6]
- Mamá, quero ser Ziggy Stardust (2018), Edicións Xerais, 224 páx. ISBN 978-84-9121-415-1.[7]
- A cidade do átomo (2021), Edicións Xerais, 168 páx. ISBN: 978-84-9121-961-3[8]
- Unha veciña de película (2023). Vigo: Xerais, col. Merlín. Ilustracións de Laura Suárez. 192 páxs. ISBN 978-84-1110-329-9. ePub: ISBN 978-84-1110-345-9.
- Mamá, quiero ser Ziggy Stardust (2023), Editorial Dos Bigotes. 184 páx. ISBN 978-84-125123-7-3.
Obras colectivas
- Soños de Cajamarca, (Editorial Antela, 2020)
Premios
- Premio Jules Verne de literatura xuvenil 2016 por Xa non estou aquí, (Xerais, 2016)
- Premio Fervenzas Literarias mellor libro infantil do 2018, Mamá, quero ser Ziggy Stardust, (Xerais, 2018)
- IV Premio Agustín Fernández Paz de literatura infantil e xuvenil pola igualdade por A cidade do átomo (Xerais, 2021)
- XIX Premio Frei Martín Sarmiento no 2023, 4° categoría (1° e 2° ESO) por A cidade do átomo, (Xerais, 2021)
Notas
- ↑ "Ficha da autora en Xerais". xerais.gal. Consultado o 18/12/2018.
- ↑ "Ficha da autora na AELG". AELG. Consultado o 18/12/2018.
- ↑ "Onte 2092: Iria Misa, Premio Agustín 2020 – Brétemas". Consultado o 2020-11-03.
- ↑ The transnational story hub: between self and other
- ↑ "Ficha do libro en Xerais". xerais.gal. Consultado o 25 de agosto de 2021.
- ↑ "Ficha do libro en Xerais". xerais.gal. Consultado o 18 de decembro de 2018.
- ↑ "Ficha do libro en Xerais". xerais.gal. Consultado o 18 de decembro de 2018.
- ↑ "Ficha do libro en Xerais". xerais.gal. Consultado o 25 de agosto de 2021.
Véxase tamén
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Iria Misa |