Peter O'Neill: Diferenzas entre revisións
Creada como tradución da páxina "Peter O'Neill" |
(Sen diferenzas.)
|
Revisión como estaba o 7 de decembro de 2023 ás 00:00
Peter O'Neill, nado o 13 de febreiro de 1965, é un político de Papúa Nova Guinea. Foi primeiro ministro papuano entre o 2 de agosto de 2011, se ben obtivo o posto «en funcións» até o 3 de agosto de 2012, ante a disputa xudicial de Michael Somare, e o 26 de maio de 2019, data na que deixou o cargo.[1] Foi o líder do Partido do Congreso Nacional do Pobo (People's National Congress Party), sendo deputado pola circunscrición de Ialibu-Pangia.
Traxectoria política
Foi escolleito deputado no ano 2002, ocupando logo varios postos ministeriais do goberno de Somare até 2004.[2] En 2004 pasou a liderar a oposición mais tres anos despois volveu ao goberno de Samore como ministro do Servizo Público.[3] En 2011 Somare deixou o cargo por enfermidade, aínda que O'Neill seguiu ocupando un ministerio no goberno interino de Sam Abal.
Elección como primeiro ministro e disputa legal
En agosto de 2011 uniuse á oposición para botar do goberno a Abal. O 2 de agosto o parlamento elixiuno novo primeiro ministro con 70 votos a favor contra 24 en contra nunha votación realizada sorpresivamente pola oposición.[4] Tras esta elección, Abal anunciou que tomaría medidas legais, ao considerar que a renuncia de Somare non era efectiva, e trataríase pois só dunha ausencia na que non habería dereito legal para convocar unha votación para escoller primeiro ministro.[5]
A Corte Suprema considerou ilegal o 25 de abril de 2012 a elección de O'Neill e ordenou a volta de Somare ao cargo. O'Neill tentou lograr o apoio e confirmación do seu posto por parte do gobernador Michael Ogio, mais a policía impediulle a entrada á residencia do gobernador. En todo caso, o presidente do parlamento, Jeffrey Nape, rexeitou cumprir a decisión da Corte Suprema, declarando que O'Neill era o lexítimo líder do país.[6] A crise política non se resolvería até a celebración das eleccións de 2012, nas que se elixiu un novo arco parlamentario. O 3 de agosto de 2012 O'Neill foi ratificado no seu cargo co voto a favor de 94 deputados a favor, e mesmo recibiu o apoio de Somare para desbloquear a situación política do país.[7]
Goberno
Entre as primeiras medidas que tomou, en agosto de 2011, destaca a destitución de Glen Blake como director da empresa pública Independence Public Business Corporation por conduta pouco exemplar, co obxectivo de restaurar a confianza na empresa por tela deixado actuar os anteriores gobernos cun gran "veo de secretismo".[8] Tamén no mesmo agosto anunciou a instauración dun novo día festivo no país, o día do Arrepentimento, no que un "grupo de igrexas" celebran cerimonias por todo o país.[9] En xullo de 2013 asinou un importante acordo co goberno australiano de Kevin Rudd, no que se comprometía a acoller en campos especiais até tomar unha decisión sobre o seu asilo todos os inmigrantes que intentasen chegar polo mar a Australia, a cambio de certos investimentos para pagar eses campos especiais, así como doutros investimentos en sanidade e educación. Segundo o acordo, os demandantes de asilo que cheguen por mar e sexan aceptados non pasarían a Australia, se non que serían recolocados en Papúa Nova Guinea.[10]
En 2014 desmantelou un grupo policial contra a corrupción que o acusou de malversación de fondos, nomeando unha nova cúpula policial que deixou o caso en suspensión.[11] Aínda así, co escándalo, o seu partido foi o máis votado nas eleccións de 2017, sendo elixido de novo primeiro ministro polo Parlamento con 60 votos a favor e 46 en contra.[12]
O 26 de maio de 2019 renunciou ao cargo, sendo sucedido por James Marape.[13]
Notas
- ↑ "Papua New Guinea" (en inglés). Rulers.org. Consultado o 6 de agosto de 2013.
- ↑ "Bio-Data - Minister O'Neill" (PDF). Papua New Guinea Department of Treasury. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 30 de outubro de 2012. Consultado o 6 de agosto de 2013.
- ↑ Rowan Callick (3 de agosto de 2011). "PNG vote weakens link to Michael Somare era" (en inglés). The Australian. Consultado o 6 de agosto de 2013.
- ↑ "O'Neill is PM" (en inglés). The National. 3 de agosto de 2011. Consultado o 6 de agosto de 2013.
- ↑ "PNG chooses new prime minister" (en inglés). The Sidney Morning Herald. 3 de agosto de 2011. Consultado o 6 de agosto de 2013.
- ↑ Liam Fox (26 de abril de 2011). "Rival prime ministers square off in PNG" (en inglés). Australian Broadcasting Corporation. Consultado o 6 de agosto de 2013.
- ↑ "Peter O’Neill elected as PNG Prime Minister" (en inglés). RNZI. 3 de agosto de 2012. Consultado o 6 de agosto de 2013.
- ↑ "PM cracks whip" (en inglés). The National. 25 de agosto de 2011. Consultado o 6 de agosto de 2013.
- ↑ Liam Fox (26 de agoto de 2011). "Day of Repentance puzzles Papua New Guinea" (en inglés). Australian Broadcastin Corporation. Consultado o 6 de agosto de 2013.
- ↑ "Australia cierra la puerta a los refugiados políticos que lleguen en barco". El País. 19 de xullo de 2013. Consultado o 6 de agosto de 2013.
- ↑ "El primer ministro papuano desafía una orden de arresto por corrupción". Ecodiario.es. 18 de xuño de 2014. Consultado o 21 de novembro de 2017.
- ↑ "PNG election: Controversial PM Peter O'Neill re-elected, promises election review" (en inglés). Australian Broadcasting Corporation. 2 de agosto de 2017. Consultado o 21 de novembro de 2017.
- ↑ "Papua New Guinea prime minister quits". Reuters (en inglés). 26 de maio de 2019. Consultado o 26 de maio de 2019.