Zorra

vehículo terrestre

Unha zorra (proponse que veña dun antigo verbo zorrar, que tería o significado de 'arrastrar')[1] é un instrumento de transporte sobre a neve que consta de dous patíns, esquís ou raís paralelos onde se apoia e se desliza sobre o xeo ou a neve empuxados habitualmente (ás veces tirado) por unha forza exterior, e unidos por unha plataforma horizontal onde se monta a carga. Están habitualmente feitos de madeira, e os deslizadores* están revirados para enriba para non afundirse e chantarse na neve.

Imaxe dunha zorra.
Zorra tirada por animais.
Zorra de dous participantes dunha proba de Bobsleigh.

A denominación procede dun arcaísmo e dialectalismo recuperado para o uso moderno: aínda en uso nos Ancares para un útil semellante, a verba trineo semellante á portuguesa é un galicismo.

Tamén é un carro baixo e forte de catro rodas empregado para transportar grandes pesos.

  1. "Zorra". Portal das Palabras. Consultado o 4 de setembro de 2016. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar