veceira
Galego
- Etimoloxía: de vez.
- Pronuncia: /beˈθejɾa̝/ (AFI)
veceira (sg: veceira; pl: veceiras)
- Tempo en que lle corresponde a unha persoa algo de acordo cunha repartición previa.
- (Gandaría) Rabaño de gando comunal, propiedade dos veciños dun lugar.
- Período de tempo durante o que alguén ten dereito ou obriga de usar un ben comunal (como a auga do rego) ou facer un labor colectivo (como alindar o rabaño comunal).