Shaka, nado ao redor de 1787 e finado en 1828, foi un xefe zulú, que transformou un pequeno clan nunha nación que abranguía o territorio entre os ríos Phongolo e Mzimkhulu.

Modelo:BiografíaShaka

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(zu) Shaka kaSenzangakhona Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacementoc. xullo de 1787 Editar o valor en Wikidata
Mtetwa (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte22 de setembro de 1828 ↔ 24 de setembro de 1828 Editar o valor en Wikidata (41 anos)
KwaDukuza (Reino Zulu) Editar o valor en Wikidata
Causa da mortehomicidio Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaNonya (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Rei Reino Zulu (pt) Traducir
1816 – 1828 Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmonarca Editar o valor en Wikidata
Familia
Cónxuxesen valor Editar o valor en Wikidata
PaisSenzangakhona kaJama Editar o valor en Wikidata  e Nandi Editar o valor en Wikidata
IrmánsMpande kaSenzangakhona
Dingane kaSenzangakhona
Umhlangana kaSenzangakhona Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDictionary of African Biography,
Africa: An Encyclopedic Reference (en) Traducir, (vol:2) Editar o valor en Wikidata
WikiTree: KaSenzangakhona-1 Find a Grave: 6870315 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Foi o primeiro, aínda que ilexítimo, fillo do xefe zulú Senzangakona e Nandi, filla do anterior xefe dos langeni. Desposuído polo seu pai, pasou seis anos no kraal do pai. Despois de que se lles permitise matar unha ovella, el e a súa nai volveron cos langeni e ao non seren benvidos foron en 1802 co seu tío ao clan emDletsheni dirixido directamente polo poderoso e o ancián rei Jobe de Mthethwa, do que tamén dependían os zulús, ao que sucedeu o seu fillo Dingiswayo, e foi xa no seu reinado cando se incorporou ao rexemento iziCwe aos 23 anos. Serviu como guerreiro durante seis anos, distinguíndose pola súa coraxe e chegando a xeneral. Exiliado por unha tentativa fracasada de suplantar a seu pai, volveu con novas ideas sobre a organización militar, en particular o rexemento (impi) e a cadea de mando.
Á morte de Senzangakona, Digiswayo axudou a Shaka a derrotar o seu irmán e asumir o liderado en 1816. Shaka instituíu un sistema militar semellante ao de Dingiswayo. Substituíu a azagaia longa (asegai) por outra máis curta cunha folla máis larga (iklwa) e introduciu un escudo, máis curto, feito de pel de vaca, suprimiu as sandalias e instaurou unha férrea disciplina e un cambio nas tácticas militares, dividiu os rexementos (impi) en catro grupos que durante a batalla formaban o contorno dunha cabeza de boi, o primeiro grupo enfrontábase directamente co inimigo, os grupos segundo e terceiro rodeábao nun movemento circular, o que evitaba a fuxida do exército inimigo, e o cuarto formaba a reserva. Todos os rexementos tiñan ao seu servizo un grupo de aprovisionamento formado por rapaces que aínda non estaban en idade militar.
Ao primeiro atacou pequenas bandas e clans, con fáciles vitorias, dando aos superviventes a posibilidade de se unir ás súas forzas, co que se convertían en zulús e tamén atacou os langenis, dos que non esquecía o trato que lle deran na infancia.
En 1817 traizoou a Digiswayo ao se aliar con Zwide, rei do clan Ndwandwe. Logo da vitoria de Zwide, Shaka enfrontouse con el, venceu na batalla de Gqokli Hill, a pesar de estar en inferioridade numérica. En 1820 na batalla do río Mhlatuze atacou a Zwide mentres cruzaba o río, vencéndoo e dirixíndose á capital dos Ndwandwe, matando a Zwide e provocando a fuga de moitos Ndwandwe cara ao norte. Sen ningunha forza que se lle puidese enfrontar Shaka seguiu conquistando novos territorios nunha política de terra queimada, destruíndo centos de aldeas e asasinando aos seus habitantes, o que provocou o desprazamento de milleiros de refuxiados e que rexións enteiras quedasen desertas, no que se coñece como o Mfecane
Dingane, o seu medio irmán, matouno logo da morte da súa nai, que levou a Shaka a matanzas entre o seu propio pobo.