Spotlight (filme)
Spotlight é un filme dramático estadounidense de 2015, dirixido por Thomas McCarthy e escrito por McCarthy e Josh Singer.[5][6] O filme gañou dous Oscars, incluíndo mellor guión orixinal e mellor filme de 2015 na 88ª edición dos Oscar celebrada en febreiro do ano 2016. O filme conta a historia de como a unidade de investigación do xornal Boston Globe, chamada "Spotlight" -a máis antiga nos Estados Unidos de América[7]- desenmascarou un escándalo no que a Igrexa Católica de Massachusetts ocultou un incontábel número de abusos sexuais perpetrados por distintos sacerdotes de Boston, e polo que o Globe gañou o Premio Pulitzer ao servizo público de 2003.[8] O elenco inclúe a Mark Ruffalo, Michael Keaton, Rachel McAdams, Brian d'Arcy James, Liev Schreiber, John Slattery e Stanley Tucci.[9]
Spotlight | |
---|---|
Ficha técnica | |
Director | Thomas McCarthy |
Produtor | Steve Golin Michael Sugar Nicole Rocklin Blye Faust[1] |
Guión | Thomas McCarthy Josh Singer |
Intérpretes | Mark Ruffalo Michael Keaton Rachel McAdams Brian d'Arcy James Liev Schreiber John Slattery Stanley Tucci Billy Crudup[1] |
Música | Howard Shore |
Fotografía | Masanobu Takayanagi |
Montaxe | Tom McArdle |
Estudio | Anonymous Content Participant Media Rocklin/Faust |
Distribuidora | Open Road Films |
Estrea | 6 de novembro de 2015 ( Estados Unidos); 29 de xaneiro de 2016 (, España) |
Duración | 129 minutos[2] |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Drama Biográfica Historia Suspense |
Orzamento | 20 000 000 $[3] |
Recadación | $64 300 000[4] |
Na rede | |
http://spotlightthefilm.com/ | |
|
Foi seleccionada para ser vista en fóra de competencia no Festival de Venecia, así coma no Festival de Telluride e na Sección de Presentacións Especiais do Festival Internacional de Cinema de Toronto.[10] O filme tivo a súa estrea por Open Road Films o 6 de novembro de 2015.
Enredo
editarO filme narra a historia de como un equipo de reporteiros do Boston Globe destapou os escándalos de pederastia producidos durante décadas por uns cregos de Massachusetts e que tentou agochar a arquidiocese de Boston, e que sacudiu a Igrexa Católica.
Elenco
editar- Mark Ruffalo como Michael Rezendes, reporteiro do Boston Globe.[11][12]
- Michael Keaton como Walter "Robby" Robinson, editor de Spotlight.[1]
- Rachel McAdams como Sacha Pfeiffer, reporteira do Boston Globe.
- Brian d'Arcy James como Matt Carroll, reporteiro do Boston Globe.[13]
- John Slattery como Ben Bradlee Jr., editor do Boston Globe.[6]
- Liev Schreiber como Marty Baron, editor en xefe do Boston Globe.[1]
- Stanley Tucci como Mitchell Garabedian, avogado representante de vítimas de abuso sexual.[1]
- Billy Crudup como Eric MacLeish, un avogado que representa as vítimas de abuso sexual polo clero de Boston.[1][14]
- Jamey Sheridan como Jim Sullivan, un avogado que representa a Igrexa.[6][14]
- Gene Amoroso como Steve Kurkjian, reporteiro de Boston Globe.[15]
- Maureen Keiller como Eileen McNamara, columnista do Boston Globe.[16]
- Paul Guilfoyle
Produción
editarMcCarthy e Singer remataron o guión en xuño de 2013.[17] Estivo na lista de Black List de 2013, de guións non producidos.[18] A rodaxe comezou o 24 de setembro de 2014 en Boston (Massachusetts) e en outubro en Hamilton, Ontario.[19] A rodaxe realizouse no Fenway Park,[20] As oficinas de Boston Globe en Dorchester, Massachusetts, a Biblioteca Pública de Boston,[21] e a Universidade de McMaster en Hamilton, Ontario.[22]
Estrea
editarA estrea do filme foi o 6 de novembro de 2015, sendo Open Road Films quen a distribúe.[23]. En Galicia estreouse o 29 de xaneiro de 2016 coa dobraxe castelá.
