The Hunger Games
The Hunger Games é unha novela de ciencia ficción escrita pola estadounidense Suzanne Collins que foi publicada en 2008. Está escrita en primeira persoa na voz dunha adolescente de 16 anos, Katniss Everdeen, que vive na nación postapocalíptica de Panem, no que outrora foran os Estados Unidos de América. O Capitolio, unha metrópole moi avanzada, exerce o control político sobre o resto do nación. Os coñecidos como "Xogos da Fame" son un evento anual no que un rapaz e unha rapaza de entre 12 e 18 anos de cada un dos doce distritos que rodean o Capitolio son escollidos por lotaría para enfrontarse nunha batalla televisada a morte.
The Hunger Games | |
---|---|
Título orixinal | The Hunger Games |
Autor/a | Suzanne Collins |
Cuberta | Tim O'Brien |
Orixe | Estados Unidos |
Lingua | Inglés |
Colección | The Hunger Games |
Xénero(s) | Aventuras Ciencia ficción[1] Acción |
Editorial | Scholastic Press |
Data de pub. | 14 de setembro de 2008 |
Formato | Impreso (tapas duras e brandas) |
Páxinas | 374 |
ISBN | ISBN 0-439-02352-1 |
Seguido por | Catching Fire |
Premios |
|
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
O libro recibiu críticas maioritariamente positivas de críticos e escritores, como os autores Stephen King e Stephenie Meyer. Loouse a súa historia e o desenvolvemento do personaxe principal, malia que algúns críticos atoparon semellanzas entre o libro de Collins e o de Koushun Takami Battle Royale (1999). Para escribir The Hunger Games, Collins empregou elementos da mitoloxía grega, os combates de gladiadores romanos e os realities de televisión. A novela gañou numerosos premios, incluído o California Young Reader Medal, e foi incluído na listaxe "Best Books of the Year" (mellores libros do ano) polo Publishers Weekly' en 2008.
The Hunger Games foi publicado o 14 de setembro de 2008 por Scholastic, cunha cuberta deseñada polo ilustrador Tim O'Brien. Após unha tirada inicial de 200.000 exemplares, o libro acadou as 800.000 copias vendidas en febreiro de 2010. Dende a súa publicación, The Hunger Games foi traducido a 26 linguas, con dereitos de publicación vendidos en 38 territorios. A novela é a primeira dunha triloxía seguida por Catching Fire (2009) e Mockingjay (2010). A adaptación cinematográfica, dirixida por Gary Ross e coescrita e coproducida pola propia Collins, estreouse no 2012, e xunco cos outros dous libros formará a tetraloxía: The Hunger Games (serie de filmes).
Notas
editar- ↑ "Mockingjay proves the Hunger Games is must-read literature". io9. 26 de agosto de 26. Arquivado dende o orixinal o 09 de xullo de 2013. Consultado o 12 de febreiro de 2013.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editar- Os xogos da fame (filme), filme baseado na novela.