Zilola Bahodirovna Musayeva, nada en Fergana o 28 de xullo de 1979 e máis coñecida polo nome artístico de Shahzoda, é unha cantante a actriz[1] uzbeka.

Modelo:BiografíaShahzoda

(2012) Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(uz) Zilola Bohodir qizi Musayeva Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento28 de xullo de 1979 Editar o valor en Wikidata (45 anos)
Fergana, Uzbekistán (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altura1.700 mm Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióncantante, actriz, actriz de cinema Editar o valor en Wikidata
Período de tempoSéculo XXI Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1998 Editar o valor en Wikidata -
Xénero artísticoMúsica pop e folk-pop Editar o valor en Wikidata
InstrumentoVoz Editar o valor en Wikidata

Páxina webshakhzoda.ru Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm5260348 Facebook: Shaxzoda Twitter: shaxzoda Instagram: shahzodasinger VK: shahzoda_ru Youtube: UCihEgsbnfPLE9yMNiJFyC7A Spotify: 2kWD0SD7BESkolAYHhF80J iTunes: 490410773 Last fm: Шахзода Musicbrainz: 002baeb2-0d8a-460b-bd2e-b6a61edad0e0 Discogs: 3827984 Allmusic: mn0003212095 Deezer: 4930113 Genius: Shahzoda Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar
 
Shahzoda durante un concerto en Bichkek en 2019

Ao pouco de nacer, en 1980, por mor do traballo de seu pai, o sociólogo e filósofo Bahodir Musayev[2] a familia aveciñouse en Moscova e Shahzoda viviu alí ata que en 1987 se estableceu en Tashkent. No instituto coñecera a Aziza Halilova coa que formou tras pasar un par de anos nunha universidade de Kíiv a banda de pop Jonim, que se fixo famosa coa canción "Qarama ko'zlarimga" en 1999. O ano seguinte a banda desfíxose, e as dúas compoñentes, Aziza e Shahzoda, comezaron carreiras en solitario, e así xa como Shahzoda publicou en 2002 o seu primeiro sinxelo "Bor ekan" que se converteu nun éxito en Uzbekistán e que a animou a publicar un álbum, co título homónimo ao do sinxelo.

O seu segundo álbum Baxt bo'ladi apareceu en 2003 e foi tamén un éxito. O terceiro, Keragimsan, saíu en 2004 e como os anteriores foi un éxito de vendas. Tamén foron éxitos en radio e televisión os sinxelos "Baxtliman", "Sevgi" e "Tamannozi". Realizou un dueto, "Qayt", co rapeiro Shohruh, que recibiu opinións positivas da crítica. O seu sinxelo "Hayot ayt" formou parte da banda sonora do filme Fotima va Zuhra que protagonizou a propia Shahzoda. O cuarto álbum Baxtliman saíu en 2005

Ademais de en uzbeco, tamén cantou temas en taxico como "Manu tanho" e "Naghz mebinam" que tiveron boa acollida en Taxiquistán. Tamén gozaron de certa fama en Rusia os seus sinxelos en ruso "1000 i Odna Noch" e "Mezhdu Nebom i Zemley", en colaboración co Dj Smash e que chegou en 2009 á oitava posición das listas da Muz-TV[3] e a partir de 2012 principiou a lanzar cancións en inglés, como "Afghana", "All Alone feat Akcent" e "Flying Tonight". Para alén tamén gravou cancións en persa e casaco. As súas cancións son no estilo pop occidental con algúns elementos da música tradicional uzbeka[4] e é popular na antigas repúblicas soviéticas de Asia central[5].

Como actriz Shahzoda interpretou papeis destacados en varios filmes uzbekos. Protagonizou en 2006 Fotima va Zuhra, con boa recadación no país e tamén realizou papeis principais en Zumrad va Qimmat en 2007 e en O Maryam, Maryam en 2012.

Álbums

editar
Ano Título
2002 Bor ekan
2004 Baxt boʻladi
2004 Keragimsan
2005 Baxtliman
2007 Assalomu alaykum
2009 Sevgi bor
2009 Unutmadim
2009 Между небом и землёй
2010 Tilayman
2011 Qora koʻzlaring
2012 All Alone
2013 Bu Muhabbat
2014 Sen Menga Kerak
2015 Rahmat Hayot
2017 Xasta
2018 Bir Muhabbat Qissasi
2019 Chunki bu Biz