True Lies
True Lies é un filme estadounidense de 1994 do xénero da comedia de acción, coproducido e dirixido por James Cameron, protagonizado por Arnold Schwarzenegger, Jamie Lee Curtis, Tom Arnold, Art Malik, Tia Carrere, Bill Paxton, Eliza Dushku, Grant Heslov e Charlton Heston. É un remake da película francesa de 1991 La Totale![3]. A película céntrase no axente do goberno norteamericano Harry Tasker (Schwarzenegger), que conxuga a súa vida como espía coas súas obrigas familiares.
True Lies | |
---|---|
Ficha técnica | |
Director | James Cameron |
Produtor | James Cameron Stephanie Austin |
Guión | James Cameron |
Baseado en | La Totale! de Claude Zidi |
Intérpretes | Arnold Schwarzenegger Jamie Lee Curtis Tom Arnold Art Malik Bill Paxton Tia Carrere |
Música | Brad Fiedel |
Fotografía | Russell Carpenter |
Montaxe | Conrad Buff Mark Goldblatt Richard A. Harris |
Estudio | Lightstorm Entertainment |
Distribuidora | 20th Century Fox (América do Norte) Universal Pictures (internacional) |
Estrea | 15 de xullo de 1994 |
Duración | 141 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Orzamento | 100.000.000 $[1] |
Recadación | 378.900.000 $[2] |
Na rede | |
True Lies foi o primeiro proxecto de Lightstorm Entertainment distribuído baixo o acordo multimillonario de Cameron con 20th Century Fox, así como a primeira gran produción de Dixital Domain, cofundada por Cameron.
Argumento
editarHarry Tasker leva unha dobre vida. Mentres que a súa esposa Helen e a súa filla Dana cren que é un vendedor de computadoras, realmente traballa como axente encuberto dunha forza antiterrorista coñecida como Sector Omega. Recibe a orde de se infiltrar na mansión alpina dun contrabandista de armas en Suíza. Coa axuda dende fóra dos seus compañeiros Albert "Gib" Gibson (Tom Arnold) e Faisil (Grant Heslov), Harry accede a unha computadora no interior da mansión e faina funcionar para que Faisil entre nos seus ficheiros logrando información sobre o comercio ilegal de armamento nuclear. Durante a misión Harry coñece á vendedora de antigüidades Juno Skinner (Tia Carrere) e baila un tango con ela. Aínda que o descobren consegue saír disparando da mansión.
Elenco
editar- Arnold Schwarzenegger como Harry Tasker
- Jamie Lee Curtis como Helen Tasker
- Tom Arnold como Albert 'Gib' Gibson
- Art Malik como Salim Abu Aziz
- Bill Paxton como Simon
- Tia Carrere como Juno Skinner
- Eliza Dushku como Dana Tasker
- Grant Heslov como Faisal
- Charlton Heston como o director Spencer Trilby
- Marshall Manesh como Jamal Khaled
- James Allen como Coronel
- Ofer Samra como Yusef
Produción
editarSchwarzenegger afirmou que durante a rodaxe dunha escena cun cabalo, unha cámara estourou e o cabalo "toleou, xirando e pulando" preto dunha caída de 90 metros. Schwarzenegger rapidamente saltou do cabalo e o especialista Billy D. Lucas colleuno.[4] Cun orzamento de produción de 100.000.000[1][5]-120[6],True Lies foi a primeira película en chegar os 100 millóns.[7] Filmouse nun período de sete meses.
A masión Rosecliff usouse para as escenas de tango de salón ao comezar o filme. E o exterior do chalé suízo no que Harry Tasker se infiltra filmouse en Ocre Court[8], ámbalas dúas situadas en Newport. As escenas no vestíbulo do ficticio Hotel Marquis en Washington graváronse na sala de baile de cristal do Milennium Biltmore Hotel no centro dos Ánxeles[9].
Lanzamento
editarRecepción crítica
editarTras a súa estrea en 1994 a película recibiu críticas positivas. Baseándose en 47 críticas recollidas por Rotten Tomatoes, True Lies ten un 72% de aprobación e unha media ponderada de 6.5/10; o consenso do sitio é, "Se ben non alcanza a altura das anteriores colaboracións entre o director James Cameron e o actor Arnold Schwarzenegger, True Lies aínda ten suficiente acción e humor na súa, ás veces absurda, trama para entreter"[10]. Metacritic dálle ao filme un 63 de 100, indicando "boas críticas".[11]
A pesar das críticas positivas, National Review criticouna como sexista, cruel, ou mesmo misóxina polo tratamento dado ás personaxes femininas, así como que o heroe (Schwarzenegger) usase os seus recursos da axencia para perseguir e asustar a súa esposa.[12] Membros da comunidade islámica e árabe percibiron que no filme se transmitiu un forte prexuízo antiárabe ou antiislámico .[13][14][15]
Recadación
editarO filme foi un éxito de público. A súa estrea foi en 2.368 cines nos Estados Unidos, chegando ao primeiro lugar na súa fin de semana de estrea, chegando a 25.869.770 dólares e un total de 146.282.411 mentres no resto do mundo lograba 232.600.000. En total 378.88.411 en todo o mundo, a terceira mellor recadación de 1994.[16]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 Fox, D., 1994. Movies: 'True Lies,' 'Forrest Gump' and 'The Lion King' are on target to break a record for non-holiday weekend ticket sales. Los Angeles Times, 18 de xullo de 1994. Dispoñible en http://articles.latimes.com/1994-07-18/entertainment/ca-17141_1_true-lies
- ↑ "True Lies (1994)". Box Office Mojo. Consultado o 27 de febreiro de 2013.
- ↑ "Schwarzenegger Heats Up the Summer with Action-Packed True Lies". Electronic Gaming Monthly (61) (EGM Media, LLC). agosto de 1994. p. 169.
- ↑ Schwarzenegger, Arnold. "IamArnold. AMA 2.0.". Reddit. Consultado o 21 de xaneiro 2014.
- ↑ Kempley, R., 1994. ‘True Lies’ (R). The Washington Post, 15 de xullo de 1994.
- ↑ Thompson, Anne. (1994-07-29) 5 True Lies About James Cameron Arquivado 29 de outubro de 2014 en Wayback Machine.. Ew.com
- ↑ "First film with a $100 million budget". Guinness World Records. Consultado o 2 de febreiro de 2017.
- ↑ "Movies Filmed in Newport RI". newport-discovery-guide.com.
- ↑ "True Lies". movie-locations.com. Arquivado dende o orixinal o 14 de novembro de 2017. Consultado o 17 de setembro de 2017.
- ↑ "True Lies". Rotten Tomatoes.
- ↑ lies Arquivado 19 de setembro de 2019 en Wayback Machine.. Metacritic.com
- ↑ John Simon, "True Lies. National Review, 29 de agosto de 1994.
- ↑ "Names & Faces: "Muslims Protest Schwarzenegger's 'True Lies'", 22 de xullo de 1994. New York Daily News, vía Orlando Sentinel.". Arquivado dende o orixinal o 08 de decembro de 2015. Consultado o 16 de setembro de 2017.
- ↑ "Arab-Americans Protest 'True Lies'" 16 de xullo de 1994, The New York Times.
- ↑ "Muslim leader wants 'True Lies' banned", 26 de setembro de 1994. The Gainesville Sun, page 3.
- ↑ 1994 Domestic Grosses. boxofficemojo.com