Galego

  Substantivo masculino

marco (sg: marco; pl: marcos)

  1. (Agricultura) Pedra espetada no chan coa que se indican os lindes dunha leira.
  2. (Economía) Unidade monetaria utilizada en Alemaña e Finlandia ata o ano 2002, momento da implantación do euro.
    • Exemplo: O café custaba dous marcos.

  3. Cerco de madeira ou calquera outro material que enmarca un cadro, un espello, unha porta etc.
    • Exemplo: Vale máis o marco que o cadro.

    • Exemplo: Por ir correndo esnafrouse contra o marco da porta.

    • Sinónimos: cadro, marcación
  4. (Figurado) Medio no que se desenvolve un feito.
    • Exemplo: O marco de desconfianza entre os dous líderes frustrou calquera acordo.

    • Sinónimos: medio

Termos relacionados

Traducións