Soiuz MS-14
Soiuz MS-14 foi unha misión espacial non tripulada rusa lanzada o 22 de agosto de 2019 mediante un foguete Soiuz 2-1a desde o cosmódromo de Baikonur.[2][3][4][5]
Soiuz MS-14 | |
---|---|
A Soiuz MS-14 aproximándose á ISS no seu primeiro intento. | |
Tipo | Tripulada |
Data de lanzamento | 22 de agosto de 2019[1][2][3] |
Foguete portador | Soiuz 2-1a[2][4] |
Sitio de lanzamento | Cosmódromo de Baikonur[2] |
Obxectivo da misión | Acoplamento coa Estación Espacial Internacional.[2][5] |
Regreso | 7 de setembro de 2019[1] |
NSSDC ID | 2019-055A |
Características
editarSoiuz MS-14, unha Soiuz modelo MS, foi unha misión lanzada sen tripulación para acoplarse automaticamente coa Estación Espacial Internacional. Foi a primeira Soiuz en voar sen tripulación en 33 anos co motivo de certificar o novo foguete Soiuz 2-1a como lanzador para misións tripuladas. O mesmo lanzador tivo un problema no ano 2015 ao enviar ao espazo a nave de carga Progress M-27M. A misión sen tripulación foi unha oportunidade tamén para probar novos sistemas na nave Soiuz. En lugar da tripulación ademais enviouse un robot denominado FEDOR capaz dalgunhas accións autónomas e de replicar os movementos dun operador.[2][3][4][5]
A Soiuz achegouse á ISS nunha traxectoria de dous días de duración para acoplarse co módulo Poisk. O acoplamento iniciouse de maneira automática, como estaba previsto, pero abortouse aos 60 m de distancia ao observarse evidentes problemas para a Soiuz MS-14 á hora de fixar o porto de acoplamento. A nave foi posta nunha órbita de seguridade tras a ISS e despois de varias probas decidiuse intentar o acoplamento o 26 de agosto. A orixe do problema foi trazada ata un compoñente defectuoso no sistema Kurs-P do módulo Poisk, que debía ter proporcionado á Soiuz MS-14 sinais para guiala adecuadamente. O control de terra decidiu acoplar a MS-14 ao módulo Zvezda, co seu sistema Kurs-P funcionando ben, para o cal a Soiuz MS-13 tivo que recolocarse manualmente no módulo Poisk. Ao segundo intento a MS-14 aliñouse correctamente co porto e acabou atracando sen problemas cos seus 670 kg de carga para a estación.[2][3][4][5]
Tras 17 días acoplada, a Soiuz MS-14 regresou a Terra o 6 de setembro co robot FEDOR e varios experimentos incluídos, aterrando a 148 km ao sueste da cidade de Dzhezkazgan (Casaquistán).[2][3][4][5]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 N2YO (2021). Real Time Satellite Tracking, ed. "SOYUZ MS-14" (en inglés). Consultado o 4 de febreiro de 2024.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 NASA (28 de outubro de 2022). "Soyuz MS-14" (en inglés). Consultado o 4 de febreiro de 2024.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 "Note verbale dated 19 September 2019 from the Permanent Mission of the Russian Federation to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (19-10255 (E)). 15 de outubro de 2019: 2. Consultado o 4 de febreiro de 2024.[Ligazón morta]
- ↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 Gunter Dirk Krebs (2024). Gunter's Space Page, ed. "Soyuz-MS 01 - 20 (11F732A48)" (en inglés). Consultado o 4 de febreiro de 2024.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 Anatoly Zak (28 de xaneiro de 2024). "Soyuz MS-14 completes pilotless ISS mission" (en inglés). Consultado o 4 de febreiro de 2024.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Soiuz MS-14 |