capa
Galego
- Etimoloxía: do latín medieval cappa 'capa', 'capa con capucha', e este do latín tardío cappa, 'capucha'.
- Pronuncia: /ˈka.pa/ (AFI)
capa (sg: capa; pl: capas)
- Peza de roupa de abrigo, de la ou de plástico, sen mangas e aberta por diante, que se vai facendo máis grande desde o pescozo até abaixo dos xeonllos.
- Exemplo: O cabaleiro ía de capa e sombreiro.
- Exemplo: O cabaleiro ía de capa e sombreiro.
- Aquilo que cobre algunha cousa.
- Exemplo: Una capa de nieve. Unha capa de pintura. A torta tiña enriba unha capa de azucre.
- Exemplo: Una capa de nieve. Unha capa de pintura. A torta tiña enriba unha capa de azucre.
- Zona superposta a outra ou a outras, coas que forma un todo.
- Exemplo: As capas da atmosfera. As capas da Terra son a litosfera, o manto e o núcleo.
- Exemplo: As capas da atmosfera. As capas da Terra son a litosfera, o manto e o núcleo.
- Folla tersa de tabaco que é a envoltura do cigarro puro.
- Exemplo: As opererias cubanas poñen a capa dos cigarros puros enrolándoos sobre os xeolllos.
- Exemplo: As opererias cubanas poñen a capa dos cigarros puros enrolándoos sobre os xeolllos.
- Cor dos cabalos e outros animais.
- Exemplo: Montaba un cabalo de capa branca. Os touros das corridas adoitan ser de capa negra.
- Exemplo: Montaba un cabalo de capa branca. Os touros das corridas adoitan ser de capa negra.
- Pretexto ou aparencia coa que se encobre algo, como una cualidade, unha falta un erro ou una intención.
- {{exemplo|Oculta a súa ignorancia baixo unha capa de erudición.}
- Porción dunha materia que se estende de maneira uniforme sobre outra.
- Exemplo: Unha capa de cemento.
- Exemplo: Unha capa de cemento.
- Pedra do muíño que xira sobre outra fixa, chamada pé.
- Exemplo: Partiuse a capa
.
- Exemplo: Partiuse a capa
- Pedra grande e plana que se coloca sobre os pés do hórreo.
- Exemplo: O neno subiuse ás capas da cabaceira
.
- Exemplo: O neno subiuse ás capas da cabaceira
- Lousa que remata un muro.
- Exemplo: Fixeron un cerrado de pedra e só lles falta colocar as capas.
- Exemplo: Fixeron un cerrado de pedra e só lles falta colocar as capas.
Observacións
Galego
- Etimoloxía: de capar.
- Pronuncia: /ˈka.pa/ (AFI)
capa (sg: capa; pl: capas)
- Capadura.
- Exemplo: Para a capa do porco chamamos a un capador
.
- Exemplo: Para a capa do porco chamamos a un capador