Recepción
editarA primeira crítica de Variety foi positiva.[24] Spotlight considérase encadrada no top ten de moitos críticos.[25]
- 1º - Bill Goodykoontz, Arizona Republic
- 1º - Christopher Orr, The Atlantic
- 1º - Chris Nashawaty, Entertainment Weekly
- 1º - Kate Erbland, Indiewire
- 1º - Peter Travers, Rolling Stone
- 1º - Kiko Martinez, San Antonio Current
- 1º - Stephanie Zacharek, Time
- 1º - Ann Hornaday, Washington Post
- 1º - Yahoo Movies
- 1º - Rex Reed, New York Observer[26]
- 2ª - Alynda Wheat, People
- 2ª - TV Guide
- 3ª - A. O. Scott, The New York Times
- 3ª - Stephen Holden, The New York Times
- 3ª - Jeff Baker, The Oregonian
- 3ª - Richard Lawson, Vanity Fair
- 3ª - Inkoo Kang, TheWrap
- 4ª - Liz Shannon Miller, Indiewire
- 5ª - Mick LaSalle, San Francisco Chronicle
- 7ª - Film Comment (enquisa de críticos)
- 6ª - Joshua Rothkopf, Time Out
- 6ª - David Edelstein, Vulture
- 7ª - Nick Schager, Village Voice
- 8ª - The Playlist
- 8ª - John Powers, Vogue
- 7ª - Sam Weisberg, Village Voice
- 9ª - Ben Travers, Indiewire
- 9ª - Alonso Duralde, TheWrap
- Top 10 (ordenado alfabeticamente) – Dana Harris , Indiewire
- Top 10 (ordenado alfabeticamente) – Kenneth Turan, Los Angeles Times
- Top 10 (ordenado alfabeticamente) – American Film Institute
- Top 10 (ordenado alfabeticamente) – Steven Rea, Philadelphia Inquirer
- Top 10 (ordenado alfabeticamente) – Dana Stevens, Slate
- Top 10 (ordenado alfabeticamente) – National Board of Review
Principais premios e nomeamentos
editarO filme ten recibido numerosos premios da crítica e innumerábeis nomeamentos, entre os que salientan:
Premio | Categoría | Receptores | Resultado | Ref(s) |
---|---|---|---|---|
Premios Oscar | Mellor filme | Michael Sugar & Steve Golin, Nicole Rocklin, Blye Pagon Faust | gañadora | [27] |
Mellor director | Tom McCarthy | nomeado | ||
Mellor actor secundario | Mark Ruffalo | nomeado | ||
Mellor actriz secundaria | Rachel McAdams | nomeada | ||
Mellor guión orixinal | Tom McCarthy e Josh Singer | gañador | ||
Mellor montaxe | Tom McArdle | Nomeado | ||
Globos de Ouro | Mellor filme - Drama | Spotlight | nomeado | [28][29] |
Mellor director | Thomas McCarthy | nomeado | ||
Mellor guión | Thomas McCarthy e Josh Singer | nomeados |
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 ""Billy Crudup in Talks for Catholic Church Sex Abuse Scandal Film 'Spotlight' (Exclusive)"" (en inglés). TheHollywoodReporter. 27 de agosto de 2014. Consultado o 15 de maio de 2015.
- ↑ British Board of Film Classification, ed. (27 de outubro de 2015). "SPOTLIGHT (15)". Arquivado dende o orixinal o 24 de decembro de 2015. Consultado o 27 de outubro de 2015.
- ↑ "Watching the Watchers: Tom McCarthy on Making Spotlight". Vulture.com. Consultado o 7 de novembro de 2015.
- ↑ "Spotlight (2015)". Box Office Mojo. Consultado o 5 de marzo de 2016.
- ↑ "Mark Ruffalo, Michael Keaton in Talks for Catholic Priest Sex Abuse Scandal Film" (en inglés). TheHollywoodReporter. 8 de agosto de 2014. Consultado o 15 de maio de 2015.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 "Participant Media’s “Spotlight” Starring Mark Ruffalo, Michael Keaton, Rachel Mcadams, Liev Schreiber And Stanley Tucci Goes To Camera In Boston Before Lensing In Toronto" (en inglés). 13blmedia. 25 de setembro de 2014. Consultado o 15 de maio de 2015.
