Sampling
O sampling na música é o acto de tomar unha porción dunha gravación de son, co fin de volvelo usar coma un instrumento ou unha gravación de son nunha canción ou peza diferente. Dun xeito máis xeral, defínese como o proceso de mostraxe dun sinal de son. Polo tanto, esta técnica axuda o produtor actual a compoñer ideas que máis tarde poderá usar.
As mostras ou samples consisten nunha parte dunha canción, coma un descanso do ritmo, que logo se utiliza para construír o ritmo doutra canción. Por outra parte, a mostraxe non significa necesariamente o uso de gravacións preexistentes. Un número de compositores e músicos construíron pezas ou cancións a partir de gravacións que fixeron eles mesmos. Por exemplo, a banda Portishead pertencente ao xénero Trip Hop fixo uso dalgunhas mostras xa existentes manipuladas e sampleadas a través de pezas musicais que eles mesmos tocaban co fin de construír as súas cancións.
Historia
editarO sampling foi desenvolvido orixinalmente polos músicos experimentais que traballaban cunha música concreta e que manipulaban os discos de vinilo nun tocadiscos ou cintas mediante bucles. A finais do ano 1960 o uso da mostraxe ou do bucle de cinta influíu no desenvolvemento da música minimalista e a produción do rock psicodélico e o jazz fusión.
Non obstante, a música hip hop foi o primeiro xénero da música popular baseada na arte do sampling, podendo ter a súa orixe exactamente no ano 1970 cando os DJ's experimentaban coa manipulación dos vinilos en dous pratos e un mesturador de son.
O uso da mostraxe da música popular expandiuse polo mundo a través da música electrónica e a música disco a mediados dos anos setenta ata principios dos anos oitenta co desenvolvemento da música electrónica de baile (EDM) e a influencia en todo o mundo do hip hop, especialmente nos xéneros que van dende o R&B ata o Indie Rock.
Por aquel entón, resultaba moito máis barato ter un reprodutor de vinilo que un estudo de gravación e xa existían moitas familias que contaban cun tocadiscos no fogar, polo que os nenos comezaron a xogar con eles e a experimentar con algúns discos que encontraban pola casa. Déronse conta de que collendo unha base instrumental (bombo e caixa) e xirando o disco creaban algo distinto ao que tiñan (sampling creativo) e iso que creaban era música "sampleada", nacendo así a idea do sampling.
Outros datos
editarO sampling é agora máis utilizado e úsase un disparador de "samples" ou sampler (hardware) para facilitar ese traballo pero, hoxe en día, úsase máis comunmente en programas informáticos. Por outro lado, tamén se pode usar software de emulación do vinilo e continúanse utilizando así os métodos tradicionais. A inclusión de ferramentas de mostraxe nos métodos de produción dixital moderna, introduciu cada vez máis mostraxes en cada vez moitos máis xéneros da música popular.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Who Sampled Discover direct connections among over 793,000 songs and 256,000 artists
- Mouse-Audio-Synthesis- The history of electronic musical instruments from 1800 to 2019
- How To Clear Samples DiyMusicBiz.Com - Teaching music producers the ins and outs of music licensing & music business
- Sample Swap Over 19,000 free sounds including 2,803 techno, hiphop, rap, trance, and drum and bass drum beats and loops.