- ↑ ""A distinguishe history of digging up the truth"" (en inglés). BostonGlobe. 22 de xuño de 2014. Consultado o 15 de maio de 2015.
- ↑ "The 2003 Pulitzer Prize Winners" (en inglés). Awardsprize. 2003. Consultado o 15 de maio de 2015.
- ↑ "Mark Ruffalo, Michael Keaton, Rachel McAdams in Talks to Star in Catholic Church Sex Scandal Drama (Exclusive)" (en inglés). The Wrap. 8 de agosto de 2014. Consultado o 15 de maio de 2015.
- ↑ "v" (en inglés). Screendaily. 28 de xullo de 2015. Consultado o 10 de setembro de 2015.
- ↑ "Mark Ruffalo visits the Globe" (en inglés). Boston Globe. 16 de setembro de 2014. Consultado o 15 de maio de 2015.
- ↑ ""Report: Globe Spotlight movie gets a cast"" (en inglés). Boston Globe. 11 de agosto de 2014. Consultado o 15 de maio de 2015.
- ↑ "Brian d'Arcy James Joins Boston Priest Pedophile Drama SPOTLIGHT" (en inglés). Broadway world. 12 de setembro de 2014. Consultado o 15 de maio de 2015.
- ↑ 14,0 14,1 "John Slattery, 'Homeland' Alum Join Catholic Sex Abuse Film 'Spotlight'" (en inglés). The Hollywood Reporter. 25 de setembro de 2014. Consultado o 15 de maio de 2015.
- ↑ "‘Spotlight’ Actors Spotted at Fenway Park" (en inglés). Boston.com. 26 de setembro de 2014. Consultado o 15 de maio de 2015.
- ↑ ""‘Spotlight’ films at The Boston Globe"" (en inglés). Boston Globe. 29 de setembro de 2014. Consultado o 15 de maio de 2015.
- ↑ ""‘Spotlight’ script tells the story of Globe series"" (en inglés). Boston Globe. 19 de agosto de 2014. Consultado o 15 de maio de 2015.
- ↑ ""Black List 2013: Full Screenplay List"" (en inglés). Deadline. 16 de decembro de 2013. Consultado o 15 de maio de 2015.
- ↑ "Globe ‘Spotlight’ Movie Holding Open Casting Call" (en inglés). Boston.com. 24 de setembro de 2014. Consultado o 15 de maio de 2015.
- ↑ ""‘Spotlight’ filming at Fenway Park"" (en inglés). Boston.com. 26 de setembro de 2014. Consultado o 15 de maio de 2015.
- ↑ ""Rachel McAdams reporting for duty"" (en inglés). Boston.com. 30 de setembro de 2014. Consultado o 15 de maio de 2015.
- ↑ ""Ruffalo, Tucci in Hamilton for Spotlight shoot"" (en inglés). chch.com. 7 de outubro de 2014. Consultado o 15 de maio de 2015.
- ↑ ""Michael Keaton Mark Ruffalo Boston Globe Film ‘Spotlight’ Opens Nov. 6"" (en inglés). deadline.com. 11 de xuño de 2015. Consultado o 15 de maio de 2015.
- ↑ ""Venice Film Review: "Spotlight""" (en inglés). Variety. 3 de setembro de 2015. Consultado o 15 de maio de 2015.
- ↑ ""Best of 2015: Film Critic Top Ten Lists"." (en inglés). metacritic. 15 de decembro de 2015. Arquivado dende o orixinal o 10 de decembro de 2015. Consultado o 21 de xaneiro de 2016.
- ↑ "Rex Reed: The 10 Best Films of 2015". New York Observer. December 23, 2015. Consultado o December 25, 2015.
- ↑ "Oscar 2016. Lista de nominados." (en español). Consultado o 15 de xaneiro de 2016.
- ↑ "Listado completo de nominados a los Globos de Oro". Consultado o 10 de decembro de 2015.
- ↑ "Globos de Oro: 'El renacido', 'Marte' y 'Steve Jobs', grandes triunfadoras". Consultado o 11 de xaneiro de 2016.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Sitio OficialArquivado 21 de xaneiro de 2016 en Wayback Machine.
- Crítica de Spotlight